Situación
![]() |
|
O concello de Chandrexa de Queixa atópase situado
no cuadrante suroriental de Galicia, no centro do Macizo Central Ourensano.
Forma parte da comarca Terras de Trives. Limita cos concellos de San
Xoán de Río, Pobra de Trives, Manzaneda, Vilariño
de Conso, Laza, Montederramo e Castro Caldelas. É un dos concellos
de maior extensión da provincia, 172,75 km2.
Xeográficamente está situado este término municipal nas marxes do río Navea. Forma no seu conxunto un gran val, pechado polo sur, pola Serra de Queixa, que da o seu nome a este concello; polo oeste, pola Serra de San Mamede; e polo norte, pola Serra do Burgo. Tanto desde a Serra de Queixa como desde a Serra do Burgo parten ó río Navea numerosas estribacións, paralelas unhas, perpendiculares outras, creando un entramado de pequenos vales cos seus correspondentes regatos. O río Navea foi alterado poola man do home creando un encoro que recibe o nome deste concello, e no que se atopa unha central hidroeléctrica. En todo este laberinto xeográfico aséntanse 35 núcleos de pobocación, situados todos eles entre os 1.000 e os 1.200 metros de altitude. Estes núcleos de poboación están escasamente poboados; a poboación deste concello non chega ós 1.000 habitantes. |
![]() |
|
Pola súa situación e especial orografía
pode considerarse como de montaña, a menos de 6 km atópase
Cabeza de Manzaneda, única estación de montaña
en Galicia, con 1.782 metros de altitude.
Climáticamente encuádrase dentro da unidade mediterráneo-marítimo-fresco caracterizado por unha temeratura media anual baixa, nunca superior ós 10º C, que oscila considerablemente (25º C), o que supón invernos moi fríos e veráns calurosos. As precipitacións non pasan de 1.100 mm por ano sufrindo unha moderada sequía durante o verán. O chan que atopamos en Cabeza de Manzaneda, cumio da Serra de Queixa, é granítico, pero según avanzamos ó oeste comeza a ser de tipo pizarroso, facendo cambiar paulatinamente a paisaxe. Van desaparecendo as redondeadas montañas graníticas, que otranscurso do tempo foi moldeando, e pasamos a contemplar os "fiais" de pizarra que os glaciares foron deixando como testemuña do seu evidente poder. Todo este subsolo, esta recuberto dunha pequena capa de terra fértil na que medra unha exuberante vexetación. Chama a atención do visitante a suavidade e redondez dos cumios da Serra de Queixa, na que pace nos meses de verán o gando vacún e case durante todo o ano os rebaños de ovellas e cabras. |