Cada día máis           NUNCA MÁIS !!                       NUNCA MÁIS !!                           

Actualizado:
07/01/03
 

Plataforma Nunca Máis

 Negra sombra
que me asombras

 

A Cracia do Demo

nunca choveu
que non escampara

A Canle
Pequena historia e normas de funcionamento.
Usuários
Algúns d@s habituais da canle e as súas páxinas persoais.
Mexam por nos
Panorama político galego.
Ligaçons
Umha chea de enlaçes para saber máis da nosa terra.
Versión n'astur
O responsavel desta página é o lhikar ;)
Curso português
Pequeno curso que iremos ampliando aos poucos.

As nosas visitas dende agosto do 2000

Counter

Seguro que eran irmandinh@s

 

Mércores 13 de novembro,
O petroleiro Prestige, tem umha vía de auga a 28 millas do Cabo Fisterra e navega á deriva ... comeza o "circo"


Liberdade de expre...que?

O Col.legi de Periodistes de Catalunya denuncia "as intolerables presións exercidas sobre os xornalistas galegos á hora de informar sobre o "Prestige". 

A Asemblea Xeral do Col.legi de Periodistes de Catalunya (CPC), celebrada en Barcelona o pasado 19 de decembro, ratificou plenamente a nota feita pública días atrás pola Xunta de Goberno da entidade, e fixo súa a nota dada a coñecer pola CPXG condenando enérxicamente a carga policial contra as persoas que se manifestaban diante da Torre de Control de Tráfico Marítimo de Fisterra, na Coruña, onde reultaron feridos alomenos dous xornalistas mentras exercían a súa labor profesional de informar á cidadanía.

Ver a noticia en catalán na sección NOTICIES do web do CPC


O Movimento polos Direitos Civís tamén enviou unha queixa ao "Defensor del Pueblo" pola desinformación e censura institucional relacionada co petroleiro Prestige. Nun documentado escrito denuncian "as contradiccións nos dados oficiais, que procuraban minguar a importancia dos acontecementos a pesar de evidencias do contrario, ata á prohibición aos medios de comunicación de informar da realidade dos feitos". O Movimento polos Direitos Civís solicita que se inste ás autoridades a respetar a lexislación en materia de liberdade de expresión e de recibir e comunicar información veraz por calquera medio de comunicación sen inxerencias de autoridades públicas nin consideración de fronteiras. Poden descargar aquí o documento completo.

Noticia recolhida en http://www.vieiros.com


O Movimento polos Direitos Civis presentou o 16 de decembro, na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, a apertura dumha investigación dos seguintes feitos denunciados polos medios de comunicación:

- Presión da dirección do CRTVG e da TVE-Galicia para que as crónicas que se emitisen minimizaran os efectos do accidente do Prestige;
- Restriccións para sobrevoar o espacio aéreo da zona afectada;
- Prohibición, da Delegación do Goberno, para que as Capitanías Marítimas facilitasen información aos medios;
- Prohibición, da Capitanía de Vilagarcía, de que 3 xornalistas puidesen subir a bordo dun pesqueiro para facer fotos a Sálvora;
- Prohibición, aos técnicos de Pesca e de Medio Ambiente, a facer declaracións;
- Peche do Porto de Aguiño ao medios de comunicación;
- Prohibición, aos voluntarios do Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros, de comunicar cifras de exemplares mortos a causa da contaminación do Prestige;
- Imposición dunha cláusula de confidencialidade, ao organismo Ifreme, cando se alugou o batiscafo Nautile;
- Intento de prohibir a unha colaboradora da responsable da Comisión de Medio Ambiente da UE que viaxase cunha cámara de televisión;
- Cortes de conexións en directo cando se daban situacións que evidenciaban o malestar da poboación galega.

Xunto á petición preséntanse, entre outros, un artigo remitido e asinado polo Director adxunto de “La Voz de Galicia”, unha crónica remitida e asinada polo subdirector de Informativos de Telecinco, un comunicado do Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza e escritos emitidos polo Comité do CRTVG.

Noticia recolhida en http://www.vieiros.com/noticia.asp?Ed=49&N=26291


O Comité Interempresas da CRTVG pediu o 11 de decembro a demisión da dirección do ente autonómico, por mor do "tratamento informativo da catástrofe do Prestige, pero exercida de forma permanente nos últimos anos (vacas tolas, incendios...)", entre outras cousas tamén dixeron:

- "catástrofes como estas son as que evidencian a necesidade social de contar cuns medios libres e veraces que exerzan como servicio público e non como meras correas de transmisión do Goberno"
- "boa parte do cadro de persoal fixo é apartado das noticias polémicas que son sistematicamente encargadas a persoal contratado en precario e polo tanto máis susceptible de ser presionado".

Noticia recolhida en http://www.vieiros.com/noticia.asp?Ed=3&N=26211


O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, corporación de Dereito Público que agrupa a 1.083 profesionais da comunicación denuncia a censura informativa decretada polas autoridades.

... Evitar que os xornalistas poidan contrastar diferentes versións sobre estes feitos e a negativa a suministrar dados que os profesionais se ven na obriga de recabar de entidades que dependen dos gobernos francés e portugués. Unha mostra desta irracional estratexia da ocultación impulsada polo Goberno tivo lugar o pasado mércores co peche ós xornalistas do porto de Aguiño (Ribeira), nunha decisión que constitúe unha flagrante violación do dereito á información protexido polo artigo 20.1 da Constitución Española...

... Non considera casual que estes feitos, teñan coincidido no tempo con denuncias de persecución de xornalistas concretos suxeridas dende instancias da Xunta de Galicia, da que dependen importantes partidas presupostarias de libre disposición coas que, desgraciadamente, é posible condicionar as contas de resultados, e os comportamentos informativos de xornais, axencias de noticias e emisoras de radio e televisión, de titularidade pública e privada ...

A noticia enteira: http://www.vieiros.com/noticia.asp?Ed=1&N=26092


A Xunta de Persoal dos servizos centrais da Xunta de Galicia, esixiu a demisión dos seus altos cargos ante "o alto grao de incompetencia", tamén criticaron a "caótica organización" da xestión dos voluntarios e a "manipulación informativa e a ocultación de datos"

 Mais en: http://www.vieiros.com/noticia.asp?Ed=3&N=26232


Os científicos do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) fan um manifiesto do que recolhemos parte:

... cremos que é preciso denunciar públicamente:

- A actuación do goberno central sobre do barco nos días seguintes ao 13 de novembro ... De entre tódolos cenarios posíbeis optouse claramente polo pior.
- A política de contaminación informativa e desinformación practicada polos gobernos central e autonómico acerca deste asunto. Tanto a Xunta de Galicia coma o Goberno Central conseguiron desatar, coa axuda inestimábel de meios de comunicación afíns, entre os que cabe salientar TVE, Antena 3 e TVG, unha verdadeira maré negra informativa, abondante en dados disparatados, silencios culpábeis e mentiras disfrazadas de medias verdades ...
- A este respeito é preciso deixar claro –xa dunha vez por todas– que por moito que a máquina executiva teime en decretar melloras a meses vista, os efeitos dun verquido desta natureza sobre do ecosistema, e polo tanto sobre da actividade social e económica derivada del, han persistir moitos anos. Aínda que a mancha negra desapareza, os seus constituíntes tóxicos remanecerán afectando a vida no mar ...
- O segredismo do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, y en concreto do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) durante a crise. É incomprensíbel que o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, do que dependen entre outros o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o Instituto Español de Oceanografía, non emitiran nen un informe da situación ...
- A falta absoluta de coordenación entre as distintas administracións do estado ... Aquéla máis ben semella premeditadamente administrada, minimizando o tamaño do verquido, o seu impacto na costa ou opoñendo serios obstáculos á declaración de Galicia como zona catastrófica.
- Temos o convencemento de que a situación que estamos a padecer en modo ningún sería a asumida se a catástrofe ocorrese noutras partes do Estado Español ...

Todas estas razóns lévannos a ... E a esixir a dimisión en pleno dos representantes políticos actuais dos nosos gobernos autonómico e central, así como da nosa institución, o Consello Superior de Investigacións Científicas.

Enteiro en: http://www.vieiros.com/noticia.asp?Ed=1&N=26230


ESCULCA, Observatorio para a defensa dos direitos e as liberdades, convoca, todos os domingos no Obradoiro (ás 13:00 horas) umhas concentracións silenciosas para pedirem  limpeza democrática.
Copiámos parte do comunicado que fixeram:

"Nos vintecatro dias transcorridos desde o dramático 13 de novembro non vimos, nos governos galego e español, descoordenación, nugalla ou incompeténcia. Só percebemos, de maneira indubidábel, desinterese, mentira, desprezo e burla colectiva -burla negra- ao conxunto dun pobo.... Só declaracións ocas que, poucas horas máis tarde, a realidade ia derrubando. Só falsidades que unha revista científica da sona de Science escaladrou. Só censura, expulsión de xornalistas e mordaza sobre a ciéncia. Por hixiene social e decoro democrático, porque o engano atinxiu níveis insuportábeis, porque, Fraga Iribarne, Aznar, Rajoy, Del Álamo, Matas, Xosé Cuíña, Cascos, De Mesa ou López Veiga e outros membros do Partido Popular decidiron non exercer as responsabilidades de governo que se lles entregou, deberán abandonar os postos cos que se benefícian e que só empregan para a divulgación da calúnia.

Na certeza de que o problema é de todo o País, ... desexamos ficar na loita democrática até os responsábeis pagaren todas e cada unha das responsabilidades contraídas.
Galiza, 10/12/2002

Enteiro em: http://www.vieiros.com/noticia.asp?Ed=1&N=26063


3 de Decembro do 2002, despois de impedir días atrás sobrevoar a costa galega, a Capitanía de Vilagarcía impediu a tres periodistas (dos de eles da Voz de Galicia), subir a bordo dun pesqueiro que participaba na recolhida de fuel para fotografar a mancha de fuel da Ilha de Sálvora.

Nova recolhida na web da Casa Encantada 



E cubríronse de ghloria ...

YA HA PASADO EL PELIGRO MÁS GRAVE"
Manuel Fraga, Presidente da Xunta, 15-Novembro-02

"Afortunadamenta la rápida intervención de las autoridades españolas alejando el barco de las costas ha permitido que no temamos una catástrofe ecológica ni grandes problemas para los recursos pesqueros" Miguel A. Arias Cañete, Ministro de la pesca, 16-Novembro-02

"No se puede hablar de marea negra; son manchas negras y dispersas" López Sors. Director General de la Marina Mercante. 17-Novembro-02

"Todo el fuel derramado que tenía que llegar a la costa gallega ya ha llegado"
Enrique L. Veiga, Conselleiro de Pesca, 17-Novembro-02

"La Xunta va a dar a las 4.000 familias afectadas el turrón y si luego puede venir el mazapán por parte del gobierno central y de la UE, mejor"
Enrique L. Veiga, Conselleiro de Pesca, 17-Novembro-02

"El buque está probablemente, al fondo"
Arsenio Fdez. de Mesa, Delegado do Goberno en Galiza, 19-Novembro-02

"El destino del fuel en el fondo del mar es convertirse en adoquín"
Arsenio Fdez. de Mesa, Delegado do Goberno en Galiza, 19-Novembro-02

"La última mancha de fuel parece que se va a acercar a la misma zona en la que estamos ahora, pero lo único que se puede decir es que hoy subirá hacia arriba"
Carlos del Álamo, Conselleiro de Medioambiente, 21-Novembro-02

"ESTOY DONDE TENGO QUE ESTAR.
DIOS Y SANTIAGO NOS VAN A AYUDAR"
Manuel Fraga, Presidente da Xunta, 22-Novembro-02

"Nuestra información ha sido precisa, exhaustiva y sobre parámetros totalmente medibles".
Fco. Álvarez Cascos, Ministro de Fomento, 23-Novembro-02

"Nadie puede saber lo que pasa a 3.500m de profundidad, donde están ahora los tanques"
Arsenio Fdez. de Mesa, Delegado do Goberno en Galiza, 23-Novembro-02

"A una profundidad de 3.500m y a 2º de temperatura, el fuel estaría en un estado sólido, por lo que, en principio, el combustible no se verterá"
Mariano Rajoy, Vicepresidente de España, 24-Novembro-02

"SINO HUBIÉRAMOS ALEJADO EL BUQUE MAR ADENTRO, LA MANCHA YA ESTARÍA EN LA COSTA"
Enrique L. Veiga, Conselleiro de Pesca, 26-Novembro-02

“El vertido afecta a una extensión muy importante, pero no es una marea negra “.
Arias Cañete. Ministro de Agricultura y Pesca. 26 de Noviembre

"TODOS TENEMOS QUE AYUDAR MÁS Y HACER MENOS FOTOS DEMAGÓGICAS.
Juan Carlos de Borbon, Rey de España, 2-Decembro-02

"SALEN CUATRO PEQUEÑOS HILITOS..."
Mariano Rajoy, Vicepresidente de España, 5-Decembro-02

"Una primera impresión de la situación allí, después de haber sobrevolado la zona, es bastante positiva, ya que puedo decir que no hay playas manchadas de chapapote. Esto dice mucho del buen trabajo que se ha esto haciendo hasta ahora y empieza a crear una esperanza para el futuro; las playas estaban limpias y esplendorosas, la visión era magnífica... A Galicia le quedan algunas semanas de limpieza en algunas zonas, pero en las rías no ha entrado el chapapote. El marisco está allí extraordinario. No es el Apocalipsis que se nos ha descrito durante estos días... Para ver los Informativos Telecinco hay que ser masoquista."
Federico Trillo. Ministro de Defensa. 24-Decembro-02



NIN PERDOAMOS NIN OLVIDAMOS

 

Falan de nos:

El inconformista digital

Represión PoPular

3-12-02 - Santiago
Carga policial

12-12-02 - Santiago
Agresión a un mozo

14-12-02 - Corunha
(visita de Aznar)
Carga policial
17-12-02 - Vigo
(visita do Príncipe)
Carga policial
18-12-02 - Corunha
(visita de Rajoy)
Carga policial
19-12-02 - Santiago
3 mozos detidos
23 -12-02 - Silleda
(Visita de Cascos)
Carga policial

Aviso: a normativa é um pouco "made in feita na casa" pretende ser un reflexo da multitude de normativas que se empregan na canle se queredes mudar algo, enviade um mail cos cambios que queirades meter.

e-milinho

 
seguimos trabalhando
Seguimos a trabalhar
A resolución óptima é a 800x600
Hosted by www.Geocities.ws

1