Actualizado:
30-Novembro-01
 
    Bem-vind@s á #Galiza - a canle galega do IRC
Usuários

Algúns d@s habituais da canle e as súas páxinas persoais.

Ligaçons

Umha chea de enlaçes para saber máis da nosa terra.

Versión n'astur
A ver cando actualiza o lhikar ;)
Curso português
Em obras 
 

PEQUENA HISTORIA DA CANLE
A canle #galiza rexistrouse no IRC-hispano aló polo ano 1996 ou comezos do 1997, sendo o seu
primeiro administrador Xis; daquela os usuarios habituais na canle eran poucos (Xis, Foucelhas,
Ith, dubidu, Irmandade, trasno, egpgc, xiada, Bufo, pupin, e algúm outro máis que se me esquece).
Pouco a pouco foi vindo máis gente e o número de rexistrados sube día a día.
A finais de agosto de 1999, sufrimos o desrexistro da canle pero gracias á accion conxunta de
tod@s recuperámo-lo rexistro.

COMO ACCEDER AO CANAL?
Todo o mundo que queira participar nas nossas conversas desde o respeito pode acceder ao canal, para entrar nel tes que instalar um programa de irc e desde ele conectar por um servidor do ibernet (irc.redestb.es, etc.) e teclar /join #galiza.

QUAL É A LINGUA DA CANLE?
Por coerência coa filosofia do canal o idioma oficial é o galego nas suas distintas variantes normativas. A pesar disto e por causa das distintas nacionalidades dos usuári@s, poderás atopar muitos idiomas.

QUE É UMHA CANLE REGISTRADA?
A canle #galiza está controlada por um bot (algo assim como um robot conectado à rede). Para manejar ao bot tes que estar registrado no canal, e os registros só se lhe outorgam à gente de confiança para o melhor funcionamento do mesmo. Esto é, na súa essencia, umha canle rexistrada.

NORMAS PARA OS REGISTROS
Normas aprobadas o 26 de Maio do 2001, sendo 500 Heracles.

Existem catro niveis básicos de registrados: 200, 300, 400 e 499. Os privilexios por niveis som:

200 - Con autoop e poder desbanearse.
300 - Con autoop, poder desbanearse e con acceso a memo.
400 - Con autoop, poder desbanearse, acceso a memo, akick e poden registrar.
499 - Co mesmo "poder" que o administrador de turno.

Para registrarte por primeira vez: abriria-se umha puxa (poll) no foro (em egroups) à q só teria acesso a gente registrada da canle, nessa puxa pediria-se o registro d@ interesad@, permanezendo aberta durante um máximo de 10 dias, nos quaes @s registrados dariam o seu voto a favor, em contra ou astençom. 
Para obter o registro, @ interesad@ devera ter 10 votos (minimos) positivos, mas por cada um voto negativo restaria-se um positivo, de maneira q se umha pessoa tem 9 votos positivos e 1 negativo, nezesitaria 2 positivos mais pra obter o registro.

Para subir de nivel si xa estás registrado, calquera persoa registrada na lista e com registro na canle pode proponher a alguem para a subida de nivel ou registro. A preguntasería: "registro de MENGHANO?" ou "subida de MENGHANO de xxx a XXX?", posibles respostas si e nom.
Se a persoa nom sabe lanzar a 'poll' esta, pois que pida axuda a outra persoa registrada. A persoa lanza o proceso se ela quere, nom tem obriga de lanzalo se alguem lho pide. 
Pode votar calquera persoa na lista, que estea registrada na canle com calquera nivel, e que nom sexa a persoa interesada.
Cumha semana polo medio, péchase e algumha persoa con level maior ou igual a 400 comproba se si ou se nom, e que os enderezos de correo que votarom correspondem a persoas registradas na canle. Da 48 horas de prazo minimo para calquera cousa e despois pasa a registrar ou subir de nivel.O de comprobar que o enderezo pertence a umha persoa registrada na canle pode ser a parte máis dificil para ponher isto em marcha. 
Se hai algumha irregularidade ou causa excepcional que se poida estar causada pola inexperiencia no sistema e essas cousas (por ejemplo, que moita gente vote á tola, que se lancem 4 votaçons ao dia, que haxa algum tipo de "fraude",...), entón o Conselho decide.  

Para ter nivel 400 ou superior, ademáis do explicado anteriormente é requisito imprescindivel estar registrado na lista de correio da canle.

A inclussom no nivel 499  require o acordo unánime de toda a gente com ese nivel (os que forman este ghrupinho son os chamados retranqueiramente Conselho de Anciáns).

Os desregistros e baixadas de nivel som casos especiais, polo que seram evaluados individualmente na lista de correo. Outros casos especiais que se poidam dar seguiram o mesmo caminho, calquera destes feitos require o aviso na lista de correo, senom nom teram validez e poderam ser desfeitos. No caso de subidas de nivel e registros requírese informar do nivel que tinha, do novo nivel ao que accede (*que sempre será o inmediatamente superior*) e a gente que o apoia, sendo responsabilidade da persoa que registra comprobar que efectivamente esas persoas apoiam á que quere ser registrada ou que se lhe suba o nivel. Para casos imprevistos consultar previamente na lista de correo.

É importante salientar que o registro é umha responsavilidade de manter em bo funcionamento o canal para o beneficio de tod@s, e que telo non da dereito a abusar del.

ADMINISTRACIÓN DA CANLE
A administración da canle é de carácter rotativo e se escolhe entre os 499.

MOI IMPORTANTE:
Se vos queredes rexistrar, tedes algumha dúbida ou mesmo algún problema relacionado coa canle, por favor lede esta páxina, se eiquí non atopades a solución aos vosos problemas mandade un mail á lista de correio da canle (abaixo tedes as instruccións de como entrar) e non "atosiguedes" ó administrador da canle, que está pra manter a orde dentro dela. 

Lista de correio


preme e vas para arriba

     

 

Hosted by www.Geocities.ws

1