Actualizado:
22-Marzo-02
 
    Bem-vind@s á #Galiza - a canle galega do IRC
 Canle
Pequena historia e normas de funcionamento.
Usuários

Algúns d@s habituais da canle e as súas páxinas persoais.

Ligaçons

Umha chea de enlaçes para saber máis da nosa terra.

Versión n'astur
A ver cando actualiza o lhikar ;)
Curso português
Pequeno curso que iremos ampliando aos poucos.
 
 

Mexan por nos ... e dicimos que chove:

a Galiza do Partido Popular


    

Fraga Iribarne, presidente de "Galicia"

Apresentouse con 79 anos... cando remate a lexislatura terá 83 anos.


Mexan por nos ... e dicimos que chove

"Tenemos que tener una estructura electoral ya montada para que no se pierda ni un voto. Hay que ir a buscar a la gente y tener el transporte preparado. Si no está montado ya, hay que montarlo en todos los municipios, parroquias y aldeas"
Manuel Abeledo
Presidente da Diputación de Pontevedra.

(Faro de Vigo, 30-9-01)

"O voto en Galicia está moi controlado e clientizado polo PP, que exerce control e mete medo nas mesas electorais"
Antón Louro
Responsavel da campaña electoral do PSdeG-PSOE

(Voz de Galicia, 18-10-01)

Misa en honor a Franco

O dirixente de Xóvenes Agricultores e alcalde do Partido Popular de Beade, voltou celebrar umha misa para recordar ao Dictador Francisco Franco o 20 de novembro.

(Voz de Galicia, 14-11-01)

Acarreo de votantes

Foron varias as denuncias en Lugo sobre o uso de coches particulares para o acarreo de votantes do PP. Así aconteceu en Sober  (o denunciado é tío da alcaldesa, Raquel Arias ), Guntín, Friol e na propia capital, Lugo. En Ourense, o alcalde de Leiro (Francisco Fernández) foi advertido pola Guardia Civil.

(Voz de Galicia, 22-10-01)

TVE releva ao realizador
 que ofreceu a tirada de ovos a Fraga

Segundo o comité de empresa da delegaçom territorial na Galiza de RTVE,  Julio de la Sierra (realizador do ente público espanhol, adicado a cubrir os actos de campanha do PP durante o periodo eleitoral) foi suspenso de emprego por permitir que se emitiram por Televissom Espanhola as imagens do acto de sabotagem que pessoas afins a Nós Unidade Popular realizarom durante o acto de início de campanha do Partido Popular.

(galizalivre.org, 19-10-01)

Ferrol del Caudillo,
 na Seguridade Social da Coruña

Na Tesoreria xeral da Seguridade Social da Coruña ainda seguen empregando nos seus escritos a forma ilegal Ferrol del Caudillo. A pegada de Franco neste topónimo ven de ser denunciada no Congreso dos Deputados polo nacionalista Francisco Rodríguez, ... Pergúntase como é posíbel que no ano 20001 a cidade teña que aturar un nome imposto por "autoridades estatais carentes de lexitimidade democrática".


(A Nosa Terra, 22-11-2001)

Unha emigrante acusa ao PP de Uruguai de fraude

Segundo publicou o xornal madrileño El País Mariluz Mallo, umha galega residente en Uruguai dende hai 40 anos acusou ó PP de levarlhe enganada as papeletas electorais do seu pai, xa morto, e da súa irmá, que vive no Ecuador. Umha persoa foi retirarlhe a documentación electoral pola casa e díxolle que actuaba en nome de Manuel Barros, responsable do PP en Uruguai. Con esas papeletas na man calquera podería votar, pois non é necesaria a acreditación nas oficinas de correos uruguaias.

(Vieiros, especial eleccións)

Concelho da Pontenova

O alcalde da Pontenova, o popular Enrique Fernandez, reconhece enviar cartas oficiais pedindo o voto. Reconheceu que o 10 de outubro lhes mandou unha carta co cabezalho oficial do concelho aos seus vecinhos na que pedía o voto para o PP e para o seu candidato Manuel Fraga. O alcalde tamén enviou umha listaxe coas obras que se fixeran durante o seu mandato. Enrique Fernández afirmou que a xente da aldea non é parva, que non estaba vendendo nada que non fixera, que se sente decepcionado polas denuncias e que esas prácticas lhe parecen 'normais'.

(Vieiros, especial eleccións)

Máis casos de PPína:

O portavoz do grupo municipal do PSOE no Concelho de Sanxenxo (José Aguín), asegurou onte que o Concelho semelha "a casa de acogida do PP: trabajo para todos" e que "o personal enchufado aumenta día a día".

(Voz de Galicia, 18-10-01)

Concelho de Outes

O BNG de Outes ven de denunciar ante a Xunta Electoral de Noia o uso de medios do Concelho de Outes para o envío de papeletas do PP e dumha carta na que o alcalde "pide expresamente o voto para ese partido". Os nacionalistas acusanno dun delito electoral.

(Voz de Galicia, 18-10-01)

Os mortos seguen a votar:

O PSOE ven de denunciar ante a Xunta Electoral a aparición en Arxentina de 30 casos de votos correspondentes a emigrantes galegos xa falecidos.
José Blanco (secretario de Organización do PSOE) asegura que pode probar que "están votando los muertos".

(Voz de Galicia, 18-10-01)

Concelho de Sada

O PSOE denunciou na Xunta Electoral que o Concelho de Sada usou os seus fondos para convocar un acto do PP. A concelheira de Turismo, Manuela Martínez Souto, remitiulhes umha carta a mulheres do PP para convidalas a un mitin ao que asistiron Fraga e Ana Botella. O PSdeG afirma que a carta foi remitida en papel oficial do concelho e que nela se pregaba a confirmación da viaxe no teléfono da propia Concelhería, polo que podería constituir "un delito de malversación de fondos públicos".

(Vieiros, especial eleccións)

O BNG denuncia a existencia de envíos de votos non certificados

O BNG denunciou que a Adminsitración do Estado tolera o voto dos residentes ausentes que non o emiten por correo certificado.
Para eles, esta práctica constitúe un delicto contra a inviolabilidade do voto, e indican que non existen impedimentos ao existiren convenios da Unión Postal Internacional que contemplan o envío certificado dende o estranxeiro. Os envíos certificados garanten o carácter libre, directo e secreto do sufraxio e evitan que se suplante un votante por outro. Por iso os interventores nacionalistas terán instruccións para que se impugnen os votos dos residentes ausentes que non cheguen en sobres certificados.

(Vieiros, especial eleccións)

O BNG denuncia á
TVE e á TVG por favorecerem ó PP


O BNG presentou dúas denuncias ante a Xunta Electoral de Galicia contra a TVG e TVE por favoreceren "descaradamente"ó PP na cobertura de eleccións e "por operaren como o aparato de propaganda do partido que aínda ocupa as institucións autonómicas".
Segundo denuncia o Bloque, nin a TVG nin a TVE cumpren os mínimos de respecto ao pluralismo político ao que veñen obrigados por lei.
En concreto TVE está a alterar os tempos que lle son atribuídos ás distintas formacións políticas que concorren a estes comicios, sen respectar a norma de proporcionalidade que vén determinada pola Lei electoral.

(Vieiros, especial eleccións)

O Concelho de Dodro impide a celebración dun mitin do BNG

O BNG de Santiago acusou ao Concelho de Dodro, A Corunha, de impedir a celebración dun acto electoral previsto numha escola do municipio. O obxeto do mitin era apresentarlhes aos vecinhos o programa do BNG. O Concelho de Dodro, responsavel da apertura dos inmobles concedidos pola Xunta Electoral, non se fixo cargo desa obriga e o mitin non poido celebrarse ao estar a porta fechada.

(Voz de Galicia, 19-10-01)

Apoloxía da violencia 

O presidente do PP en Lugo, José Luis Iravedra, animou, durante un mitin celebrado en Monforte, a entregar papeletas da candidatura do PP a quen non sepa ler ou a trasladar en coche a quen non se poda desprazar a votar, según o BNG pode constituir un acto de "apología del fraude electoral". Tamén acusa a Iravedra de "apoloxía da violencia", xa que lhes dixo aos seus militantes que "de bofetadas o literalmente le metan la cámara en la boca a la gente del Bloque que les saca fotos cuando están cometiendo el fraude.

(Voz de Galicia, 19-10-01)

Concelho de Outeiro de Rei

O BNG pediu á Xunta Electoral medidas contra o alcalde de 
 Outeiro de Rei  (Lugo)
 por pedir o voto para o PP co membrete do Concelho.

(www.el progreso.es, 19-10-01)

Máis sobre o alcalde de Outeiro de Rei:

O alcalde ameazou con non pagarlhe ás mulleres que realizan un cursinho de xardinería no Obradoiro de emprego do pobo, se non asistian ó "mitin" de Ana Botella en Compostela.


A GALIZA DO PARTIDO POPULAR:      preme e vas para arriba

Cargas policiais: reconto ano 2001            
Janeiro Fevereiro: 2 Março Abril: 1 Maio Junho: 2
Julho Agosto Setembro: 1 Outubro: 2 Novembro: 1 Dezembro: 5

14- Carga policial o 15 de decembro do 2001, en Santiago contra estudantes anti-LOU na rúa do Franco; 7 estudantes foron atendidos nos servizos de urxencias do Hospital Clínico de Santiago.

13- Carga policial o 15 de decembro do 2001, en Santiago contra estudantes anti-LOU nas rúas céntricas da cidade.

12- Carga policial o 15 de decembro do 2001, en Santiago contra estudantes anti-LOU na Alameda de Santiago.

11- Carga policial o 14 de decembro do 2001, en Santiago contra estudantes concentrados diante da comisaria para pedir a liberación dun estudante detido durante a carga no Rectorado.

10- Carga policial o 14 de decembro do 2001, en Santiago contra estudantes que permanecían encerrados no Rectorado da Universidade de Santiago en protesta contra a LOU.

9- Carga policial o 12 de novembro do 2001, en Santiago contra miles de estudantes que facían umha "cacerolada" no marco das protestas contra a LOU. Um estudante hospitalizado.

8- Carga policial o 11 de outubro do 2001, en Ferrol (A Corunha) contra a manifestaçom convocada por NÓS-Unidade Popular, em contra da simbologia fascista na Galiza.

7- Carga policial o 5 de outubro do 2001, en Santiago de Compostela. Contra uns mozos que lhe tiraron ovos a Fraga.

6-  Carga policial o 18 de septembro do 2001, no banco marisqueiro de A Barca (Mugardos)- Trinta marisqueiras feridas. 

5-Carga policial o 15 de junho do 2001, en Vigo. Contra piquetes informativos da Folga Xeral de 15 - Xunho - 2001.

4- Carga policial o 2 de junho do 2001, nas festas dos Praceres en Pontevedra. Contra os opositores á construcción dumha vía do tren polo medio da praza. - Dez feridos.

3- Carga policial o 26 de abril do 2001, en Praceres (Pontevedra). Contra os opositores á construcción dumha vía do tren polo medio da praza

2- Carga policial o 21 de febreiro do 2001, en Vigo (Pontevedra). Contra trabalhadores de Sintel.

1- Carga policial o 15 de febreiro do 2001, en Sanxenxo (Pontevedra). Contra trabalhadores de La Unión e estudantes. - Umha rapaza de COU rematou no hospital.

 


preme e vas para arriba

seguimos trabalhando
Seguimos a trabalhar
A resolución óptima é a 800x600

     

 

Hosted by www.Geocities.ws

1