Xeoloxía
Principal Arriba Bioloxía Ciencias da Terra e do medio ambiente Xeoloxía

 

Meteorización

Esta materia ofrécese como optativa.

Séguese o proxecto curricular de Baía Edicións desenvolvido no Texto Xeoloxía (2º Bacharelato).

OBXECTIVOS

O DCB establece os seguintes obxectivos xerais:

§        Comprender os principais conceptos, feitos, principios, teorías e modelos referentes ao noso planeta e empregalos para interpretar os diferentes fenómenos, valorando o papel que desempeñan no desenvolvemento da Xeoloxía.

§        Ulilizar as estratexias propias da investigación científica e os procedementos característicos da Xeoloxía para realizar pequenas investigacións e explorar situacións e fenómenos que lles sexan descoñecidos.

§        Resolver problemas que se suscitan na vida cotiá, seleccionanado e aplicando os coñecementos xeolóxicos.

§        Adquir as habilidades básicas propias da xeoloxía e utilizar instrumentos específicos da investigación xeolóxica no laboratorio e campo.

§        Comprender as interaccións da xeoloxía coa tecnoloxía e sociedade, valorando a necesidade de manter a calidade de vida e do medio ambiente.

§        Valorar a información procedente de diversas fontes para adquirir unha opinión propia que lles permita expresarse criticamente sobre os problemas xeolóxicos actuais.

§        Comprender que o desenvolvemento da Xeoloxía supón un proceso cambiante e dinámico, amosando unha actitude flexible e aberta fronte a diferentes opinións.

A xeoloxía debe aportar ao alumnado unha formación científica básica e actualizada, sen caer nunha especialización excesiva. O seu carácter interdisciplinar permite aos alumnos e alumnas apreciar as relacións entre fenómenos físicos, xeolóxicos, biolóxicos e químicos, e aos procedementos propios das ciencias experimentais engádesense os das ciencias históricas. A utilización de escalas espacio-temporais diferentes ás habituais, e o gran número de variables a considerar na análise dos fenómenos xeolóxicos, favorece o desenvolvemento do pensamento formal. Os sucesos xeolóxicos, únicos e irrepetibles, esixen para a súa interpretación a búsqueda de hipóteses particulares contribuíndo así á utilización de esquemas hipotético-decuctivos.

5.  AVALIACIÓN

Os criterios e instrumentos de avaliación que mellor atenden ás aprendizaxes básicas das capacidades expresadas nos obxectivos son:

§        Utilizar adecuadamente as fontes bibliográficas e comentar textos de carácter científico relacionados coas materias xeolóxicas tratadas.

Este criterio trata de avaliar se o alumnado é quen de buscar, contrastar e debater as principais teorías que xurdiron ao longo da historia da xeoloxía, se sabe analizar e discriminar a información que aparece nas publicacións científicas e se ten espíritu crítico ante calquera tipo de documento escrito relacionado coa xeoloxía.

§        Comprender as utilidades dos distintos métodos de datación xeocronolóxicos e aplicar os mesmos a problemas sinxelos.

Trátase de verificar se o alumnado comprende o concepto de tempo en xeoloxía e a forma de aplicalo á resolución de problemas de datacións; verase tamén se o alumnado aplica ben os métodos e usa o máis conveniente.

§        Interpretar a xeoloxía dunha rexión a través dun mapa de afloramentos.

Preténdese valorar se os alumnos e alumnas teñen adquirido unha visión e comprensión espacial da realidade xeolóxica, se entenden os conceptos contidos nun mapa, se son quen de interpretar sucesos basándose principalmente no "principio de superposición" e se entenderon a utilidade deste tipo de representacións.

§        Relacionar os distintos acontecementos xeolóxicos coas distintas manifestacións enerxéticas da Terra.

A finalidade deste criterio é coñecer ata que punto o alumnado é capaz de entender como os fenómenos xeolóxicos son consecuencia das transformacións da enerxía interna e externa da Terra. Tratarase de ver tamén se o alumnado adquiriu a idea do dinamismo terrestre e de que está vivindo nun planeta en continuo cambio, se ben estes cambios a escala xeolóxica son extremadamente lentos na súa meirande parte.


§        Comprender a configuración actual do planeta no marco da Tectónica de Placas.

Para un estudiante de xeoloxía xeral é importante obter unha visión global da dinámica do planeta no seu conxunto. O coñecemento da Tectónica de Placas facilita este labor. O profesorado avaliará a madurez no eido da Xeoloxía polo grao de comprensión desta teoría.

§        Coñecer as principais rochas minerais presentes no marco da xeoloxía galega.

Inténtase que o alumnado se achegue a un coñecemento básico dos materiais xeolóxicos que teña máis preto del. É importante avaliar tamén a interpretación que fai dos mesmos a través de preparacións en lámina delgada, e o grao de coñecemento "in situ" no caso que se fagan saídas ao campo. Un estudiante de xeoloxía xeral debe recoñecer como mínimo o tipo de rochas que existen no entorno onde se atopa.


§        Coñecer as unidades e estructura do oróxeno hercínico en Galicia, así como algúns lugares de interese xeolóxico da xeografía galega.

Este criterio pretende comprobar se o alumno ten unha idea clara sobre a formación e evolución da codia continental de Galicia.

§        Valorar a riqueza xeolóxica galega, dende o punto de vista social, económico, lúdico...

Con este criterio o profesorado detectará o grao de valoración da implicación que a xeoloxía ten coa técnica e a sociedade. Considerarase adecuado se os alumnos e alumnas establecen claras relacións entre os coñecementos de xeoloxía e o grao de explotación racional dos recuros, a búsqueda e avaliación de fontes de enerxía, o ordenamento do territorio, a prevención de catástrofes...

§        Utilizar adecuadamente os instrumentos e técnicas máis comúns usadas en xeoloxía.

A finalidade deste criterio radica en valorar o grao de destreza que o alumnado adquiriu ao longo do curso no manexo de aparatos, instrumental de laboratorio e campo, material de debuxo e outros.


A avaliación non debe quedar limitada a unha proba escrita onde se valoren os contidos meramente conceptuais, senón que o profesorado de xeoloxía debe contemplar unha serie de aspectos, como son:

§        A participación oral dos alumnos e alumnas.

§        A utilización adecuada dos recursos de que se dispoñan.

§        A actitude nas actividades de laboratorio e campo.

§        A disposición positiva á novas aprendizaxes.

§        O uso de vocabulario científico adecuado.

§        As destrezas científicas como a observación, experimentación, resolución de problemas...

§        A minuciosidade á hora de presentar traballos, mapas, bloques diagrama, esquemas...

§        A capacidade de síntese.

§        O grao de implicación ante os temas transversais que se traten.

 
Hosted by www.Geocities.ws

1