Historia:
!-->!-->!-->!-->!-->!-->!-->!-->!-->!-->!-->!-->
UNHA ILUSIÓN, UN SENTIMENTO
Talleres Villade
F.S. nace alá polo mes de Novembro do ano 2001 cando un grupo de amigos deciden
xuntarse e fundar un club de fútbol sala para participar por primeira vez na
Liga de Fútbol Sala Concello de Outes.
A labor de fundar un
club resultaba bastante difícil pero
gracias a implicación de tódolos membros do equipo e, sen lugar a dubidas, ó
gran esforzo e apoio mostrado dende o
comezo pola empresa Talleres
Villade, dándonos non solo
o seu apoio económico senón tamén o seu apoio dende a grada, resultaron
determinantes a hora de seguir adiante co noso proxecto.
Deportivamente
Villade botaba a andar o 17 de Novembro do ano 2001 e facía o seu debut en
primeira división no pavillón municipal da Serra de Outes. O primeiro gol da
historia do noso equipo sería marcado - como non podía ser doutra forma - por un
traballador e xogador de Villade,
Jano, quen tirándose o
chan, no que posteriormente se convertería no seu estilo de xogo, remataba un
balón que case tódolos xogadores daban por perdido pero que el consigue aloxar
no fondo das mallas da portería rival.
Villade remataría perdendo ese encontro pero pouco importaba xa, ese día
quedará gravado na retina de todos coma o nacemento dunha
ilusión.
Nesa primeira
tempada a Villade facíaselle eterno conseguir unha victoria pero o día menos
pensado, ante o rival menos esperado, diante de Pub
Acrópolis realizaba un
partido impecable e tendo que esperar co tempo cumprido a que o capitán –
adestrador de Acropólis, Ventura, fallara un dobre
penalti chegaba a tan ansiada primeira victoria. Foi tal a algarabía e a festa
que se mostraba no vestiario que unanimemente todo o cadro de xogadores decidiu
prolongar a festa e desprazarse o restaurante A
Barcala para que
María nos fixera un
churrasquiño e un mapa de onde se soia poñer tráfico a facer o control
de alcoholemia xa que outra vez unanimemente todo o cadro de xogadores decidira
prolongar un pouco mais a festa nos pubs de Santa
Comba. Foi nun deses pubs
de Santa Comba onde o apoderado de Villade pagou unas copas cun billete de 20 €
e amablemente o camareiro nos deu a volta dun billete de 50 €. Con eses cartos
extra que tiñamos cando viñamos de volta para a casa decidimos pararlle a
Salvador no lugar
da
Pereira pero esa xa e outra
historia.
Terminaba
deportivamente esa primeira tempada para Villade finalizando entre os últimos
postos da clasificación, pero conseguindo algunha que outra victoria mais e
facendo tamén a súa correspondente festa en A Barcala e en Santa
Comba.
Comezaba a segunda
tempada Villade somerxido no inferno da segunda división debido o aumento dos
equipos inscritos na liga que motivou a facer dúas categorías. Foi nesta
categoría onde o xogo do equipo empezaba a despuntar e onde novamente
Jano sería outra vez o
autor do primeiro gol de Villade en Segunda división. Chegado o último partido
da primeira volta da liga, onde os dous primeiros equipos ascendían
automaticamente a primeira división, Villade necesitaba unha victoria para
ascender novamente a categoría de ouro do fútbol sala pero nun fatídico partido
Villade empataba a catro goles tendo así que pospoñer o ascenso. Aínda co mal
sabor e o golpe anímico de non conseguir o ascenso Villade iniciaba a segunda
volta da liga en segunda pero aquela derrota na loita polo ascenso pasou factura
tanto anímica como deportivamente e impide que o final do
torneo o equipo volvese a loitar polo ascenso a máxima
categoría.
As cousas pintaban
mellor para o equipo na terceira tempada, a fichaxe do Juancho, procedente do
equipo campión de liga o ano anterior, dáballe a Villade un poderío físico e
unha seguridade en defensa nunca vistas antes dentro do mundo do fútbol sala. A
súa velocidade e o seu corpo de gladiador encaixaban a perfección co dos demais
membros do cadro, producíndose así unha rápida adaptación o equipo o que supuxo
que se dominase a táboa durante gran parte do campionato. O final uns pequenos
despistes motivaron que se tivese que xogar a promoción de ascenso, pero Villade
xa con moita mais experiencia nese tipo de partidos, consigue dunha vez
por
todas o merecido ascenso a primeira división. Non fai falta especificar que para
celebrar o tan ansiado ascenso se fixo a súa correspondente cea e saída os pubs
de Santa Comba.
Comeza Villade a
tempada 2004-2005 instalado na máxima categoría do fútbol sala, pelexando cos
mellores equipos da redonda e co obxectivo claro de evitalo descenso outra vez o
inferno da segunda división, con este motivo o corpo técnico toma a decisión de
fichar a Deivid un xogador de
ataque para tratar de mellorar o xogo ofensivo e aproveitar os ocos das defensas
rivais cun xogador habilidoso e o Pana un depredador en
defensa que o final non puido despuntar por culpa das continuas lesión que
sufriu o longo de toda a competición. Foi novamente unha tempada con mais
derrotas que victorias pero a descalificación dalgún equipo e as victorias
conseguidas nos enfrontamentos cos rivais directos aseguranrolle o disputar unha
das prazas de promoción contra Bar Fraos. Foi unha eliminatoria dramática, o
primeiro encontro foi igualadísimo como así o reflectiu o marcador final cun
catro a catro que deixaba a eliminatoria aberta de cara o segundo partido. Nese
segundo partido Villade impuxo a súa maior calidade e a súa experiencia
en situacións similares e impúxose catro a un a Bar Fraos mantendo finalmente a
categoría.
Chegamos así a
tempada actual, 2005-2006, na que Villade ten outra vez coma obxectivo seguir
mantendo a categoría e sen descartar logros maiores. Para tal situación
novamente o corpo técnico decide aproveitar a ficha deixada polo Pana para
fichar o defensa mais contundente do Barbanza, o Quiroja, un home forxado en
mil batallas e polo que a maioría dos clubs suspiraban. Chegamos de momento a
unha pausa na historia de Villade pero como reza o titulo deste documento esta é
a historia dunha ilusión dun sentimento.
CONTINUARÁ
...