O criterio xeral do departamento de Tecnoloxía na realización de ACI é tentar cumprir ó máximo os obxectivos do curso que se refiran a contidos procedementais e actitudinais, rebaixando os obxectivos relativos a contidos conceptuais, salvo naqueles casos en que as habilidades manipulativas dos alumnos se vexan diminuídas.


Para os alumnos que se observa certa dificultade na adquisición das capacidades que permitan estar en disposición de adquirir coñecementos máis avanzados, se presentarán actividades de reforzo no senso que comentamos a continuación:

· Actividades de análise e construcción de obxectos sinxelos. Se farán na casa dos alumnos para aqueles que non dominan con fluidez as fases do proceso tecnolóxico e/ou algunha das destrezas necesarias para a realización de actividades prácticas.
· Actividades de reforzo de contidos conceptuais. Realización de esquemas, resumos,... traballando cos contidos das unidades que non superan os alumnos. Tamén resolución de problemas sinxelos de lapis e papel.

 

· Para os alumnos cun atraso evidente na adquisición de capacidades necesarias para o desenvolvemento dos contidos que se vaian traballar a continuación, se desenvolverán actividades de análise, deseño e construcción máis sinxelas, que se farán apartándoos en determinadas sesións do traballo de grupo. Deste xeito estes alumnos poderán chegar a superar os obxectivos mínimos do ciclo ou curso.

En calquera deste casos se terá en conta nas probas escritas de cada avaliación un apartado para os alumnos que precisen superar contidos traballados en unidades anteriores.

Para os alumnos que non superaron a materia de tecnoloxía no curso anterior a actuación prevista será a seguinte:

Analizarase a evolución do alumno nas unidades didácticas que teñan continuidade no curso seguinte (debuxo, mecanismos, electricidade,...) e facilitaráselle o alumno unha atención especial e material de reforzo, se se estima necesario, e observarse se o alumno acadou os obxectivos do curso anterior mediante a observación do seu caderno de aula, exames,...

Hosted by www.Geocities.ws

1