O tratamento da atención á
diversidade se recolle na presente programación de diferentes
xeitos:
a) En relación con qué
ensinar: dentro dos contidos que se traballan en cada unidade é
posible distinguir entre aqueles que teñen un carácter
fundamental e os que teñen un carácter complementario.
Así, dentro dos contidos básicos poderían estar
aqueles que posúen un carácter máis funcional e
están, por tanto, en condicións de satisfacer a un meirande
número de alumnos. Pero tamén, e de forma especial, os
que contribúen en maior medida, o desenrolo de capacidades que
se consideran básicas, ou resultan imprescindibles para posteriores
aprendizaxes.
b) En relación con cómo ensinar: as adaptacións
de este tipo son as primeiras que se adoptan cando se executa na aula
o que se ten previsto na programación. Isto significa que antes
de renunciar a un determinado contido ou de ralentizar o ritmo para
a súa consecución en determinados alumnos, o profesor
soe actuar no terreo metodolóxico, diversificando as vías
de acceso ó mesmo, a través de estratexias, actividades
e materiais didácticos diferenciados. Así programaremos
actividades diferenciadas en función dos intereses e necesidades
do alumnado. Tamén será necesario programar actividades
complementarias, de ampliación, dirixidas a aqueles alumnos menos
necesitados de axuda, ou que resolven tarefas comúns con maior
rapidez e desexen proseguir a súa aprendizaxe de forma autónoma.
|
Tamén
programaremos actividades de reforzo para aqueles alumnos que as necesiten.
Destas actividades falaremos de forma máis extensa ó final
deste apartado.
Tamén teremos presente o manexo de recursos didácticos variados
e unha organización flexible do espacio e do tempo.
c) En relación ca avaliación: Se se distinguiu á
hora de programar entre os contidos básicos e complementarios,
tamén ten sentido que a avaliación recaia de forma prioritaria
sobre os contidos básicos ou fundamentais de cada unidade. Ó
emprego de distintos instrumentos para a avaliación e non só
a realización de probas escritas será outra das medidas
de atención a diversidade.
Para os casos de alumnos que precisen adaptación curricular en
Tecnoloxía se fará a adaptación curricular individualizada
tendo en conta os criterios de avaliación para o curso en cuestión
e as capacidades e aptitudes do alumno, sempre coa colaboración
do Departamento de Orientación e o titor do alumno. Nestes momentos
só temos un alumno no centro ó que se lle realizara unha
adaptación curricular individualizada para a materia de tecnoloxía,
que cómpre sexa revisada. Esperaremos á realización
dunha avaliación inicial para detectar outros alumnos ou alumnas
que podan necesitala.
|