ˇVOLVEN OS ROTATIVOS!

Para comezar quizáis sexa aconsellable dar unha breve explicación sobre o que é un motor rotativo ou de tipo Wankel e a súa historia.

Sempre foi aspiración dos técnicos conseguir un motor que non tivese pezas en movemento alternativo (pistóns, bielas, válvulas). Tódolos inventos de motores rotativos fracasaron ó realizalos, ata que en 1959 a fábrica alemana N.S.U. anunciou que o ideado polo doutor enxeñeiro Wankel chegara a un estado experimental que prometía unha aplicación práctica inmediata. Así, esta empresa construiu o primeiro automóbil con motor rotativo,o N.S.U RO 80, o cal marcou un hito no automobilismo. Estes motores consiguen un rendemento equiparable a un motor alternativo de tres veces máis cilindrada, fan moitísimo ruido, e consiguen réximes internos de ata 17000 r.p.m. !!!, ousexa unha auténtica marabilla. O que ocorre e que alcanzan unhas temperaturas altísimas, e os motores do modelo antes citado non duraba máis de 10000 Km, polo que tódolos exemplares vendidos foron devoltos por estar en garantía, e a empresa deu de quebra. Ainda tendo en conta o antecedente, Mazda arrisca forte e presenta o seu RX8, construido con base MX5, pero con motor rotativo. Descoñecemos as súas características técnicas, pero tentaremos informarnos para a súa publicación.

UN 10 PARA MAZDA, CON MARCAS COMA ESTA O AUTOMOBILISMO DE VERDADE CONSEGUIRÁ PERDURAR.

 

Hosted by www.Geocities.ws

1