AS VERDADES UNIVERSALES SOBRE O AUTOMOBILISMO

Todo o que quixeches saber e non preguntaches porque che daba vergonza.

-¿Qué tal anda un coche diesel en xeral e os Tdi en particular?

Para comezar, teríamos que discutir se se lle pode chamar coche a un automobil que teña un motor diesel. O combustible diesel é especialmente indicado para o seu uso en calefaccións, tretores e maquinaria industrial, pero a pesar diso, a algún desaprensivo ocorreuselle utilizalo en automobiles. Aparte de que non andan nada, teñen corte de inxección, e non suben de voltas un carallo, teñen un defecto casi aínda máis grave: !non fan ruido¡ En definitiva, nin se che ocurra facerte con un diesel.

 

-¿Cal é o coche máis "caldeiro" hoxe en día?

Hoxe en día non se fan coches caldeiros, senón que, todo o máis, fanse turismos con aspiracións semi-deportivas. ¿Cómo se lle pode chamar deportivo a un coche que inclue de serie abs, dirección asistida, control de tracción, e innumerables mamarrachadas para pilotos de pouca monta? Afortunadamente, sempre nos quedarán os coches de antes, verdadeiras máquinas de competición, que esixían un gran piloto (non conductor coma agora) para poder levalo polo mouro. Moitos diranche que coches coma o Audi S3 son unha auténtica pasada polo seu rendemento (1800 cc / 210 cv.), pero ninguén se lembra de auténticos mitos do asfalto como o Peugeot 205 T16 do ano 86 (1775 cc. /200 cv.) E algún dirache: "pero si eso non hai quen o leve". Non hai quen o leve, non hai quen o leve... !O QUE NON HAI É MANS! e o resto son caralladas.

 

-E entón, ¿Cales son os coches verdadeiramente caldeiros?

A resposta é moi sinxela. Para que un coche poida denominarse caldeiro debe cumprir algún dos seguintes requisitos:

-Ser de carburación

-Ter tracción traseira

-Levar o motor atrás

-Ser refrigerado por aire

-Pesar menos de 1000 Kg e ter máis de 100 cv.

-Facer moitísimo ruido (a poder ser con escape lateral)

-Non contar con mamarrachadas tipo abs, control de tracción...

-Ter tantos cabalos que lle saian ata polo cenicero.

-En caso de dúbida, aplicar as propiedades anteriores

Como podedes ver, cantas máis das anteriores características reuna un coche, pois mellor. Así pois, poderiamos falar de:

-Seat 124 (vai por ti, Jorge), en calqueira das súas variantes (124, 124 Sport, 1430), tan só poderiamos exceptuar o 124 con 1200 cc., algo falto de garra. Foto Foto racing Foto

-Mini Cooper (vai por ti, Juanx), que decir dun dos máis pequenos coches do mercado e con unha moi favorable relación peso/potencia. A destacar os modelos ingleses, aínda máis caldeiros que os de aquí. Foto

-Renault 5 GT Turbo (vai por ti pirilla), un dos últimos coches deportivos que se fabricou. Un auténtico mito de resposta salvaxe, conseguida gracias ó seu carburador monocorpo e o seu turbo radial(virgen santa!). Dentro desta familia podemos distinguir o Fase I (115 cv.), o Fase II (120cv.), e o seu irmán maior Turbo II (¡200 cv.!). Como opinión persoal da redacción de pistón bermello, o máis lúdico-festivo é o fase I, xa que resulta unha paradoxa chegar a unha curva, pisar embrague, baixar marcha, e pensar (mentres te agarras moi forte ó volante) e agora, ¿acelerará ou frenará? Foto Gt Turbo Foto Turbo2

-NSU RO 80, coche descoñecido entre os "entendidos de 16 valves de fin de semana". Estamos diante dun dos poucos coches que se comercializaron con motor rotativo; tendo unhas cifras escalofriantes: 1000 c.c (aínda non chega ben a eles) e 115!!! Cv un detrás do outro. Tamén tiña unha peculiaridade que o facía, se cabe, máis mítico: subía ata 17000 rpm!!! En definitiva, unha maravilla. Por certo, se vos contan por ahí que estes motores non duraban nada, que a marca esta desapareceu por culpa destes motores, dilles: Oh, sí, habían durar muito máis, a 17000 rpm! Inda valen máis 100 km cun NSU que 100000 nun 16 valves de merda. Dalle, dalle!!! Foto

-Alpine A110, un dos coches máis bonitos que se fixeron, gañador do primeiro raili San Froilán, e cunha relación peso/potencia escalofriante, 125 cv e 625 Kg. Foto racing

-Simca Rallye, un dos que máis características das anteriormente citadas reune. Hoxe en día é fácil velo correr no campeonato vasco de montaña, gañando, polo xeral, no apartado de históricos. Conta cunhas trompetas de admisión tirribles, e é un dos coches que máis ruido fai de serie do mundo mundial, debido ó seu emblemático e case mítico escape lateral. Foto

-BMW M6, tamén coñecido como 635 Csi M. Seguramente pensaredes ¿Qué fai aquí un coche de inxección?, a resposta atópase en que cando o coche alcance o corte de encendido e mires para o velocímetro, quizá nos entendas. Con 286 cabalos dos de antes, un detrás do outro, cunhas medidas de neumático 245/14!!! E sen controis de tracción nin mariconadas desas. Ben se merece un lugar entre os coches míticos. E non esquezas que a súa velocidade punta é superior á do M5 actual. Foto

 

A lista podería ser máis extensa, e seguro que algún auténtico coche de carreiras se nos queda no tinteiro (como o Renault 8 Ts), pero tranquilos, en próximos números iremos ampliando esta sección.

 

-¿É bon ou malo que un coche faga ruido?

Interesante pregunta. Como vos esperaredes, a resposta é obvia. Pero non vos pensedes que entendemos por ruido un escape remus en calquer GSI de pacotilla. Para nós ruido é unha sensación infernal dentro e fóra do coche, que non se poida manter unha conversación nun radio de 100 m á redonda, como diria Luis "pirilla diabólica" Miranda: Un coche, canto máis ruido faga, mellor.

 

-¿Cómo podo potenciar o meu motor?

Alguén igual che di que lle poñas "chis tunin", colectores, e toscadas desas. Olvídate de todas esas trapalladas. ¿Para que perder o tempo con colectores de escape podendo colocar un escape directo (sen silencioso e a poder ser lateral) para cada cilindro? As ventaxas, aparte de que o motor respiraría mellor sería un ruido con tintes infernais. Outra solución que che recomendamos é que lle metas turbos, cantos máis mellor, anque, iso si, non se che esqueza de que sexan radiales e acompañados de intercooler, pois senón corres o risco de que o coche arda e que te parezas a Estrella Castrillón.

 

Hosted by www.Geocities.ws

1