| |
|
San Xián de Sergude. Carral (A Coruña) Pasoulle unha vez a unha rapaza que vivía en Carral e que tiña un rapaz veciño a quen unha noite, ó voltar da tuna, presentóuselle no camiño a alma dun defunto e, ó facer as vintecatro horas morreu de súpeto. Ó outro día despois do enterro, cando a rapaza viña de pechar o muíño da dona a quen servía, sendo xa noite pecha, nunha volta do camiño presentóuselle o veciño moto. Ela gañou medo e fuxiu a correr, facendo cruces e murmurando un rezo. Chegou á casa morta de medo e non deu fala a ninguén do que lle pasara. Ó outro día, cando viña de volta a tremer coma un condenadona porta do inferno, volveuse repetid o feito, mais agora, antes de ver ó rapaz, sentíu as súas falas, que lle dixeron: ¡Marica! Non fuxas que non che hei de facer mal. Escoita: vai mañá ás doce da noite á fraga do Suenllo e direiche o que tes que facer para me sacares de penar po-los camiños. Vai, non llo digas a ninguén e, daquela, aareceulle de corpo enteiro, coa mesma roupa que lle puxeran para enterrar. Chegou a nova noite e a moza, axexada po-los veciños dispostos a lle valer, acudiu á cita, mais o morto non se presentou. Moqueáronse dela os outros e, xa coidaba ter todo pasado, cando outro día, voltando soa do muíño, outra vez se lle apareceu o morto a lle decir: ¡Marica! Non fixeches caso do que che pedín e sigo penando po-la túa culta. Escoita, aínda é tempo de que me vallas. Para que eu pouse, e non me vexa punido po-los meus pecados a penar po-los camiños da terra, unha moza solteira ten que facer a pé a romaxe de Nosa Señora da Barca, a pedir po-las portas o xantar de pan e auga, e un cotiño de palla para durmir nos alpendres. Ten que levar un hábito de burel, feito coa esnola recollida entre os veciños de sete parroquias e ten que dicir unha misa en Paleo e outra o día da Virxe na súa igrexa. Esa moza es ti, Maricaa, ¡váleme agora que aínda hai tempo! Cando chegou á casa, contoulle á dona o que lle pasara, e fóronse de contado as dúas xuntas pé do señor cura. Ó outro día, foise a rapaza de porta en porta para cumprr a manda do morto: fixo a súa romaxe á Nosa Señora da Barca e disque nunca máis ninguén oíu falar de que se volvera presentar outra vez a ninguén a alma do rapaz morto.
|