| |
|
Santuario da Virxe da Barca. Muxía (A Coruña) A tradición fálanos do apostolado de Santiago na nosa patria, que, cheo de celo ardoroso, plantou a frondosa árbore da fe cristiá no noso Solar Galaico, escolléndoo para descanso dos seus restos. Durante as súas predicacións po-la comarca ártabra, retirouse á solitaria Muxía para orar e suplicar ó Señor que os pobos cesaran na hostilidade con que acollían a súa predicación. Rumores trae o mar, onde o Apóstolo contempla unha barca misteriosa que se achega á beira e trae a Santísima Virxe, radiante de fermosura e maxestade. A VIrxe alenta ó Apóstolo, comunicándolle o éxito nas súas predicacións na nosa terra, ordenándolle o regreso a Xerusalén, onde lle espera o martirio e, dálle como mostra de amor unha imaxe súa. Santiago eixiulle un altar á Virxe nunha furna formada debaixo das rochas. A embarcación na que veu a Virxe era de pedra, o mesmo que a vela e o timón e de alí se mostran entre aqueles penedos. A barca chámase Pedra de abalar e a vela Pedra dos cadrís. En canto á sagrada imaxe da Virxe, as persecucións obrigaron a tela agochada ata que, libres de temores, os naturais da comarca lle erixiron un templo que xa era coñecido no século XIV.
|