Principal Contenido

Resumo

Proyectos Universidad Prácticas Industriales Tesis Doctoral Otros

Resumen Resumo Summary Laburpena Resum Résumé Zussamenfasung

Neste traballo desenvólvense e obtéñense ladrillos acumuladores de calor a partir dos Lodos Vermellos.

Os Lodos Vermellos son o residuo insoluble do proceso Bayer no cal se extrae a alúmina da bauxita por disolución en NaOH. Caracterízanse por conteren óxidos de ferro, sílice e titanio, ademais de cantidades variables de compostos de Si, Ca, Na e outros elementos. Teñen porcentaxes importantes de NaOH, que lle dan un pH claramente básico, e ó seren almacenados á intemperie representan un risco ambiental. En Galicia prodúcense máis de 471.000 toneladas/ano deste residuo.

Entre os sistemas eléctricos de calefacción están os calefactores por acumulación. Estes aparellos están deseñados para alamacenar calor durante a noite aproveitando a tarifa nocturna que ten un prezo reducido e liberalo durante o día cando a tarifa é plena. O almacenamento de calor realízase en núcleos cerámicos de material refractario de alta densidade.

A idea de utilizar os lodos vermellos para a fabricación de ladrillos acumuladores de calor fundaméntase principalmente nunha certa similitude entre a composición dos ladrillos comerciais e a destes residuos. Logo de realizar unha caracterización exhaustiva, realizáronse ensaios de procesamento térmico, detectándose como fases principais no material cocido titanatos de aluminio e ferro, corindón e hematita en solucións sólidas continuas. Realizáronse diferentes ensaios de conformación, e foi escollido o prensado por mor dos mellores resultados obtidos. Unha vez desenvolvida e afinada a mecánica de producción, realizáronse ensaios de comparación entre os ladrillos comerciais e de laboratorio, os resultados foron satisfactorios. Fixéronse probas en industrias cerámicas e homologouse o producto para o seu uso comercial. O sector privado, unha vez negociada a patente que cobre este proceso, comezou a montaxe dunha planta piloto para a producción de 10 toneladas/día de ladrillos, ampliable a 100 toneladas/día.

 

Anterior Nivel Anterior Siguiente

COPYRIGHT © 2001, 2002  GAP
Prohibida su reproducción total o parcial sin autorización escrita de su titular.

Hosted by www.Geocities.ws

1