|
Partido 12
A Coruña, 14 xullo 05
Data do Partido: 19 de maio
de 2005
---------- :: DATOS DO ENCONTRO ::
----------
- Hora de comezo: 19.00
horas
- Hora de finalización:
21.30 horas
- Tempo xogado: 2 tempos
de tempo desigual.
- Incidencias:
Krisko case morre. Tarde calurosa.
- Campo: Fútbol 7
- Balón: Adidas Roteiro
Glidder V5
Reportaxe gráfica: Miguel e
Mon
---------- :: AS EQUIPAS :: ----------
|
GALIZA
KORPS FC |
| logo |
|
|
|
| 1. Cholo |
2. Eriq |
3. Jose |
| |
|
|
| 4. Jose Manso |
5. Krisko |
6.
Morgui Fer |
| |
|
|
| 7. Pablo |
|
|
-
|
SELECCIÓN DIDÁCTICA |
|
logo |
|
|
|
| Dani |
Marco |
Nacho |
| |
|
|
| --- |
--- |
Tucho |
| |
|
|
| Xabi |
|
|
---------- :: O PARTIDO :: ----------
|
Resultado do
encontro |
|
GZK 13
- 27 SEL |
Crónica
Ainda que con case dous meses de
retardo, por fin está dispoñíbel a Crónica do partido que
enfrontou de novo a coaligación de xogadores estudantes "Galiza
Korps FC" co equipo de Mestres de Santa María do Mar "Selección
Didáctica".
O partido disputouse unha soleada
tarde de xoves, un día despois de remataren os alúnos os
derradeiros exames no colexio (dependendo do caso, non foron os
últimos, jeje). O día tiña maxia tamén pola data, 19 de maio,
xusto 5 anos despois da consecución do título de Liga por parte
de RC Deportivo, ademáis o partido sería, como ven sendo
habitual, nas instalacións que a equipa ocupa en Abegondo, no
coñecido coma "Mundo do Fútbol". Todo presaxiaba unha vitoria
estudantil, e mesmo a situación anímica do cadro xuvenil o
presaxiaba, incluindo por primeira vez nas súas listas a Pablo...
pero foi malo o presaxio...
O encontro comezou cun dominio
repartido da pelota, pero onde o xogo dos estudantes amosaba
quizáis máis entusiasmo. Non tardou en poñerse por diante o
equipo didáctico, deixando atrás as férreas marcaxes da defensa
estudantil. O medio do campo estivo ben dominado polo cadro
xuvenil que topou cunha férrea defensa didáctica organizada por
Nacho. As acometidas de Morgade chegaban con maior retardo que
as de Dani Doval ou Xabi, e dese xeito púxose a balanza
goleadora ao seu favor.
Con cambios rotatorios nas
posicións e variando lixeiramente tanto a forma coma a
intensidade de xogo, o resultado semellou igual todo o encontro.
Tan só dúas veces se puxeron os xa ex-alúnos por diante no
taboleiro. Coa marcha anticipada de Tucho, o xogo seguiu a mesma
temática até o momento dun fallo respiratorio no xogador Krisko,
que acusou a calor e o non defender unha posición exacta, feito
que fixo parar o partido durante uns intres, que se proseguiu
tras un pequeno rondo.
Neste segundo momento, cun campo
máis pequeno pola falta de xogadores en ambas escadras, cabe
destacar un gol de Morgui Fer que percorreu dunha portería a
outra, sendo este porteiro.
Ao final, 13-27, cun xogo dominado
polos mestres, e mantendo a regular racha goleadora. Queda por
tanto pendente a revancha, esa que non da chegado.
Logo do partido, os xogadores foron
a cear conxuntamente a un restaurante en A Zapateira, nun
ambiente de amizade.
Reportaxe Fotográfica
42 imaxes
|