Inicio > Cousas... por Krisko > Viaxe a Mallorca
Seccións
Abegondo
Puriladas Project
Pósters
Política
Cultura Galega
Cousas... por Krisko
Enlaces Krisko.tk
Contacto
 

Viaxe a Mallorca

A Coruña, 05 xullo 05

Os xa ex-alumnos da promoción 2004-2005 de Segundo de Bacharelato de Santa María do Mar fixemos unha viaxe de fin de curso, organizada en maior parte por Cholo (e a quen lle debemos moito).

A viaxe comezou dende a Praza de Ourense pola tarde, sitio onde tamén rematou. Non paga a pena caer en detalles, porque todo o mundo fixo o que lle deu a gana, pero si cabe destacar catro cousas que todos fixeron. Pódese dizer que pasamos estes días entre o hotel e a praia, a lo menos de día, e polas noites nas discotecas (ou na praia). Durante a estadía na illa balear visitamos Pachá (o martes), Tito's (mércores e xoves) e BCM Planet Dance (sábado).

Coma anécdotas curiosas e xa máis persoais, podo destacar a interesante vida levada por Jose Souto diante da pantalla atisbando todo deporte que pola tele saía, a habilidade de Illán cos coitelos (curtou un dedo), as tardes enteiras xogando ao ping-pong cantando o 'tatarí-tatarí', ou a liada da última noite por unha foto que sacou Aurelio e que pronto será exposta nesta páxina, así como a teima da xente por faguerse tatuaxe e poñerse piercings.

O derradeiro pasou entre o abafante calor que ía (tivemos toda unha semana de calor e sol) e coa xente mercando ensaimadas e sobrasadas, así coma bandeiras e outras cousas. Á volta ao País sucedeu a eso das 20.15 do luns, cando saiu o avión, con risas incluidas polas turbulencias á altura de Cuenca.

Reportaxe Fotográfica

     
agrandar   agrandar   agrandar   agrandar
             
     
agrandar   agrandar   agrandar   agrandar
             
     
agrandar   agrandar   agrandar   agrandar
             
     
agrandar   agrandar   agrandar   agrandar
             
     
agrandar   agrandar   agrandar   agrandar
             
     
agrandar   agrandar   agrandar   agrandar
             
         
agrandar   agrandar        
             
1