Galego / Castellano

 

 

Utricularia aventureira

 

· É aventureira porque naceu sen previo aviso xunto ás miñas plantas. Ata agora só aparecera nun semilleiro de Droseras intermedia, pero fai pouco atopei outra igual nacendo noutro tarro distinto.

Pola forma das follas creo que queda totalmente descartado que sexa sandersonii ou livida (Utricularias que posuía na miña colección cando comezou a nacer ésta nova). Aquí hai unha foto:

 

Esperaremos a que floreza para saber qué especie é.

Última hora, 11.09.2006: ¡esta florecendo!. Xa ten un talo duns 5 cm de altura. En breve saberemos qué especie é.

Aquí vai unha foto da "flor", e poño flor entre comiñas porque a flor non se abriu de todo (polo menos a primeira) xa que se autopoliniza. Outro dato curioso e que dende que a primeira flor tiña a apariencia da que está no extremo superior do talo floral (ver seguinte foto) ata que se aprecia perfectamente a cápsula das sementes só pasaron 5 días.

Según o que me dixeron persoas máis experimentadas pode que sexa ou ven unha Utricularia bisquamata, ou ben una Utricularia subulata var. cleistogama. O máis probable é que sexa esta última, mais sen unha foto da flor non se pode saber con seguridade.

O malo de todo esto é que son especies invasivas e reprodúcense sen control como coellos

¡Creo que é hora de ir separándoas das miñas outras Utricularias e demáis plantas!

 

Site Map | ©2005-2006 Julio Alberto González Domínguez

Hosted by www.Geocities.ws

1