2. Rosalía de Castro (Santiago 1836?/1837? - Padrón 1885) Premio  Día das letras galegas 1963, grande poetisa galega, inicia o Rexurdimento, ou o novo nacemento de literatura escrita en lingua galega, coa publicación o  17 maio 1863 de Cantares galegos, un poemario escrito en galego e dedicado a  seu marido Manuel Murguía (Premio Día das letras galegas 2000) no día do seu cumpreanos.  En 1880  publicou Follas Novas, outro volume de poesía en galego escrito a un nivel inda máis maduro e cunha temática máis universal que a de  Cantares galegos.   En 1884 saíu  En las orillas del Sar , unha obra en castelán.  Tivo unha neneza difícil por ser filla de solteira, unha fidalga,  e dun crego. Pasou longos anos de saudade en Castela, unha experiencia tratada nas súas poesías.  A obra  de Rosalía reflecte  unha problemática universal, e aínda que ela non gozou dunha formación corrente coma a das fidalgas da súa epoca,  chegou a coñecer ben o mundo campesiño galego, reivindicado e ensalzado nas súas obras,  despois de séculos de desprestixio e marxingación.

Miña casiña, meu lar,                     As bágoas  me caían,
¡cantas onciñas de ouro me vals!  que me fora a avergonzar.
Vin de Santiago a Padrón               Volvinme á miña casiña
cun chover que era arroiar,            alumada do luar;
descalciña de pe'  e perna             rexistrei cada burato
sen comer nin almorzar.               para ver de algo atopar;
Polo camiño atopaba                    atopei fariña munda,
ricas cousas que mercar,               un puñiño a todo dar;
e anque tiña gana delas                  vino no fondo da artesa
non tiña para as pagar.                 púxenme a Dios a alabar.
Nos mesóns arrecendía                Quixen acender o lume;
a cousas de bon gustar;                non tiña pau  que queimar;
mais o que non ten diñeiro           funllo pedir a unha vella;
sen elas ten que pasar.                 tampouco mo  quixo dar,
Fun chegando á miña casa            se non era un toxo verde
toda rendida de andar;                  para me facer rabear.
non tiña nela frangulla                  Volvín triste coma a noite
con que poidera  cear.                   a chorar que te chorar;
A vista varríaseme,                       collín un feixe de palla
que era aquel moito xexuar.          do meu leito o fun pillar;
Fun á porta dun veciño               rexistrei  polo cortello
que tiña todo a fartar,                   mentres me puña a rezar
pedinlle unha pouca broa              e vin uns garabulliños
e non ma quixo emprestar.            e fieitos a Deus dar.

Rosalía de Castro, 
Follas Novas   ed. Castrelos, Vigo 1968, p. 112
Voltar á páxina principal- Back to the Main Page
Voltar à  páxina dos autores- Back to the authors´  page
Voltar à  páxina da lectura A casa- Back to the reading A casa
esquerda e direita, dúas vistas do Monumento dedicado a Rosalía. No centro, Sartego de Rosalía, Panteón dos galegos ilustres, San Domingos de Bonaval
Hosted by www.Geocities.ws

1