Cap�tulo 23  O Tempo



II Lectura   O tempo  Hai xa unha semana que Lelo est� contento.  Veu a neve.  Un luns de Nadal, sobre do d�a, empezou a nevar.  Cairon falopas e  falopas.  Ao abrir do d�a, Vilanova estaba branquexada.  Lelo foi � escola e   �s doce acabouna.  As b�las cruzaron o aire a todos os xeitos e   moitas deron onde deb�an dar.  O fr�o escorrentouse axi�a.

En cambio, ao  av� despois da boa outon�a de San Marti�o, anubr�uselle o �nimo, e  disp�xose a soportar unha invern�a de auga e   xeada.  Non choveu nin xeou, pero nevou abondo.  O t�o Pepe arrechegouse � beira do lume a agardar a primavera. Nin Nadal nin febreiro, co seu antroido, lle prestaban unha migalla.

Tampouco lle �a moi al� o mal tempo ao m�dico.  As friaxes tra�an sempre enfermos; e   ter que sa�r ao intemperie noite tras noite deix�bao tan aterecido coma un carambelo.

A Rosario d�balle tanto xullo coma agosto ou marzo.  Dic�a sempre, fose m�rcores, xoves ou domingo, que estaba atafegada de traballo.  Carme salt�balle que de ver�n se pod�a ir � praia, gozar do sol e po�erse moura coma un carb�n.  A Henrique, ecl�ctico, todo lle daba igual.  Nunha noite clara, sen vento, coas estrelas alumeando nas pozas das corredoiras ao  remate dunha troula, vi�a tan ledo coma � luz do luar do Ano Vello, despois de lle facer as beiras a unha rapaza xeitosa.  Carme di que a l�a o aparva, que perde o norte e que o mellor �  buscalo ao abrigo dunha taberna, ao  quente da lareira.

Pero, a�nda que non o digan, san Xo�n e Santiago, coas s�as tardes longas, cos solpores mornos e  coa ca�da da noite fresca, son do agrado de todos. Por algo �  o bo tempo.



Lectura en CASTEL�N    Lectura en ITALIANO    Lectura en FRANC�S    Lectura en INGL�S
Hosted by www.Geocities.ws

1