| II Lectura O mercado O outro d�a, a familia Souto Seoane foi a Santiago, porque dona Rosario se atopaba mal e don Ant�n pensou que era ben levala a un especialista. Foron para � casa dos t�os e, como a t�a Mercedes ten reuma, Carme quedou de recadeira. Ir ao mercado gust�balle pouco, as� que decidiu facer un apunte coas cousas necesarias para estes d�as que van estar en Santiago e encargalas todas dunha vez. V�deo aqu�: 1/2 kg de cebolas 6 ducias de ovos 2 pesos de pirixil 7 litros de leite 2 cabezas de allo 1 kg de bist�s de croca 1 cento de pementos de Padr�n 1 coenllo 4 mancheas de grelos 1 kg de rapantes 10 kg. de patacas 3 kg de mexill�ns 1/2 libra de azucre 1 kg de peras de auga 1 cuartillo de aceite 1 kg de pexegos 1 libra e media de fari�a 1 kg de cereixas Ao chegar � praza, Carme viu tal cantidade de postos que non sab�a por onde comenzar. Ao cabo decidiu ir primeiro � carnicer�a, onde pediu que lle levasen � casa os recados de carne. A carniceira recomendoulle uns miolos de vaca, pero Carme acordouse de que a Lelo lle daban noxo e decidiu non levalos. Lelo era moi escollido para a comida; non lle gustaban os miolos, nin o f�gado, nin os riles, nin os callos, Pola contra, debec�a pola costela, o raxo e a cachola de porco. Logo foi ao posto da verdura e fixo al� tam�n os recados correspondentes. Ademais, levou algunhas cenorias, fabas, feix�ns, nabizas e un repolo branco para facer o caldo. No posto do pescado hab�a tranchos, sardi�as, abadexo, e outros peixes, pero non hab�a rapantes nin mexill�ns, as� que tivo que pedir un rodaballo e berberechos. Ao sa�r dos postos do pescado cham�rona as mulleres dos ovos: -Santi�a, �l�vasme unha ducia destes ovos apincarados? ela acercouse e mirou os prezos. -�A como mos pon? -Os apincarados a quince pesos, os marelos a doce pesos e seis reais, estes brancos de pita campeira a oito pesos e estes de granxa a sete. -�A doce pesos e seis reais os marelos? -�Ai nena! �E ti que pensas? �Vaites, vaites coa pequena! �mira para ela como axusta! -A doce pesos e nin unha cadela m�is. -L�vaos, anda, l�vaos, que por menos dun peso non imos berrar. �Non me levas este queixo do pa�s? �� todo manteiga! -Non, temos na casa moito leite callado que nos vale de sobremesa. E foise comprar a froita � se�ora Hermesinda. Aquel d�a ti�a uvas loureiras, maz�s camoesas, pexegos abrideiros, laranxas, lim�ns, noces, casta�as maias, figos... Como non ti�a peras de auga nen cereixas, tivo que levar peras de manteiga e nispros. Cando xa marchaba lembrouse de que o Lelo lle pedira mel e levou un tarri�o. Lectura en CASTEL�N Lectura en ITALIANO Lectura en FRANC�S Lectura en INGL�S |