Cap�tulo 17  As plantas

   O t�o Pepe est� detr�s da casa enxertando maceiras.  Cunha  navalla est� labrando na casca para facer un enxerto de escudo. �  raro que non lle prendan.  Ten todo o terreo cheo de �rbores froiteiras.  Ao  p�  da casa ten d�as figueiras, e  pegados � parede tres limoeiros que est�n as� defendidos do aire fr�o do norte.  As pereiras tam�n son delicadas e  raro �   o ano que maduran todas: te�en nas ponlas cadolos que lles tiraron os rapaces para derrubar algunas peras.  As cerdeiras danse ben, o mesmo c�s ameixeiras; as cereixas empezan a vir polo San Xo�n, e  hainas que coller � man, non coma os abru�os que abondan con sacudir  o abru�eiro para ter o chan cheo deles.  Contra os muros da horta hai fatoeiros cunha martabela na punta para escorrentar os paxaros.  Pero o que mellor se d� son os pexegos e  as maz�s de tarde.  Mesmo diante da casa hai dous bacelos facendo unha parra que d� boa sombra no ver�n.

Non �   s� das froiteiras do que ten tino o t�o Pepe.  Mira moito polos montes, nos que hai de todo.  Nas chousas, polo medio das toxeiras, hai pi�eiros, a�nda que duns anos para ac� planta moito eucalipto, procurando vender os carballos, que tardan moito en medrar e  matan a cr�a nova; non os deixa sen�n na fraga, onde est�n mesturados con bidueiros.  Nos prados, polas beiras, conserva freixos para facer eixos, e  vimbieiros para facer paxos e  cestos.

Na ribeira, ten un souto de casti�eiros, que no tempo das casta�as, cando empezan os magostos, hai que ter de ollo. Por isto o t�o Pepe non corta as silveiras dos muros e  procura choer as boqueiras con ponlas de abeleira ou salgueiros  cortados polo p�.  Non contento con iso, b�talles derriba unha gabela de silvas ou de toxos.

Na semana que v�n ter� que ir  ao  monte, pois vendeu un pinar e  ir�n os cortadores cos seus machados e  tronz�ns a serrar todo o d�a. �  boa madeira; as toradas ser�n case todas elas de rolla e  haber� moi pouco puntal.  De paso cernar� unhas ponlas dun loureiro que lle fan sombra � leira dun vici�o.

A nora, Rosario, xa lle ten encargado que traia pinaretas para acender o lume; el dille que o que fai falla son uns bos rach�ns de carballo seco, que arden coma resina e  terman do lume.  Ou, mellor, uns cepos.

Lelo opina que o mellor �  meter  unhas poucas landras no unllar, que medren, e  de al� para o lume.


Lectura en CASTELLANO Lettura in ITALIANO Lecture en FRAN�AIS    Reading in ENGLISH
Voltar � p�gina das lecturas
Hosted by www.Geocities.ws

1