Cap�tulo 16


O campo e  o traballo Henrique ten moitos amigos.   Desque principiou a estudiar na Universidade, l�vase moi ben con Carlos, un compa�eiro da parte de Ourense, fillo de labregos. Ao  remate do curso, Carlos vaise para a aldea.  El � unha axuda esencial na casa, neste tempo no que tantos labores hai que facer.  O pai e  o irm�n m�is novo non son quen para atenderen a todo.

En xu�o, mesmo chegar, ten o pai as gada�as crabu�adas e  vanse os tres homes ao   prado da Perulleira segar a herba.  No prado da Veiga meten a segadora, pero este, como �  tan costo, te�en que segalo � man.  Carlos xa vai cheo de lle predicar ao  pai que as terras onde non entran as m�quinas � mellor deixalas a ermo. O pai non v�n a rego.  Sempre di que por m�is herba non ha de ser m�is mal ano.

Sobre das doce, gada�ado xa o prado todo, que non �  grande, collen cadans�a galleta e extenden ben a herba para que lle entre o sol.  Ao   outro d�a rev�lvena e   ao   terceiro x�ntana toda.  Hogano sacaron cinco carros, foi moita a sequ�a; pero eu l�mbrome ata sete ou oito cando se lle coidaba ben a rega.  Ao   ca�r a tardi�a, xunguiron as vacas e  apux�ronas ao  carro.  Carlos chamaba unha parella, anque case non pod�a coa aguillada, tantas eran as maniotas que ti�a.  Di verdade o refr�n:  "Quen non est� afeito a bragas a costura faille chagas".

Poucos d�as despois empeza a seitura.  Agora non pon medo porque se sementa pouco, pero antes, que se cavaban searas no monte de ata trinta ou corenta ferrados, a cousa non era de cobiza.  Na terra de Carlos que �  ribeir�, deseguidi�a ve�en a maduro o trigo e  o centeo.  Na feira do san Pedro m�rcanse os fouci�os, porque mesmi�o empezar xullo s�ganse as primeiras pallas.  O irm�n de Carlos di que a el isto non lle vai, que xa est� farto de afouci�ar, retorcer vincallos, atar monllos e  dalos para a meda , e  por riba ter que mallar, que �  o que m�is rabia lle d�.  "Se non compran un tractor -di- voume para Alemania".  O pai e a nai de Carlos, mentres non ven o gran nas tullas, non dormen tranquilos.  Din que non se est� libre nunca dunha saraibada que debulle as espigas nas leiras.

Despois da malla, Carlos xa non colle outra ferramenta na man.  Como lle quedou a Patolox�a, ded�case ao   estudio, que xa falta pouco para os exames.  Namentres, o pai e  o irm�n sacan o esterco para sementar os nabos, aproveitando que veu unha tormenti�a e  xa ten lentura a terra. Estercan forte para que cabecen e  boten boa nabiza. �  de lei o refr�n do av�  de Carlos: "No estercar e  no sachar non debes reparar, se queres colleitar". Polo xaneiro arriba comenzan a encanar e  botar grelos.  Ao   entrar a primavera, florecen.  Cada chanteira d�  ao   menos cen flori�as marelas.

Para acabar de facer o ver�n inda hai que coller as patacas.  Hogano hainas a mancheas.  Agradeceron a sacha que lles deron na primavera.

-�Quen ver�  aos meus cochi�os e  cuxos!- dic�a a nai de Carlos cando v�a o celeiro tan cheo-.

Pois veremos onde gardamos o millo - dic�a o pai, que xa o est�n comendo as pegas na leira da agra, e  eu sen probar a broa e   as papas non quero pasar.

O d�a doce de outubro, Carlos tivo que marchar de novo para Santiago.  �a pensando no ledos que quedaban os seus con tanta fartura.  Cando o coche sub�a e  baixaba as costas da beira do Mi�o, miraba para os vi�edos e  para o acuguladas que estaban as cepas cos acios madurecidos.  Daquela acordouse do cantar que aprendera de pequeno e  cantaruxaba polo baixo:
-Vendimai, vendimadores
na vendima do meu pai;
o vi�o vai na cabaza
e  o pan na cesti�a vai.



Lectura en CASTELLANO Lettura in ITALIANO     Lecture en  FRAN�AIS     Reading in ENGLISH
Voltar � p�xina das lecturas
Hosted by www.Geocities.ws

1