11. A vida social


Lectura en CASTELLANO Lettura in ITALIANO     Lecture en   FRAN�AIS    Reading in English

Vai para unha semana que  os se�ores de Souto est�n en Santiago para asisitir a unha reunion de m�dicos, mellor dito, a un Congreso de Pediatr�a.  Mentres Ant�n asisite a conferencias, reuni�ns e  discusi�ns de grupos, Rosario telefonea �s s�as amigas para sa�r a tomar o aperitivo xuntas.  Moi dispostas, vanse a unha cafeter�a e  danlles unha volti�a  aos co�ecidos: quen casou, quen segue solteiro, outro morreu, estoutro non lle foi ao enterro, o de m�is al� p�xose a mal co vici�o de enfrente...

Nestes medios aparecen os maridos.  Cambian de conversa e  p��ense a falar da reuni�n pasada, do vello que est� o catedr�tico de tal asignatura, ou do �ltimo coche que mercou fulano.  Algu�n fala de dar unha volta polo Franco antes de ir comer. � unha proposta moi razonable.  Ao cabo, quedan de verse para tomar o caf� xuntos, pero Ant�n e  Rosario disc�lpanse, porque est�n invitados na casa duns parentes de Rosario e m�is tarde te�en que ir facer unha visita de compromiso e, a�nda que sexa moi cursi, tomar o t� .  Ant�n di que � mellor verse �s sete e  media e  ir despois ao cine.  Tam�n hai unanimidade.

Ant�n obra un pouco egoistamente porque, ao d�a seguinte de chegaren, tiveron a oportunidade de ir ao teatro.  Oportunidade, xa que moi poucas veces se pode ver teatro en Santiago.  O que pasaba no escenario poucos da sala o entend�an, pero ningu�n rebul�a na butaca.  � sa�da hab�a comentarios para todos os gustos.  Rosario, filosoficamente, d�xolle ao  marido que envellentaban e  que el en particular, ti�a tendencia a toconear na butaca.

As� Ant�n, sen outra cousa, encargou as entradas e  telefoneou a un restaurante para ir cear � sa�da da pel�cula.  Despois de ben comidos e   ben bebidos ning�n falaba de ir durmir.  Tam�n axi�a chegaron a un acordo: ir a un whisky-clube e  bailar ata que pechasen e  os botasen f�ra. E al� se foron.

�s tantas da noite, os se�ores de Souto Seoane abr�an a porta da casa a modi�o e  caladi�os para non espertar a ningu�n.  Henrique, que ti�a o costume de se quedar a estudiar pola noite, sa�u da habitaci�n e quedou moi sorprendido ao ver avanzar polo corredor a seus pais moi serios cos zapatos na man.  Pensou: "ao Congreso div�rtese".





Voltar � p�xina das lecturas
Hosted by www.Geocities.ws

1