11 Manuel María Fernández Teijeiro

Manuel María Fernández Teijeiro (Outeiro de Rei 1929 -  )  poeta, narrador, editor, e  libreiro,  tamén cultiva a literatura infantil -  Os soños na  gaiola  (1968), unha antoloxía de poesía e  Barriga verde  (1968),unha peza de teatro para nenos.  Outros exemplos das súa creación artística son  Cando o mar foi polo río (1992), Unha sombra vai polo camiño (1991), e Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos (1991). O seguinte texto vén de Contos en cuarto crecente  ed. Celta, Madrid-Lugo 1962, p 44.

Ao  saír do traballo, Flavio encende un cigarro.  No bar da esquina toma dúas cuncas de viño: nin máis nin menos.  Logo xanta.  Despois de xantar vai botar a súa partidiña de dominó.  e  logo volve á súa oficina.  Da oficina sae ás sete da tarde.  De sete a oito menos cuarto Flavio pasea pola Calle Maior.  Ás oito menos cuarto colle a entrada para o cine.  Se non vai  ao  cine métese no café   e pide un café   con leite.  Ás dez menos cuarto vai á taberna e   bebe dúas cuncas de viño: nin unha máis nin unha menos.  Ás dez en punto cea.  De dez  e   media a once le nunha revista ou nunha novela de aventuras. e   sempre así. Así un día e outro día. e  outro e  outro...
Os domingos e   festas de gardar, as cousas cambian un pouco porque non son días de traballo.  Xa se sabe que a santificación das festas é   un precepto divino.  Os domingos e  festas de gardar,  Flavio vai á misa de doce á súa parroquia.  Despois pasea pola  Rúa Maior e  toma as dúas taciñas de viño:  nin unha máis nin unha menos.  Pola tarde está máis tempo no café  .  Despois de saír do café, se a tarde é  boa, dá o seu paseiño polo xardín.  e  se é  no verán, en troques de ir pasear ao xardín, dá un paseo polos arredores da cidade.
Voltar à páxina principal- Return to the Main page
Voltar à páxina dos textos- Return to the page of the texts
Hosted by www.Geocities.ws

1