X  O MAR
O mar Portonovo, 3 de xullo  Antonte, cando cheguei a beiramar, estaban os t�os de Portonovo agardando por min e    todos os curm�ns tam�n.  Anque ti dis que estou algo frouxo do andazo, o t�o di que estou coma un cachalote e   que, cando vaia a praia dous d�as cos seus baleatos (os curm�ns), volverei feito un marraxo (o t�o sabe moito de animais mari�os).
   Ese d�a pola tarde fomos a unha praia, da que din Se��o e   Nolo que e   moi costaneira, e   tomei, como me mandaches, moito sol  e   ata fixen iso que dic�as da brisa mareira (aspirar ou expirar ou iso que ti dis).
   Na praia hai un lombo de area, na beira, e  cando debala o mar deixa unha poza e  al� pescamos moitos caranquexos.  Tam�n fomos �s penas cun troeiro e   un pau con engado na punta e  collemos moitos camar�ns e esqu�as.  Nolo ata pescou unha n�cora  e  eu coll�n tam�n tres patexos e  un queimacasas, pero como ese non se comen tivemos que ceibalos.
   Cando encheu o mar, pux�monos a buscar entre as olgas caixas e  botellas baleiras, que boian moi ben e semellan lanchas.  Pegueime con Nolo, porque el quer�a que foran xeiteiras e   eu bous, pero foi moi pouqui�o o que berramos e   ga�ou el (para que lle digas a pap� que sigo o seu consello de ser bo).
    As olgas danme algo de noxo, pero as que m�is, os golfos e   as corres, porque os curm�ns xogan con elas coma se fosen trallas e  esbaran dun xeito pola cara que ata me da arrep�o dicilo.
   ?nte non nos puidemos ba�ar, porque a auga estaba moi viva e  hab�a rellas, pero estivemos vendo romper o mar e   como a mareira daba nas penas.  �s veces alombaba tanto a auga que fuxiamos correndo, antes de que as ondas romperan e   nos deran unha boa ducha.
  Hoxe puid�monos ba�ar porque mellorou o tempo.  Foi o d�a que mellor o pasei.  Fomos a outra praia que  hai preto da casa e, desde un baixo que estaba en seco,  tireime moitas veces ao  buc�o e   andei con tento para non romper os dentes, como ti xa me tes dito.  Antes xa lle preguntei   ao t�o se era un sitio perigoso e  dixo que non, porque al�  o fondo e    limpo e  , o non ser cuberto nin terreo brav�o, non hai perigo ning�n;  dixo que tampouco un fondo lamoso ti�a coidado, pero penso que por aqu� non os hai.  Nadei tanto que estou cheo de maniotas


Lectura en  CASTELLANO Lettura in ITALIANO    Lecture en     FRAN�AIS     Reading in ENGLISH
Ir � p�xina das lecturas-Go to the readings' page
Hosted by www.Geocities.ws

1