O
macaco e o rabo
(Brasil)
Unha vez
un macaco pensou facer fortuna. Para iso foi situarse por
onde tiña que pasar un carreteiro co seu carro. Unha
vez alí, estendeu o rabo polo camiño por onde
deberían pasar as rodas do carro. Cando chegou, o carreteiro
díxolle:
-Macaco,
retira o rabo do camiño, que quero pasar.
-Non penso
-respondeu o macaco.
O carreteiro
azoutou ós bois e o carro pasou por encima do rabo
do macaco, e cortoullo. O macaco, entón, comezou a
berrar:
-¡Quero
o meu rabo! ¡Quero o meu rabo! ¡Ou se non que
me dean unha navalla!
O carreteiro
doulle unha navalla, e o macaco, moi alegre, empezou a cantar:
-¡Perdín
o meu rabo! ¡Gañei unha navalla! ¡Tinglin,
tinglin, que marcho pra Angola!
Botou a andar, e despois dun tempo, encontrou a un home negro
moi vello, que estaba facendo cestas e cortando os vimbios
cos dentes.
O macaco díxolle:
-¡Ouh,
vello amigo, pobre de ti, que estás cortando os vimbios
cos dentes! Ten esta navalla, amigo.
O home
colleuna, pero cando intentou cortar os vimbios, a navalla
rompeu. O macaco, de novo comezou a berrar:
-¡Quero
a miña navalla! ¡Quero a miña navalla!
¡Ou se non dame un cesto!
O negro
vello doulle un cesto e o macaco foise moi contento cantando:
-¡Perdín
o meu rabo, gañei unha navalla, perdín a miña
navalla, gañei un cesto!... ¡Tinglin, tinglin,
que marcho pra Angola!
Seguiu
camiñando, e máis adiante atopou a unha muller
que estaba facendo moletes de pan que poñía
na súa saia.
-¡Ouh
señora miña -dixo-, facendo pan e poñéndoo
na saia! Pois aquí ten un cesto.
A muller aceptouno, e empezou a botar os moletes no cesto,
pero colocou tantos que o fondo do cesto rachou. O macaco
berrou:
-¡Quero
o meu cesto, quero o meu cesto! ¡Ou se non que me dean
un molete!
A muller
doulle un, e el moi feliz empezou a cantar:
-¡Perdín o meu rabo, gañei unha navalla,
perdín a miña navalla, gañei un cesto,
perdín o meu cesto, gañei un pan!... ¡E
agora vou comer o pan! ¡Tinglin, tinglin, que marcho
pra Angola!
E foise
moi contento, coméndose todo o seu pan.
|