Volver
Contomundi
Os contos do mundo | Los cuentos del mundo

 

 

 

O pastor e o lobo
(Antiga Grecia, unha fábula de Esopo)

Un rapaz, que era pastor, coidaba cada día as súas ovellas mentres elas comían no monte. Pasaba o tempo lanzando pedras e vendo ata onde chegaban, ou mirando as nubes para ver cantas formas de animais descubría no ceo.

Gustáballe moito o seu traballo, aínda que algunhas veces desexaba que fora algo máis divertido. Por esa razón, un día decidiu gastar una broma á xente do seu pobo.

-¡Socorro, socorro! ¡Auxilio! ¡O lobo, o lobo! -berrou moi forte.

Cando escoitaron os berros do pastor, os homes do pobo colleron paos e bastóns, varas de castiñeiro e pedras, e correron para axudar ó neno e salvar as súas ovellas. Chegaron con rapidez, mais non viron ningún lobo. Só viron ao pequeno pastor que botaba grandes carcalladas, que ría forte e sen parar.

-¡Enganeivos! ¡Enganeivos! -dicía.

A xente pensou que era una broma moi pesada. Por iso dixéronlle que non volvera a facelo, a non ser que, verdadeiramente, estivera por alí o lobo. Pero una semana despois, o pastor volveu a gastar a mesma broma aos habitantes do pobo.

-¡O lobo, o lobo! -berrou.

Una vez máis, os homes correron a axudarlle e non atoparon lobo algún, só o rapaz que se ría deles. Pero o seguinte día chegou de verdade o lobo do monte para devorar unhas cantas ovellas, e das máis gordas.

-¡O lobo, o lobo! -berraba o pobre pastor con toda a súa forza.

Os homes do pobo escoitaron os seus berros de socorro e riron:

-Quere gastarnos outra broma -dixeron-, pero esta vez non nos enganará.

Por fin, o rapaz deixou de berrar. Sabía que a xente do pobo non lle facía caso. Sabía que non lle ían axudar. Todo o que podía facer era quedarse agochado debaixo dunhas rochas, en silencio, e observando como o lobo devoraba as súas ovellas…

 

Subir

 




Locations of visitors to this page


http://es.geocities.com/ismaildemalpica

© Mario Aller

transparent
Hosted by www.Geocities.ws

1