Volver
Contomundi
Os contos do mundo | Los cuentos del mundo

 

 

 

A chave de ouro
(Alemaña, recollido polos irmáns Grimm)

Era un día cru de inverno. Os campos estaban cubertos por unha mesta capa de neve, e un pobre neno tivo que sair no seu trineo a carrexar leña para a casa.

Despois de a ter apañada e cargada, sentiu moita friaxe. En lugar de regresar ao fogar, encendeu un lume por ver de se quentar un pouco. Deseguido púxose a remexer na neve, a fin de deixar a terra ao descoberto. Entón, atopou unha pequena chave de ouro.

E pensou que no mesmo sitio tería que haber unha pechadura, polo que seguiu cavando ata dar cun pequeno cofre de ferro.

-¡Se a chave servira...! -pensou-; sen dúbida haberá obxectos valiosos no cofriño.

Buscou e remexeu a máis non poder, pero non atopaba ningunha pechadura. Ata que, finalmente, descubriu unha pequeniña pechadura que case non se podía ver. Probou e a chave entrou facilmente. Ao ver tal, deulle amodiño unha volta.

Agora hai que agardar que o teña rematado de abrir. Entón saberemos as cousas marabillosas que contén o cofriño...

 

Subir

 




Locations of visitors to this page


http://es.geocities.com/ismaildemalpica

© Mario Aller

transparent
Hosted by www.Geocities.ws

1