DOSSIER                            DOSSIER                          DOSSIER

CAMBIO CLIMÁTICO Efecto invernadoiro (volver)

• ¿Son certas todas as historias que se contan sobre o quencemento global e sobre o cambio climático?.

•• ¿Debemos actuar xa ou esperar a confirmación destas teorías?

 
O aumento da concentración dos gases de efecto invernadoiro pode conducir a cambios no clima do próximo século con consecuencias graves para os ecosistemas, tanto mariños como terrestres.
Sen embargo, o sistema climático depende de múltiples variables, e, polo tanto, para elaborar unha predicción do clima é necesaria a utilización de modelos de clima global; son formulacións matemáticas que integran os procesos que compoñen o sistema climático (atmosfera, hidrosfera, criosfera, biosfera e xeosfera) mediante parámetros de validez limitada. A resposta do sistema climático a unha perturbación calquera pon en marcha unha serie de interaccións que tanto poden acentuar a perturbación como atenuala. A organización meteorolóxica mundial (OMM) e o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) crearon en 1988 un Panel Intergubernamental para o Cambio Climático (IPCC) co fin de considerar, sobre bases científicas, a posible evolución do clima en relación co efecto invernadoiro, avaliar o impacto do cambio climático e propoñer estratexias para xestionar este cambio. Dacordo coas últimas avaliacións realizadas, de continuar a situación actual, o aumento da concentración do dióxido de carbono e dos outros gases invernadoiro na atmosfera, provoca un incremento da enerxía recibida pola superficie terrestre (proceso chamado “activación radiativa”) que levaría consigo os seguintes efectos: • Incremento da temperatura media do planeta entre 1 e 3,5 graos centígrados, acompañado da fusión dunha maior cantidade de xeo polar e unha elevación do nivel do mar, que conlevará graves riscos para as poboacións asentadas en illas e zonas costeiras. Será unha manifestación máis do cambio climático que provocará alteracións nas precipitacións, ventos, circulación atmosférica e humidade do solo. • Efectos sobre o ciclo da auga no noso planeta, que dará lugar a unha maior frecuencia de inundacións e secas severas nalgunhas rexións e cambios climáticos locais o que provocaría un posible avance dos desertos (veríase afectada a Península Ibérica) e cambios nos ecosistemas, variando a composición e distribución xeográfica de moitos deles. A aceleración destes fenómenos pola acción do home, obríganos a tomar unha serie de medidas:

1. Reducción das emisións de CO2 e doutros gases invernadoiro.

2. Desenvolvemento das enerxías renovables, especialmente a eólica e a solar, e de programas de aforro enerxético, así como o aproveitamento da calor dos gases e vapores das industrias.

3. Política de reforestación que debe ter en conta os Convenios de Biodiversidade e de Desertificación. Freo ás actuais talas de bosques tropicais. Control dos incendios forestais.

4. Imposición de taxas e impostos de emisión ás industrias contaminantes.

5. Mellora do transporte público e do ferrocarril convencional.

 

••• ¿Pode o equilibrio natural manter o clima do planeta no seu rango normal?

•••• ¿Podemos dicir con seguridade que estes efectos son os que deberiamos esperar se as teorías fosen verdade e que estariamos moi sorprendidos de atopalas se as teorías foran falsas?. ¿que deberiamos facer para evitar esta problemática?.

Hosted by www.Geocities.ws

1