| O
efecto invernadoiro é un fenómeno natural e consiste no quencemento da
atmosfera e da superficie terrestre debido á absorción de raios
infravermellos por parte dos gases atmosféricos. A Terra recibe enerxía
do Sol, que é emitida de novo ao espacio en forma de radiacións
infravermellas. Sen embargo, parte destas radiacións son absorbidas por
determinadas gases que se atopan na atmosfera (dióxido de carbono, vapor
de auga, etc...). Os gases deixan pasar libremente a enerxía solar pero
ao mesmo tempo impiden que a calor emitida pola Terra se escape de novo ao
espacio. Este é, dunha forma sintética, o chamado efecto invernadoiro,
polo que a Terra mantén unhas condicións climáticas que permitiron o
desenvolvemento da vida; de non existir, a Terra sería un deserto xelado.
O efecto invernadoiro, preséntase como un problema polo vertido masivo de
gases procedentes das actividades humanas, “gases invernadoiro”, que
aumentan a protección térmica do planeta e contribúen ao seu
quentamento progresivo. Todo corpo irradia calor dependendo da súa
temperatura. A medida e análise da radiación que emite, permite
determinar a temperatura do corpo emisor.A Terra sen atmosfera tería unha
temperatura media de -18°C. A temperatura media actual é de 15°C, polo
que o efecto invernadoiro eleva a temperatura, facilitando asi a vida na
Terra. |
Todo
corpo irradia calor dependendo da súa temperatura. A medida e análise da
radiación que emite, permite determinar a temperatura do corpo emisor.A
Terra sen atmosfera tería unha temperatura media de -18°C. A temperatura
media actual é de 15°C, polo que o efecto invernadoiro eleva a
temperatura, facilitando asi a vida na Terra.

Así se produce o efecto invernadoiro |
¿Podemos
comprobar o efecto invernadoiro na vida cotiá?
- Nun
coche aparcado ao Sol, a temperatura do seu interior chega a ser moito
máis alta que a exterior, porque a luz visible atravesa o cristal das
ventás e é absorbida polos obxectos que hai no interior do coche.
Logo, volven a irradiala como radiación infravermella (IR), que non
pode atravesar o cristal e o coche quéntase.
- Nun invernadoiro para plantas ocorre
o mesmo: os cristais dun invernadoiro deixan pasar os raios solares,
que son absorbidos polos obxectos que hai no interior do invernadoiro,
incluídas as plantas. O solo e as plantas irradian radiación IR que
non pode pasar a través dos cristais e resulta atrapada no interior
do invernadoiro, onde hai unha temperatura máis elevada que no
exterior.
- A atmosfera, igual que os cristais
dun invernadoiro, é permeable á radiación solar, pero resulta moito
menos transparente á radiación infravermella emitida pola superficie
da Terra, que si é absorbida por certos gases contidos na atmosfera,
quedando unha grande parte desta radiación atrapada, mantendo unha
temperatura máis alta que a que sufriríamos se a atmosfera deixara
pasar a radiación terrestre sen absorbela.As noites estreladas e polo
tanto libres de nubes, son moito máis frescas e as xeadas matinais
moito máis intensas que cando hai nubes que reteñen a radiación
terrestre.
- ¿Por que hai unha grande diferencia
térmica entre o día e a noite nas zonas desérticas?
|
Os raios infravermellos
de alta frecuencia procedentes do Sol atravesan o vidro e por iso penetran
nos invernadoiros, onde son absorbidos polas plantas, quéntanse e radian
raios infravermellos de baixa frecuencia, que ao non poder atravesa-lo
vidro quentan o recinto. Este efecto de quencemento dase tamén a escala
global, porque a atmosfera actúa como o vidro, aprisionando a radiación
infravermella devolta polo chan. |
¿Que
gases producen efecto invernadoiro?
- A atmosfera está constituída
fundamentalmente por nitróxeno e osíxeno. Estes dous gases, non
absorben a radiación infravermella emitida pola Terra e non
interveñen, polo tanto, no efecto invernadoiro. O vapor de auga e
outros gases que citamos de seguido e que poden estar presentes en
concentracións pequenas, son moi eficaces en absorber a radiación IR
emitida pola Terra. O dióxido de carbono é o máis importante: é un
gas incoloro compoñente natural da atmosfera e actúa como nutrinte
natural das plantas (fotosíntese); actúa igual que o vidro ou o
plástico dun invernadoiro, facilitando,a entrada da radiación solar
pero dificultando a saída da calor. O vapor de auga é capaz de
absorber calor en forma de enerxía radiante procedente do Sol e da
superficie da Terra, aumentando a temperatura do aire e colaborando no
aumento do efecto invernadoiro (as nubes consitúen un manto que
retén a calor nas capas baixas da atmosfera). Outros dous gases con
elevada capacidade para atrapar as radiacións e aumentar o efecto
invernadoiro son o metano e o óxido de dinitróxeno (N2O). A lista
remátase co ozono, os clorofluorcarbonos, que foron prohibidos polo
Protocolo de Montreal por ser perxudiciais para a capa de ozono, polos
hidrofluorocarbonos e os perfluorocarbonos.
|
 |
¿Cal
é a orixe antropoxénica do efecto invernadoiro?
- A contribución do ser humano ao
aumento do dióxido de carbono, CO2, débese fundamentalmente á
queima de combustibles fósiles (gas, carbón e petróleo). A maior
parte procede das industrias, especialmente das centrais térmicas e
pola desaparición de grandes extensións de bosques (deforestación).
- O metano (CH4) prodúcese na
descomposición anaeróbica de materia orgánica que ten lugar nos
arrozais e zonas pantanosas que cubren extensas zonas da Terra, no
tubo dixestivo dos rumiantes, nos vertedeiros de residuos sólidos
urbanos, etc... Este gas prodúcese tamén na industria petroquímica
(refinerías), na minería e nas conduccións de gas e de petróleo.
Son, polo tanto, as actividades agrícolas e industriais as
responsables do seu aumento. Ten unha capacidade de absorción da
radiación infravermella vinte veces superior á da do dióxido de
carbono.
- O óxido nitroso (N2O) prodúcese nos
incendios forestais e tamén é unha fonte importante o uso de
fertilizantes amoniacais. Os océanos e o solo proporcionan este
óxido á atmosfera, e descomponse na estratosfera, por reaccións
fotoquímicas.
- O ozono (O3), nas partes baixas da
atmosfera, é un contaminante secundario producido pola reacción do
osíxeno con óxidos de nitróxeno e hidrocarburos que se emiten á
atmosfera, axudada pola acción fotoquímica da luz solar (os coches
son os principais emisores destes gases precursores do ozono).
- Os CFCs non se atopan en estado
natural.e a súa presencia na atmosfera débese exclusivamente ás
actividades humanas. Debido ao seu carácter non tóxico nin
inflamable, empregábanse en refrixeración, aire acondicionado e
aerosoles, como propulsores; non só contribúen ao efecto
invernadoiro senón que interveñen na destrucción da capa de ozono.
Dende o ano 1.995 xa non poden fabricarse (Protocolo de Montreal) e
foron substituídos polos hidroclorofluorocarbonos (HCFCs).
|
Central térmica de AS Pontes
tr
|
|
|