Domingo Fontán

 

Páxina de Inicio

Cronoloxía da súa vida

Enciclopedia Galega

Cronoloxía do seu tempo

Os mapas de Galicia

Os seus mapas

Fotografías

Enlaces

Asociación Cultural

Árbore xenealóxica

Portas

ARTIGOS:

 

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL
RECREATIVA E DEPORTIVA "DOMINGO FONTÁN"

Art.º 1.- DEFINICION E FINS: a Asociación Domingo Fontán é unha entidade cultural, social, recreativa e deportiva, con personalidade xurídica propia, de carácter non lucrativo, e non político.
A súa finalidade é fomentar entre os seus asociados o interese pola cultura, o deporte e a natureza, así como a colaboración na superación dos problemas da sociedade na que viven, e no desenrolo dun espírito cívico, desde unha perspectiva de participación social e cidadá, e independente de calquera partido político.
Entre os seus fins sinálanse tamén o desenrolo de actividades tendentes a cubrir o ocio e o tempo libre, así como resaltar a figura do insigne galego Domingo Fontán entre os seus asociados.
Art.º 2.- AMBITO: O ámbito da Asociación será provincial, correspondendo o mesmo ó Municipio de Portas.
Art.º 3.- DOMICILIO: O domicilio social fíxase no municipio de Portas, lugar de Rapeira.
Art.º 4.- PRESUPUESTO: O presuposto inicial da Asociación fíxase en 75.000 ptas. Art.º 5.- ASOCIADOS: A Asociación terá tres tipos de socios:
Socios de pleno dereito ou numerarios, socios Honoríficos e socios Xuvenís.
- Os primeiros gozarán de todos os dereitos e obrigas que establezan os presentes Estatutos.
- Socios Honoríficos: Terán dereito a participar en todas aquelas actividades ás que sexan invitados expresamente pola Xunta Directiva. Os Socios Honoríficos poderán ser: de mérito, e simpatizantes. Os primeiros serán aquelas persoas ou entidades que presten, a xuízo da Xunta Directiva, servicios relevantes á Asociación e sexan propostos para elo pola mesma. Socios simpatizantes son todas aquelas persoas ou entidades que presten apoio económico mediante o pago dunha taxa periódica.
Os socios Honoríficos non intervirán en ningún caso na dirección da Asociación, nin na toma de decisións pola mesma, facultade que será exclusiva dos Socios de pleno dereito.

ASOCIACION CULTURAL DOMINGO FONTAN de PORTAS
Esta é a nova Xunta Directiva da Asociación Cultural Domingo Fontán, nomeada na Asemblea Xeral celebrada no salón de actos da Casa da Cultura de Portas, o día 18 de Novembro do año 2001, quedando constituída polos seguintes membros:

Presidenta: Dna. Concepción Méndez
Secretario: D. Luis V. Rios Casal
Vice-Presidente: D. José Collazo Porto
Tesorera: Dna. Regina Vila Poza
Vocais:

D. José Señoráns Salgado
D. José Manuel Díz López
D. Manuel Villar Gallego
D. Aurelio Louro Buceta
D. Manuel Ortigueira Díz
Dna. María Rodríguez Fontán
D. Braulio Mondragón Abuín Domínguez


(Revistas nº 1 e 2 )

   

 

WEB construída a partir das revistas editadas pola Asociación Cultural DOMINGO FONTÁN

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1