Don Ramón Otero Pedrayo no Páramo :   de Trasalba a Vilarmosteiro
Nos anos da II República , menbros do Partido Galeguista  pronuncian discursos no Páramo durante as campañas electorais .O  discurso máis sonado  foi o de Don Ramón Otero Pedrayo  .Que se subiu a un estrado   sustentado sobre grandes cubas de viño diante da palleira da " Casa do Zapateiro ", no Campo da Feira do Páramo en Vilarmosteiro.
Retrato de Otero Pedrayo Catedrático en Ourense

Invitado polos galeguistas do Páramo . Un  pequecho partido composto entre outros   por Jesús da Capilla de Vigo    por Ramiro de  Mundín .ou o Cándido do Agro

 

Chegada a Segunda República, Otero funda, xunto con outros galeguistas ourensáns, o Partido Nacionalista Republicano, conseguindo acta de deputado pola provincia de Ourense nas Cortes Constituíntes de 1931, onde defendería a fórmula federal para o Estado Español. Posteriormente integrouse no Partido Galeguista, resultado da confluencia de diversos grupos nacionalistas galegas  co que incluso  chegara ó Páramo durante a campaña electoral .


Co tempo  o Sr  Jesús de Vigo que todos se lembrarán del por  presidir o Partido Socialista de Galicia no noso concello  unha vez chegada a democracia e por ter sido con posterioridade  o noso   Xuiz de Paz    ó falarnos de Don Ramón Otero Pedrayo  ainda se lembraba dunha frase súa pronunciada  aquel día  nunha crítica ó clero - ¡ e que dirán se teñen unha lingua que parecen aceiteiras ! dixera  Don  Ramón sobre o seu  estrado  sostido por cubas de viño .

Sala do Pazo da Pedreira en Trasalba
As terras de Trasalba e as  de Páramo  teñen    semeñanza    no verdor das terras , no grosor dos carballos  ou  na construcción gratítica  das casas  polo que imaxinamos que  na súa breve estancia  coidamos que se  tivese sentido como no Pazo da Pedreira .
Otero Pedrayo naceu en Ourense o 6 de Marzo de 1888. Fillo de dona Eladia Pedrayo e do doutor D. Enrique Otero (que defendera en dúas significativas ocasións ao poeta Curros Enríquez), o neno Ramón Otero criouse no seo dunha familia liberal e culta. As tertulias familiares na casa paterna coñecida como Casa da Pedreira - coa presencia de destacadas figuras da vida intelectual do tempo-, a súa veciñanza e amizade con Vicente Risco e o contacto coa natureza, na casa familiar de Trasalba, foron configurando as inquedanzas do rapaz

 


O Mapa de Fontán en Trasalba onde figura o nome de Villarmosteiro, en vez de Vilarmosteiro É un dos únicos catro orixinais que se imprimiron .Sobre o que Otero Pedrayo se inspirou para crear a novela Arredor de Si .

Catedrático de Bacharelato e, máis tarde, da Universidade de Santiago, Polígrafo, Orador. Como Literato, cultivou todos os xéneros, sobresaíndo na novela. Foi membro da Real Academia Galega. Galeguista desde a súa mocidade, foi Presidente do Seminario de Estudios Galegos, Membro Fundador do Instituto Padre Sarmiento e do Patronato Rosalía de Castro. Presidiu ata a súa morte a Editorial Galaxia. Foi Premio Galicia da Fundación Juan March. Recibiu multitudinarios homenaxes e coñecido como o Patriarca da Cultura Galega.

                                                                

                                                                            

                                                                   © Correo de Vilarmosteiro  

ALVARO CUNQUEIRO E O PARAMO NA SUA LITERATURA

Hosted by www.Geocities.ws

1