Álvaro Cunqueiro :

"O demo inglés que saiu voando cara           O Páramo"

 

 

 Álvaro Cunqueiro        

 

 

 

 


En  “Os Outros Feirantes “ retratase con precisión contos de todo tipo , como os das feiras , feitos coa maxia  verbal  de Álvaro Cunqueiro .O lector atopara entre estes contos o máis destacado e  coñecido como Ramiro da Barca .Cara o final deste conto aparecénos a mención ó noso lugar :

Nacendo en Mondoñedo á botica de seu pai chegaron contos que Álvaro Cunqueiro foi gardando no seu maxín .Unha das súas obras máis coñecidas é “Os Outros Feirantes “ no que non se olvidou de imortalizar gran parte de lugares de  Galicia e entre eles O Páramo no coñecido como  Ramiro da Barca

 

.

 

 

 Pois o forasteiro saíu  voando , botando lume e perdeuse cara ao Páramo , deixando un ronsel de fume negro. -¡Sería un demo tolo ! , comentara  contando o caso o bisabó de Ramiro .Anos  despois , perto de Triacastela , atoparon a trompeta , limpa , brillante , e na buguiña tiña  un letreiro que decía  “Made in England”.O forasteiro sería, en todo caso , un demo inglés .¿E qué se lle perdería  en Ourense ?. (Álvaro Cunqueiro)

     

                                                                  

                                                                        


 
.
Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1981) adicouse desde moi novo á literatura e ó xornalismo. A súa obra abrangue todos os xéneros e os máis diversos temas, desde a poesía ó libro de cociña, pasando pola narración e o drama.
 Estudia bacharelato en Lugoa vinte quilómetros do Páramo, onde coñece a Fole e Pimentel, e Filosofía e Letras en Compostela. Malia a súa proximidade ideolóxica co Partido Galeguista, durante o alzamento militar apoia ós sublevados. Remata a contenda inicia un intenso labor xornalístico que culminará no ano 1960 coa súa incorporación ó Faro de Vigo do que chegará a ser director
A súa obra abrangue todos os xéneros e os máis diversos temas, desde a poesía ó libro de cociña, pasando pola narración e o drama. Dotado dunha singular fantasía e dunha extraordinaria capacidade de fabulación, Cunqueiro anovou fondamente a literatura galega. A súa mestría lingüística, o seu adecuado  uso das convencións literarias, o poder que a súa escritura  lle asigna á imaxinación, a integración de distintas tradicións culturais e estilísticas nun todo novidoso e persoal fixeron do autor de obras  unha das figuras máis importantes da historia da literatura galega que, ademais, conta con múltiples traduccións a outras linguas.do mundo .

 

O mindoniense ten unha profusa obra en galego que abarca tódolos xéneros. Antes do alzamento militar a súa obra céntrase exclusivamento no mundo da poesía e dentro do movemento vangardista. Pertence a esta primeria época: Mar ao norde; Poemas de si e non; Cantiga nova que se chama riveira; Dona do corpo delgado. Remata a guerra deixa definitivamente a poesía e centra a súa producción no mundo da prosa. A temática destas obras permite establecer dous grupos: obras nas que o autor retrata a personaxes do mundo rural galego en desaparición (Escola de menciñeiros e fauna varia; Xente de aquí e acolá; Os outros feirantes) e obras nas que o mundo rural galego deixa paso a mundo imaxinarios da literatura universal (As crónicas do Sochantre; Merlín e familia; Se o vello Simbad volvese ás illas). A última aportación ós xéneros literarios faina Cunqueiro ó mundo do teatro. Como dramaturgo destaca a súa obra O incerto señor Don Hamlet, reinterpretación psicolóxica do persoanxe clásico creado por Shakespeare.
 Álvaro Cunqueiro         A FALA PARA CUNQUEIRO

Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis". (Álvaro Cunqueiro )

 

                                                                             

                                                                   © Correo de Vilarmosteiro 

                                                          

Hosted by www.Geocities.ws

1