Asociación de veciños , cultural e deportiva Lares Unidos de Vilarmosteiro  


Benvido a nosa Asociación de veciños e cultural O Presidente fundador desta asociación  tivo a iniciativa de crear esta aldea do Páramo na Internet .Esta asociación ten como finalidade primeira a incorporación ás novas tecnoloxías dentro do seu campo de accíon que según o artigo 2 dos seus estatutos é  o Concello do Páramo .Pólo que toda acción que contribua de forma decidida a mostrar o noso valor cultural  e a mostrar  a práctica das novas tecnoloxías  no noso concello , consideramolas desde esta asociación como unha das nosas primeiras finalidades .Todas as páxinas que se poden visitar aquí  , foron feitas  a moita velocidade  polo que hai partes como O tempo que solo teñen unha finalidade humorística, a pesares de que haxa contidos de refinado humor para non caer na monotonía  o resto dos contidos teñen un importante desexo de divulgación e de intento de seriedade , a máis importante e destacada é a exposición de Eduardo López Valiña  , un artista veciño noso que por primeira vez expón en Internet .Desexamos contar o antes posible cun potal oficial do noso concello , con dominio  e espacio propio .Esperamos non tardar moito .

  A nosa asociación tamén ten personalidade xurídica de seu para o cumprimento dos seus fins  e como suxeito de dereitos segundo o seu artigo 4 .

Artigo 4:  A asociación como suxeito de dereitos  e para o cumprimento dos seus fins , ten a personalidade xurídica  que lle confiren as leis , como titular  de dereitos  e responsable  das obrigas  que contraiga en toda clase de contratos  e de actos curídicos  necesarios  para o desenvolvemento  dos seus fins  e  para  os intereses  xerais  ou comúns  dos menbros da asociación .

Desde un principio vimos loitando pola recuperación do patrimonio cultural  do noso lugar , como prioridade figura a restauración da igrexa parroquial  e  acondicionamento  do adro . e denuncia do seu mal estado ante as administracións públicas .

No seu momento solicitamos do Concello unha sede para esta  asociación .Tendo en conta que existen no Campo da Feira máis de catro edificios públicos vacios e que todos eles están construidos sobre unha propiedade privada que pertence ós veciños de Vilarmosteiro resulta paradóxico que non dispoñamos ainda de sede  no noso Campo .

                               Recibe no nome da  nosa asociación  a nosa cordial benvida á nosa aldea virtual .

 

                                                              

                                                                                                         O Presidente 

 

                                                       

Web de Lares Unidos    

Foro restrinxido    

Hosted by www.Geocities.ws

1