Saltar navegación

GUÍA DIDÁCTICA

Obxectivos

  • Coñecer a organización fisiolóxica do corpo humano e os órganos, aparatos e sistemas, que interveñen, nas funcións vitais do ser humano.
  • Describir o proceso de dixestión e relacionalo coas partes do aparato dixestivo que interveñen en cada fase.
  • Coñecer a composición e as funcións do aparato respiratorio e describir o proceso de respiración pulmonar.
  • Adquirir unha idea básica do intercambio de gases que se produce entre as células e o exterior.
  •  Identificar as partes do aparato circulatorio, coñecer a composición do sangue e describir a circulación do sangue.
  • Afianzar e ampliar o coñecemento dos procesos que conforman a excreción.
  • Apreciar a importancia das doazóns de sangue e promover o desenvolvemento de condutas solidarias para mellorar a saúde das persoas.
  • Comprender informacións e adquirir vocabulario sobre os aparatos circulatorio e respiratorio e a excreción, para expresar coñecementos de forma oral e escrita.

Contidos

  • O aparato dixestivo
  • O aparato respiratorio
  • O aparato circulatorio
  • O aparato excretor

AVALIACIÓN

  • Identificar, nomear e describir os órganos que forman os distintos aparatos.
  • Coñecer a composición e as funcións dos  distintos aparatos.
  • Coñecer a composición do sangue e as funcións que realiza. 
  • Coñecer os procesos que conforman a excreción. 

NIVEL

  • Actividades para alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria.