VOLVER

HISTORIA DO CLUB

 

En Monforte de Lemos ten a súa sé unha das sociedades máis antigas e de recoñecido prestixio da provincia de Lugo, berce de grandes deportistas entre os que figuran campións de España mas distintas modalidades deportivas que esta sociedade practica (caza, pesca e tiro).

Esta sociedade foi fundada en 1958 por un grupo de amios pescadores, que co paso do tempo viron a necesidade de ampliar os seus horizontes creando un couto social de caza. Non conformes con isto, e despois de moitas xestións co concello, foronlles cedidos uns terreos sobre os que se construíu un foso olímpico de tipo ao prato e posteriormente unha galería de tiro olímpico. O que en principio era un grupo de amigos, que o seu obxectivo era a tertulia e a práctica da pesca, convertiuse nunha sociedade mixta, formada por cazadores, pescadores e tiradores que durante moitos anos competiron na mesma filosofía de sociedade aunda que con intereses deportivos distintos. A partires de do ano 2003 aparece un minúsculo grupo de socios que non compartían o modelo de sociedade, facendo que se desenvolva un interese desmedido pola caza. Pechanse as instalacións de tiro e na instalación de caza cun número importante de socios comezase a xestar a creación dun novo club única e exclusivamente de pesca.

O NACEMENTO DUN CLUB

Ao final, o sono de moitos de nós vese cumplido, e o día 6 de xuño de 2006 nace oficialmente o noso club. Con moitos proxectos e moita ilusión comezamos a nosa andaina que será a que conforme a historia deste club que o seu principal obxectivo e facernos medrar como persoas deportistas.

Un saúdo do presidente e fundador.

En Monforte de Lemos Reunidos los as Señores as :

Manuel Rodriguez Meira

Jose Antonio Ruiz Arias

Maria Hilda Ruiz Casanova

Patricia Rodriguez Lopez

Carlos Nogueiro Sanchez

 

Deciden crear unha sociedade de pesca deportiva sen animo de lucro só recreativa e social para uns aficcionados á pesca .

No seu momento poñeremos os estatutos basandonos na Lexislacion vixente.

 

 

 

 

 

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1