PIERO
DELLA FRANCESCA (c. 1415-1492)
Como
sucedera co arquitecto Alberti, e como sucederá con Leonardo, por limitarmos ó
Quattrocento, Piero della Francesca foi tamén un gran teórico, autor de
diversos tratados, entre eles un moi importante sobre perspectiva, e inspirador
de outros, como o que escribiu o seu discípulo Luca Pacioli, Divina Proporción.
Nacido
en Borgo Sansepolcro, unha localidade ben comunicada con Toscana, as Marcas e
Umbria que pasou a ser propiedade de Florencia a partir de 1441, o seu pai era
comerciante e Piero tivo a oportunidade de recibir unha boa educación, na que
se lle deu moita importancia ás matemáticas. Quizás de aí viñera a súa
afección á xeometría.
Gracias
a un documento de 1439 sabemos que Piero estivo traballando en Florencia con
Domenico Veneziano. Nese momento Paolo Ucello traballaba intensamente en temas
de perspectiva. Sen dúbida, este ambiente foi moi estimulante para o xove
pintor.
Piero
traballou para clientes de gran importancia, como a familia dos Este en Ferrara,
os Malatesta de Rimini ou na corte de Urbino.
A
súa pintura se caracteriza polo seu rigor xeométrico, a calidade estatuaria
das súas imaxes e a luz, fría que baña as escenas. Aberto a todo tipo de
influencias, incluíu temas –como a paisaxe continua- popularizados pola
pintura flamenga.
Unha
das súas pinturas máis coñecidas é a Virxe de Brera.
A. M. Maetzke e C. Bertelli (ed.) Piero della Francesca. The Legend of the True Cross Frescoes, Milán, 2001
E. Ferri, Piero della Francesca: Storia e misteri del maestro della luce, Milán, 2001
A. M. Maetzke, Introduzione ai capolavori de Piero della Francesca, Milán 1998
M.
A. Lavin, Piero della Francesca and his Legacy
Piero na rede