Practicas
Principal Arriba Practicas Material

 

As programacións para os distintos cursos inclúen a realización de prácticas como complemento imprescindible para a formación do alumnado.

En Bioloxía de 2º bacharelato relízanse unha serie de prácticas sobre as que o alumnado deberá responder algunhas cuestións no exame de selectividade. Recollemos as orientacións do grupo de traballo para a súa realización:

 

Orientacións do Grupo de Traballo ás experiencias prácticas

Práctica 1.- Determinación e observación de principios inmediatos en alimentos: azúcres reductores (tinción con reactivo de Fehling), amidón (tinción con Lugol), lípidos (tinción con Sudán III) e proteínas (reacción de Biuret)

Obxectivos:

· Identificación de principios inmediatos mediante ensaios simples de laboratorio

· Caracterización dos distintos tipos de moléculas en función das súas propiedades químicas

· Valorar a importancia das técnicas de identificación para detectar fraudes alimenticios

Procedemento:

Pódese atopar nos seguintes textos de Bioloxía de 2º de Bacharelato-Loxse

· Bahía, pxs. 73 e 111

· Bruño, px. 83

· Editex, px. 73

· Everest, pxs. 48, 50 e 82

· McGraw-Hill, px. 67

· Santillana, pxs. 59, 73 e 89 da edición de 1997

Cuestións:

· ¿Como nos permite o reactivo de Fehling distinguir entre os diferentes hidratos de carbono?

· ¿Poderías mediante a reacción de Fehling distinguir entre amidón e celulosa?

· Si dispuxeras de dúas solucións en dous tubos de ensaio, un con glucosa e outro con sacarosa, pero sin etiquetar, ¿como determinarías no laboratorio a identidade de cada tubo?

· ¿Como demostrarías no laboratorio o poder reductor dos glúcidos?. Indica o método e o material.

· ¿Que tipo de proceso ten lugar na tinción do amidón con Lugol?, ¿é unha reacción química? ¿poderías explicalo?

· ¿Como poderías investigar si unha sustancia descoñecida é unha proteína?

· ¿Por que a reacción do Biuret é positiva coas proteínas e non cos aminoácidos?

___________________________________________________________________________

Práctica 2.- Extracción do ADN

Obxectivos:

· Aprender técnicas sinxelas de extracción de moléculas de ADN dun tecido

· Identificar a estructura fibrilar do ADN

Procedemento:

Adxúntase un protocolo pero pódense atopar outros nos seguintes textos de Bioloxía de 2º de Bacharelato-Loxse:

· Editex, px. 71

· Santillana, px. 111 da edición de 1997

Tamén pódense atopar protocolos na rede como, por exemplo, na páxina:

gslc.genetics.utah.edu/units/activities/ extraction/index.cf

Existen tamén animacións moi didácticas que son de gran utilidade para explicar o empaquetamento do ADN, por exemplo:

http://www.dnaftb.org/dnaftb/29/concept/index.html

Cuestións:

· ¿Por que ó engadir sal ó homoxenado rómpense as membranas celulares?

· ¿Se non se eliminan as proteínas, pódese ver tamén a estructura fibrilar do ADN?, ¿por qué?.

___________________________________________________________________________

Práctica 3.- Observación de modelos tridimensionais de azúcares, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos

Obxectivos:

· Facilitar a comprensión da configuración espacial destas moléculas

· Axilizar a comprensión teórica do desenvolvemento das macromoléculas

· Recoñecer e diferenciar representacións sinxelas (tridimensionais e planas) das diferentes biomoléculas

· Explicar a relación estructura-función das biomoléculas. Destacar que a funcionalidade das proteínas e dos ácidos nucleicos depende da súa estructura tridimensional

· Caracteriza-la estructura secundaria do ADN

· Na medida do posible utilizar o modelo tridimensional do ADN para explicar a súa replicación

Procedemento:

Adxúntanse direccións de internet onde se poden atopar imaxes destas moléculas.

http://www.bioxeo.com

http://www.ehu.es/biomoleculas/AN/an4.htm

http://www3.usal.es/dbbm/modmol/index.html

Cuestións:

· ¿Por que o amidón, a celulosa e o plucóxeno son polisacáridos diferentes se todos están formados por moléculas de D-glucopiranosa?

· ¿Que diferencias existen a nivel da estructura molecular entre un lípido saponificable e outro que non o é? ¿Que diferencias tridimensionais existen entre os ácidos graxos saturados e insaturados co mesmo número de átomos de carbono?

· ¿Que diferencias hay entre as alfa-hélices e as láminas pregadas da estructura secundaria das proteínas? ¿A que débense as distintas estructuras das proteínas?

· ¿Cara onde quedan dirixidos as pontes de hidróxeno entre as bases nitroxenadas na estructura secundaria do ADN? ¿Qué moléculas forman o esquelete do ADN e cales as cadeas laterais?

· ¿Que ventaxas supón para a uniformidade e estabilidade das dúas cadeas do ADN que sempre se unan unha base púrica con outra pirimidínica? ¿Causaría algún problema a unión entre dúas bases púricas ou entre dous pirimidínicas?.

___________________________________________________________________________

Práctica 4.- Observación de vídeos animados sobre o proceso da síntese proteica

Obxectivos:

· Caracterizar os distintos tipos de ARN e diferencialos do ADN

· Resaltar a importancia da complementariedade de bases e do código xenético na síntese proteica

· Representar o fluxo de información desde unha determinada secuencia de bases do ADN á secuencia de aminoácidos dunha proteína

· Facilitar o estudio e a comprensión teórica do proceso de traducción

· Ver exemplos dos distintos tipos de mutacións que afectan á secuencia de bases do ADN e demostrar os efectos sobre a proteína traducida

Procedemento:

· Proxección dalgún vídeo (por exemplo, o vídeo nº 153 da colección Ciencias da vida da editorial Áncora, que se titula "Introducción á célula viva") sobre o proceso de traducción.

· Tamén pódense atopar animacións do proceso en páxinas de internet como, por exemplo, http://www.biostudio.com/case_freeman_protein_synthesis.html

http://www.dnaftb.org/dnaftb/22/concept/index.html

Cuestións:

· Coa axuda dunha tabla co código xenético, establecer os pasos que conducirán á síntese dun determinado péptido. ¿Que efecto tería a inserción, a sustitución e unha delección dun nucleótido na cadea de ADN que se transcribe?

· Coa axuda dunha tabla co código xenético, escribir todas as secuencias posibles de ADN que codifiquen para a síntese dun determiñado polipéptido. ¿Por que poden existir varias secuencias?

· ¿O número de ARNtransferentes é igual, maior ou menor que 20?. Xustificar a resposta.

· Enumera os compostos e estructuras que interveñen na síntese proteica, indicando o papel de cada ún no proceso. ¿Que se forma ó final?

 

Práctica 5.- Estudio da mitose en células de raíz de cebola: Tinción con fucsina ácida e/ou orceína

Obxectivos:

· Observación de cromosomas e estudio das etapas da mitose

· Adquirir experiencia na utilización de técnicas de procesamento de tecidos para o seu estudio a microscopía óptica

· Coñecer o manexo do microscopio óptico

· Coñecer e manexar as unidades de medida das células

· Valorar a contribución decisiva da microscopía no estudio e coñecemento da célula

Procedemento:

Adxúntase un protocolo pero pódense atopar outros nos seguintes textos de Bioloxía de 2º de Bacharelato-Loxse:

· Bahía, pxs. 166 e 186

· Bruño, px. 363

· Editex, px. 171

· Everest, px. 254

· Santillana, px. 245 da edición de 1997

Cuestións:

· ¿Por que escollemos para o estudio da mitose raíces de cebola? ¿poderíamos escoller anacos de folla?

· ¿Podemos observar en mitose de raíces de cebola o fuso acromático?, ¿por que?

· ¿En que momento da mitose identifícanse mellor os cromosomas para o seu reconto?

· Sobre un esquema dun microscopio identificar cada unha das partes indicando a función delas.

· ¿Como se calcula o número de aumentos?

· ¿Que é o poder de resolución dun microscopio?

· ¿Por que a preparación a observar nun microscopio ten que ser moi fina?

· ¿Para que se utilizan os colorantes? ¿Por que se utilizan diferentes colorantes segundo a preparación a observar?

· Sobre micrografías identificar algún orgánulo celular, algunha/s fase da mitose, ou identificar si é unha célula animal ou vexetal

___________________________________________________________________________

Práctica 6.- Observación de bacterias: Tinción de Gram (serrapio dental, iogur)

Obxectivos:

· Utilización de técnicas sinxelas para a observación de microorganismos

· Coñecer o manexo do microscopio óptico para a observación de bacterias (importancia do obxectivo de inmersión)

· Coñecer e manexar as unidades de medida das células e establecer comparacións entre tamaños de procariotas e de eucariotas

· Recoñecer os distintos modelos de parede bacteriana

Procedemento:

Adxúntase un protocolo, pero pódense atopar outros nos seguintes textos de Bioloxía de 2º de Bacharelato-Loxse:

· Bahía, pxs. 166 e 318

· Bruño, px. 409

· Editex, px. 347

· Everest, px. 141

· Santillana, px. 319 da edición de 1997

Cuestións

¿A que se debe o distinto comportamento das bacterias segundo sexan Gram+ ou Gram-?

¿Podemos utilizar os mesmos aumentos para observar bacterias que eucariotas?

¿Para que se necesita o aceite de inmersión?

___________________________________________________________________________

Práctica 7.- Búsqueda de información en libros e revistas (científicas e de divulgación) sobor os seguintes temas: Proxecto xenoma humano, clonación en animais, e plantas transxénicas, e análise das súas repercusión biolóxicas, económicas e sociais.

Obxectivos:

· Identificación das diferentes repercusións que teñen os coñecementos da bioloxía na sociedade

· Coñecer as posibilidades científicas que ofrecen as técnicas de clonación

· Apreciar a importancia do proxecto Xenoma Humano, especialmente en canto a que posibilitará diminuír os riscos de padecer enfermidades de base xenética

· Recoñecer a importancia da Biotecnoloxía en campos como a detección prematura de patoloxías, a reproducción ou a producción de alimentos

Procedemento:

Buscar a información en diferentes fontes de información, como poden ser xornais e revistas actuais, a prensa diaria e semanal, revistas científicas, documentais en T.V., debates en radio e T.V. e internet.

Cuestións:

· ¿Que relación existe entre o proxecto Xenoma Humano e a posibilidade de curar enfermidades de orixe xenética?

· ¿En que consiste a clonación?¿En que casos e con que fins estase levando a cabo na actualidade?

· ¿Que son as plantas transxénicas?¿Que ventaxas e inconvintes cres que ten o seu consumo?

___________________________________________________________________________

*Adxúntanse algunhas direccións de casas distribuidoras de material didáctico e de productos de laboratorio por si vos son de utilidade:

EDIS (Distribuidora de material didáctico)

Servei de Tecnologia Química

Universidad Rovira i Virgili

Avgda. Països Catalans, s/n

43007 Tarragona

Tfno: 977558213

Fax: 977558205

Correo electrónicol: [email protected]

Páxina web: http://www.stq.urv.es/edis

Distribuidoras de productos de laboratorio:

BOENTE

Curros Enríquez, 9 Apdo. 135

32003 Ourese

Tel. 988371753

Fax: 988372759

DROGALLEGA

Polígono de Pocomaco c/nº 1. Parc. G-13

15190 A Coruña

Tel.: 981280699

Fax: 981139824

GALMEDIC

C/ San Pedro de Visma, 109 Baixo

15191 A Coruña

Tel.. 981142500

Fax.: 981141410

Correo electrónico: [email protected]

HORTAS SUMINISTROS S.L.

Polígono Industrial del Tambre-Vía Edison

Ciudad do Transporte-Nave 86

Tel.: 981572020

Fax: 981572128

PROTOCOLO DA PRÁCTICA 2.- Extracción do DNA dos chícharos

MATERIAL

Chícharos (guisantes).

deterxente lavavaixelas

sal (NaCl)

auga destilada

líquido para limpar lentillas ou ben abrandador de carne

alcohol de 96

auga destilada

probeta de 250 cc

batidora

microscopio

METODO

- Mestura no frasco da batedora 400 g de guisantes con 200 ml de agua destilada e engade 3 culleradas de deterxente de lavavaixelas e unha de sal. Bate ben e filtra o líquido obtido (serve un colador metálico dos que tes na casa) pasado seguidamente a unha probeta.

- Engade un chorro de líquido para limpar lentillas e mestura ben todo.

- Engade 50 ml de alcohol moi coidadosamente, facédoo resbalar po las paredes do vaso para que non se mesture co filtrado e forme una capa sobre el separada por densidade.

- Deixa repousar durante uns minutos. Ollarás que vai subindo e mesturándose co alcohol unha maraña de fios brancos que serán o ADN dos chícharos.

- Co obxectivo de máximo aumento observa un anaco deses fios. O DNA debe verse como uns fios delgadiños e separados.

 

 

 

A solución de lavavaixelas e a sal máis a acción da batedora e capaz de rachar a parede celular e as membranas plasmática e nuclear.

O líquido limpalentiñas contribue a eliminar as proteínas que poidan contaminar o ADN.

O alcohol separa o ADN que é soluble en auga.

 

PROTOCOLO DA PRÁCTICA 5.- Estudio da mitosis en células de raiz de cebola: Tinción con fucsina ácida e/ou orceína

1. Manter varios dias un bulbo de cebola sobre un vaso cheo de auga, de maneira que a parte inferior do bulbo, de onde surxen as raíces, esté en contacto co auga. Para soster a cebola pódense utilizar tres paliños hixiénicos clavados no bulbo.

2. Cando as raíces crezcan uns tres centrímetros, cortar coas tesoiras os catro milímetros finais e colocalos nun vidro de reloxo cubríndoos con orceína A. Despois, quentar á chama do mecheiro ata que aparezan uns vapores febles (¡coidado, son tóxicos!). Débese procurar que durante este proceso a temperatura non supere en ningún momento os 60ºC. Para comprobalo, constantemente hay que retirar o vidro de reloxo de encima da chama, e apoyalo sobre o dorso da man, que en ningún caso debe notar

sensación de queimadura.

3. Utilizando unhas pinzas finas, colocar un dos trozos de raíz sobre un portaobxetos agregando varias gotas de Orceína B (é a mesma Orceína A pero cunhas gotas de ácido acético glacial) co contagotas.

4. Colocar encima un cubreobxetos e tres ou catro tiras de papel de filtro. A continuación, facer unha lixeira presión co dedo polgar, empezando suavemente e logo algo mais forte, procurando non romper o cubreobxetos, co fin de extender as células.

5. Observar ao microscopio a lo menos a 600 aumentos. Se houbo sorte poderanse ver células nas distintas fases da división mitótica.

6. Anotar todas as incidencias e realizar debuxos grandes das diferentes fases que se poidan recoñecer ao microscopio.

 

PROTOCOLO DA PRÁCTICA 6.- Observación de bacterias: Tinción de Gram (serrapio dental, iogur)

Material

Solución de cristal violeta

Mechero de alcohol

Lugol

Porta e cubreobxetos

Etanol 95%

Palillos

Safranina

Microscopio

Método

Prepara as mostras seguindo estos pasos:

1. Nunhas gotas de auga colacadas sobre un portaobxetos, disolve unha pequena cantidade de iogur coa axuda dun paliño hixiénico. Fai o mesmo coa mostra de serrapio dental extraido da boca de alguén.

2. Prepara unha fina extensión (frotis), noutros portas, deixándoos secar.

3. Fixa este frotis dándolle varios pases aos portas sobre a chama do mecheiro, coa mostra cara enriba.

Tingue agora os frotis fixados mediante os seguintes pasos:

1. Cubre ambos frotis con cristal violeta durante 3 min. Retírase o colorante mediante un suave lavado con auga, deslizando o auga sobre o porta, para non desprender a mostra. Cúbrese agora con Lugol durante 1 min., e despois realízase outro lavado suave. Tódalas células tinguiranse de violeta.

2. Retira o colorante co etanol, goteándoo polo portaobxetos, ata que as gotas que saen non teñan casi cor. As células Gram- perden o colorante violeta e quedarán incoloras. As Gram+ seguirían violeta.

3. Añade unha gota de auga á preparación e cubre as preparacións 2 min. con safranina (colorante de contraste). Finalmente, lava o colorante con auga. Este colorante só entrará nas bacterias Gram-, que quedarán roxas. As Gram+ seguirán violetas.

Seca as preparacións sobre papel de filtro e observaas co microscopio utilizando o obxetivo de inmersión. En esta tinción diferencial as bacterias Gram- aparecen roxas e as Gram+ violeta.

Fundamento: nesta tinción fórmase un complexo violeta-yodo, insoluble dentro da célula, que somentes é extraído polo alcohol nas bacterias Gram-. As bacterias Gram+ teñen unhas paredes celulares moi grosasque deshidrátanse polo alcohol, o que pecha os seus poros evitando que os complexos violeta-yodo saian das células.

Tense comprobado que mais que a composición química é a estructura física da parede a que confire a característica Gram+ ou Gram-. Asi, as levaduras que teñen unha grosa parede celular, con composición química diferente a das bacterias, tamén son organismos Gram+

 

Hosted by www.Geocities.ws

1