Laboratorio
Principal Profesorado Estudios Textos Laboratorio Fotos Recursos Actividades extraescolares

 

Practicas
Material

O laboratorio do departamento ocupa a aula B-012, e nel, ademais de realiza-las prácticas programadas para cada materia, impártense a maioría das clases, xa que nel dispomos do material audiovisual e bibliográfico utilizable na aula.

Para a utlización do laboratorio débense seguir unhas normas mínimas:

NORMAS XERAIS LABORATORIO:

·    Permanece na mesa que teñas asignada e non saias dela de non ser estrictamente necesario.

·    Non cambies de sitio nin intercambies os materiais das diferentes prácticas.

·    Manexa con coidado tódolos aparellos e o material de vidro.

·    Non uses substancias nin realices operacións ou reaccións non indicadas na práctica.

·    Ó acaba-la práctica, lava todo o material empregado, colócao como estaba cando iniciache-la práctica e deixa limpa a mesa.

·    Atende sempre ás instruccións do profesor/a e consulta con el/ela tódalas dúbidas.

 
Hosted by www.Geocities.ws

1