Obxectivos


Principal Seguinte

 

Os estatutos da Asociación establecen os seus fins, sen embargo, eses obxectivos non se poderán lograr sen a túa participación. É habitual confundir a ANPA coa súa Xunta Directiva pero para poder acadar o mellor funcionamento precisamos da túa implicación nas actividades, propostas, asembleas, etc.

Para poder mellorar precisamos das túas opinións ou suxestións. Podes transmitírnolas mediante o correo electrónico ou directamente a calquera dos membros da xunta directiva.

Fins da asociación:

a)      Asistir ás nais, pais ou titores en todo aquilo concernente á educación dos seus fillos ou pupilos.

b)      Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do Centro, cooperando coa dirección do colexio no estudo de métodos ou procedementos que sirvan para aumenta-lo nivel educativo.

c)      Promove-la participación dos pais dos alumnos na xestión do Centro.

d)      Asistir aos pais de alumnos no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión do Centro.

e)      Facilita-la representación dos pais de alumnos no Consello Escolar do Centro.

f)        Estimula-la participación dos pais de alumnos na programación xeral do ensino a través do órgano colexiado correspondente.

g)      Fomenta-las relacións de cooperación do Centro con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do entorno.

h)      Promove-la plena realización do principio de gratuidade no ámbito do Centro, a efectiva igualdade de dereitos de tódolos alumnos sen discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, raza ou sexo.

i)        Requirir aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación, recadando a atención e axudas que esta mereza.

j)        Promover actividades formativas e culturais, como cursos, conferencias, coloquios ou seminarios, para informar e orientar aos socios nos problemas relativos á educación dos fillos.

k)      Promover reunións de colaboración de pais con profesores e as boas relacións entre ambos.

l)        E todos aqueles non recollidos nos Estatutos e que sexan conformes á Lei.

Hosted by www.Geocities.ws

1