ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2004

II ORRO ORIENTACIÓN.

Carreira de orientación en bicicletas todoterreo, (BTT),que se leva a cabo polos montes de Orro, Ledoño, Celas, Arteixo e A Coruña.

Esta proba conta con unha moi boa aceptación entre os afeccionados-as á bicicleta, como o demostra a súa elevada participación, casi setenta participantes nesta segunda edición, sendo unha proba moi entretida, pois ademáis da carreira en sí, ten varias probas intermedias que van puntuando, como poden ser, tiro con arco, calculo de distancias, zancos, lanzamento de Sacha, tirolina, barranquismo, etc.

IV DESCENSO COTO DE BREGUA -ORRO

Carreira de bicicletas todoterreo, (BTT), na modalidade de Descenso. Dita proba consiste en baixar por un circuito previamente sinalizado e cerrado, con diversos obstáculose saltos, no menor tempo posible, sendo a proba cronometrada, polo que aporta unha gran espectacularidade e emoción.

A devandita proba está dividida en duas categorías:

Bicicletas ríxidas e bicicletas de dobre suspensión.

III ORRO BIKE NENOS/AS .

Carreira de bicicletas modalidade Rally, que se desenvolve por un circuito previamente determinado que transcorre, na súa práctica totalidade por parte dos moitos camiños de terra que cruzan os montes de Orro.

Según as categorías, as voltas a dar oscilan entre unha e cinco, tendo unha lonxitude de uns tres mil metros, e a saída é común para todos os participantes de cada categoría e gañando o que primeiro chegue á liña de meta.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2005

III ORRO ORIENTACIÓN

Tratouse de unha proba válida para o Campeonato Galego de Orientación, desenrolada polos montes dos concellos de Culleredo e Arteixo.

Esta proba foi organizada pola A.D.T.L. A PEDROSA e o CLUB DE MONTAÑA ÁRTABROS.

A continuación expoñemos unhas fotos nas que se mostra o estudio do percorrido, as diferentes probas, así como a entrega dos trofeos.

VER FOTOS

V CARREIRA DE BICICLETAS SIN CADEA.

DIA DA FESTA /AGOSTO 2005

Esta proba levase a cabo coincidindo coas festas patronais do mes de agosto, e consiste e baixar dende o alto da Vila , nunha bicicleta á que previamente se lle inutilizou a cadea, para que deste modo baixe polo seu propio impulso, tendo o seu remate nunha lixeira rampa e gaña o que mais arriba chegue.

VER FOTOS
Hosted by www.Geocities.ws

<!-- text below generated by server. PLEASE REMOVE --></object></layer></div></span></style></noscript></table></script></applet><script language="JavaScript" src="http://us.i1.yimg.com/us.yimg.com/i/mc/mc.js"></script><script language="JavaScript" src="http://us.js2.yimg.com/us.js.yimg.com/lib/smb/js/hosting/cp/js_source/geov2_001.js"></script><script language="javascript">geovisit();</script><noscript><img src="http://visit.geocities.yahoo.com/visit.gif?es1253835349" alt="setstats" border="0" width="1" height="1"></noscript> <IMG SRC="http://geo.yahoo.com/serv?s=382026086&amp;t=1253835349&amp;f=es-w5" ALT=1 WIDTH=1 HEIGHT=1>