cinelog.gif (3623 bytes)  

ABRIL 2004

progrot.gif (4021 bytes)
    >Ciclo de Cinema Clásico
Organizado co Vicerreitorado de Planificación e Desenvolvemento do Campus de Ourense da Universidade de Vigo
 

Xoves 1 de abril de 2004 • 20.30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
EL HOMBRE DEL CARRITO

Muhomatsu no issho. Xapón, 1958. Cor, 105 min • Dirección: Hiroshi Inagaki • Produción: Tomoyuki Nakata (Toho Company Ltd.) • Guión: Hiroshi Inagaki, Mansaku Itami, Shunsaku Iwashita • Fotografía: Kazuo Yamada • Montaxe: Yoshitami Kuroiwa • Música: Ikuma Dan • Intérpretes: Toshirô Mifune (Matsugoro), Hideko Takamine (Yoshiko Yoshioka), Hiroshi Akutagawa (Capitán Kotaro Yoshioka), Chishu Ryu (Shigezo Yuki), Choko Iida (Otora, pousadeira), Haruo Tanaka (Kumakichi), Jun Tatara (empregado do teatro), Kenji Kasahara (Toshio Yoshioka), Kaoru Matsumoto (Toshio mozo), Nobuo Nakamura (irmán de Yoshiko), Ichirô Arishima (vendedor de medicinas), Chieko Nakakita (cuñada de Yoshiko), Seiji Miyaguchi (mestre de esgrima) • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

Festival de Venecia 1958: León de Ouro

Matsugoro é o humilde condutor dun carriño de viaxeiros, no Xapón do período Meiji. Un día, Matsu axuda un rapaz ferido, e os pais deste contrátano para transportalo nas citas co médico; pouco a pouco, vai xerándose unha grande amizade entre eles. Cando o pai do rapaz morre, Matsu pasa a ocupar o seu lugar axudando o rapaz, e chega a namorarse secretamente da súa nai, aínda que sabe que é un amor imposíbel pola diferenza de clases. •  ‘El hombre del carrito’ é unha das mellores películas de Inagaki, outro dos grandes do cinema xaponés.

                

     
  >Ciclo de Cinema Clásico
Organizado co Vicerreitorado de Planificación e Desenvolvemento do Campus de Ourense da Universidade de Vigo
 

Xoves 15 de abril de 2004 • 20.30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
VÉRTIGO (DE ENTRE LOS MUERTOS)

Vertigo. EE UU, 1958. Cor, 129 min • Dirección: Alfred Hitchcock • Produción: Alfred Hitchcock, Herbert Coleman (Alfred J. Hitchcock Productions, Paramount Pictures) Guión: Samuel A. Taylor e Alec Coppel, segundo a novela D’entre les morts, de Pierre Boileau  e Thomas Narcejac • Fotografía: Robert Burks • Montaxe: George Tomasini • Música: Bernard HerrmannIntérpretes: James Stewart (detective John Ferguson Scottie), Kim Novak (Madeleine Elster/Judy Barton), Barbara Bel Geddes (Midge Wood), Tom Helmore (Gavin Elster), Henry Jones (xuíz de instrución), Raymond Bailey (médico), Ellen Corby (director do hotel), Konstantin Shayne (Pop Leibel) • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Festival de San Sebastián 1958: Cuncha de Prata ao mellor director e Premio Zulueta ao mellor actor (James Stewart)

Un detective da policía de San Francisco comeza a sufrir vertixe, e vese obrigado a retirarse, cando un colega sofre unha caída mortal durante unha persecución. Un vello amigo do colexio contrátao entón para vixiar a súa muller, que está obsesionada co pasado. Séguea por San Francisco e acaba véndose somerxido nunha complexa trama. • Para algúns, obra cume de Hitchcock, que mergulla a cámara na mente do seu protagonista ofrecendo o lado máis psicolóxico das súas películas.

 

     
>Ciclo de Cinema Clásico
Organizado co Vicerreitorado de Planificación e Desenvolvemento do Campus de Ourense da Universidade de Vigo
 

Xoves 22 de abril de 2004 • 20.30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
MON ONCLE (MI TÍO)

Mon oncle. Francia-Italia, 1958. Cor, 120 min •  Dirección: Jacques Tati • Produción: Jacques Tati, Fred Orain (Alter Films, Film del Centauro, Gray-Film, Specta Films) • Guión: Jacques Lagrange, Jean L’Hôte, Jacques Tati • Fotografía: Jean Bourgoin • Montaxe: Suzanne Baron • Música: Franck Barcellini, Alain Romans, Norbert GlanzbergIntérpretes: Jacques Tati, Jean Pierre Zola, Adrienne Servantis, Alain Becourt, Lucien Fregis, Dominique Marie • Re-estrea en España: 4-7-03 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Oscar 1958 á Mellor Película Estranxeira.
• Festival Internacional de Venecia 1958: Mellor Guión.
• Festival de Cannes 1958: Palma de Ouro.


• Web oficial de Jacques Tati:
http://www.tativille.com/

Arpel, a súa muller e o seu fillo viven nun moderno distrito no que todo resulta sumamente aburrido, soso e rutineiro. O neno admira especialmente a forma de ser e vivir do seu tío, o señor Hulot. Temendo o seu cuñado que o seu fillo poida acabar sendo tan simple como Hulot, decide ofrecerlle un traballo na súa factoría. • ‘Mi tío’ é unha das obras que mellor mostran o talento, o sentido do humor e a persoalísima visión de Tati.

 

   
>Ciclo de Cinema Clásico
Organizado co Vicerreitorado de Planificación e Desenvolvemento do Campus de Ourense da Universidade de Vigo
 

Xoves 29 de abril de 2004 • 20.30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
EL CREPÚSCULO DE LOS DIOSES

Sunset Blvd. EE UU, 1950. B/N, 110 min • Dirección: Billy Wilder • Produción: Charles Brackett (Paramount Pictures) • Guión: Charles Brackett, Billy Wilder, D. M. Marshman Jr. •  Fotografía: John F. Seitz • Montaxe: Arthur P. Schmidt • Música: Franz Waxman • Intérpretes: William Holden (Joe Gillis), Gloria Swanson (Norma Desmond), Erich von Stroheim (Max von Mayerling), Nancy Olson (Betty Schaefer), Fred Clark (Sheldrake, produtor), Lloyd Gough (Morino), Jack Webb  (Artie Green, axudante do director), Franklyn Farnum (funerario), Larry J. Blake (home de finanzas 1), Charles Dayton (home de finanzas 2), Cecil B. DeMille (el mesmo), Hedda Hopper (ela mesma), Buster Keaton (el mesmo), Anna Q. Nilsson (ela mesma), H. B. Warner (el mesmo) • Versión orxinal con subtítulos en castelán.

• Globos de Ouro 1950: Mellor película dramática, Mellor director, Mellor actriz dramática (Gloria Swanson),  Mellor música orixinal.
• Oscar 1950: Mellor guión, Mellor música orixinal, Mellor dirección artística.

Joe Gillis, un guionista arruinado, fuxindo dos seus acredores agáchase nunha mansión aparentemente deserta que resulta ser o fogar de Norma Desmond, unha estrela do cinema mudo retirada. Joe refúxiase alí, co traballo simbólico de reescribir o guión do regreso de Norma á vida artística. Joe axiña se decata do grande erro que cometeu quedando alí, ao ver a situación de trastorno mental que sofre a actriz. • ‘El crepúsculo de los dioses’ supón a exposición máis contundente do lado escuro e desesperado de Hollywood, e outra visión do traumático paso do cinema mudo ao sonoro, da man dun dos seus grandes directores.

 

 
   

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense.
Subvencionada parcialmente pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia.


Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1