cinelog.gif (3623 bytes)  

OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO 2003

progrot.gif (4021 bytes)
bellevillm.jpg (28142 bytes)     >> CICLO «CINEMA E BD»
Dentro do programa das XV Xornadas de Banda Deseñada de Ourense
En colaboración coa Casa da Xuventude de Ourense

Mércores 8 de outubro de 2003 • 20.30 e 23 h.

Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
BICHUNMOO

Bichunmoo. Corea do Sur, 2000. Cor, 118 min. • Dirección e guión: Kim Young-jun • Producción: Lee Tae-won, Yoo Jung-Ho (Taewon Entertainment)Fotografía: Byeon Hee-Seong • Música: Kim Seong-jun • Montaxe: Lee Eun-mi • Intérpretes: Shin Hyun-joon, Kim Hee-seon, Jeong Jin-young, Jang Dong-jik • Data de estrea en España: 20-06-2003 • Versión orixinal subtitulada en castelán.

Na antiga China, dous rapaces, Sullie e Jihna, ven como se rompe o seu amor cando ela se traslada co seu pai a Shoung, onde el argalla casala para formar unha alianza cun poderoso guerreiro. Mentres, Jihna descobre que o pai da rapaza ordenou o masacre da súa familia. Inflamado pola vinganza, métese en pelexas de artes marciais. Nunha delas, é axudado por Junkwang, que, curiosamente, resulta ser a persoa coa que Sullie ha de casar. Cando Junkwang descobre o amor entre ambos, argalla a morte de Jihna.

Xoves 9 de outubro de 2003 • 20.30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
BIENVENIDOS A BELLEVILLE

Les Triplettes de Belleville. Francia-Canadá-Bélxica, 2003. Cor, 80 min. • Produción: Viviane Vanfleteren, Régis Ghezelbash, Colin Rose (Les Armateurs, France 3 Cinéma, RGP France, Production Champion, Vivi Film) • Director: Sylvain Chomet • Guión: Sylvain Chomet • Montaxe: Chantal Colibert Brunner • Música: Benoît Charest • Data de estrea en España: 29-08-2003 • Versión dobrada.

• Festival de Cannes 2003: sección oficial
• Festival de Copenhage 2003: sección oficial

Web: http://www.lestriplettesdebelleville.com                        
 
Madame de Souza somete o seu sobriño Champion, a quen adoptou, a un intenso adestramento para facer del un bo ciclista, xa que descobre que iso o entusiasma. Cos anos, Champion prepárase para participar no Tour de Francia. Porén, durante esta carreira dous misteriosos homes de negro o secuestran, e Madame de Souza e o seu fiel can Bruno propóñense rescatalo. A súa busca levaraos ao outro lado do océano, á enorme cidade de Belleville, onde coñecen as tres xemelgas da cidade. Unha homenaxe animada ao cinema de Jacques Tati, elaborada practicamente sen diálogos.                          

 

Ampliar a imaxe Xoves 27 de novembro de 2003 • 20.30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
EL BONAERENSE

El bonaerense.
Arxentina-Francia-Holanda-Chile, 2002. Cor, 105 min. • Dirección: Pablo Trapero • Produción: Pablo Trapero (Matanza Cine, Pol-Ka Producciones, Videocolor Postproducción, StudioCanal) • Guión: Pablo Trapero • Fotografía: Guillermo Nieto • Montaxe: Nicolás Goldbart • Música: Pablo Lescano, Damas Gratis • Intérpretes: Jorge Román, Mimí Ardu, Darío Levy, Víctor Hugo Carrizo, Hugo Anganuzzi, Graciana Chironi, Luis Viscat • Data de estrea en España: 27-06-2003 • Versión orixinal

• Festival de Cannes 2002: Selección Oficial «Un certain regard»
• Festival de Chicago 2002: Premio Fipresci
• Festival de Huelva 2002: sección oficial
• Festival Latinoamericano de Lleida: Mellor Película


Web: http://www.elbonaerensefilm.com

A vida rutineira de Zapa, un cerralleiro nunha aldea pequena e tranquila da provincia de Buenos Aires, transcorre entre contados traballos, ata que é detenido pola policía local e acusado de roubo por abrir unha caixa forte a instancias do dono da cerrallaría. O seu tío Ismael, policía bonaerense retirado, sácao do cárcere e envíao ao Gran Buenos Aires cunha carta de recomendación. Deste xeito, Zapa convértese nun xove aspirante a axente da policía bonaerense. Nova película do director de ‘Mundo grúa’.

 

lavidam.jpg (34301 bytes) Xoves 4 de decembro de 2003 • 20.30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
LA VIDA

C’est la vie.
Francia, 2001 • Cor, 113 min. • Director: Jean-Pierre Améris • Produción: Philippe Godeau (Pan Européenne Production, en coprodución con Productions René Goscinny e France 3 Cinéma) • Guión: Jean-Pierre Améris, Caroline Bottaro, a partir dunha novela de Marie Hennezel • Fotografía: Yves Vandermeeren • Montaxe: Martine Giordano Intérpretes: Jacques Dutronc, Sandrine Bonnaire, Emmanuelle Riva, Jacques Spiesser, Annie Gregorio, Marilyne Canto, Patrick Lizana, Thierry Raso, Julia Vaidis-Bogard • Data de estrea en España: 04-07-2003

• Festival de San Sebastián 2001: Cuncha de Prata ao mellor director

Dimitri ingresa en La Maison, un lugar que acolle aqueles aos que a medicina xa non ofrece esperanza ningunha. Coñece alí a Suzanne, unha voluntaria nova que elixiu acompañar as persoas que se achegan ao termo da vida. Esa rapaza radiante e chea de vida agacha tras a súa grande disponibilidade e altruísmo un segredo, unha fraxilidade. El, que xa non esperaba nada, vai vivir nesa casa con maior plenitude ca nunca. Durante ese acompañamento, Dimitri e Suzanne haberán amarse e axudarse mutuamente.

 

auditionm.jpg (7156 bytes) Xoves 11 de decembro de 2003 • 20.30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
AUDITION


Oodishon.
Xapón-Corea do Sur, 1999. Cor, 115 min. • Director: Takashi Miike • Produción: Satoshi Fukushima, Akemi Suyama (Omega Project, AFDF) • Guión: Daisuke Tengan, a partir dunha novela de Ryu Murakami • Fotografía: Hideo Yamamoto • Montaxe: Yasushi Shimamura • Música: Kôji Endô • Intérpretes: Ryo Ishibashi, Eihi Shiina, Tetsu Sawaki, Jun Kunimura, Renji Ishibashi, Miyuki Matsuda, Toshie Negishi • Data de estrea en España: 19-07-2002

• Fantasporto 2001: Mención Especial do Xurado de Filmes fantásticos
• Festival de Rotterdam 2000: Premio Fipresci, Premio KNF


Shigeharu, un produtor que leva sete anos traumatizado pola morte da súa esposa, namórase de novo ao coñecer a Asami, unha fermosa bailarina que sempre viste de branco, no transcurso dun casting. Porén, axiña descubrirá que non é ouro todo o que reloce e que a rapaza ten unha inquietante afección. Unha das mellores mostras do novo cinema de terror xaponés, da man dun dos seus máis prolíficos e respectados directores.
      

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense.
Subvencionada parcialmente pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia.


Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1