cinelog.gif (3623 bytes)  

MARZO 2003

progrot.gif (4021 bytes)
   
Ampliar a imaxe — ATENCIÓN: PROXECCIÓN SUSPENDIDA —
A CAUSA DAS OBRAS DE INSTALACIÓN ELÉCTRICA NO SALÓN DE ACTOS.
A PROGRAMACIÓN REINICIARASE O 20 DE MARZO — DESCULPADE AS MOLESTIAS

Xoves, 13 de marzo de
2003 • 20,30 e 23 h.

ESTREA EN OURENSE
Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
COMPETENCIA DESLEAL


Concorrenza sleale.
Italia-Francia, 2001. Cor, 110 min. • Director: Ettore Scola • Producción: Franco Committeri (Medusa Produzione, Les Films Alain Sarde, France 3 Cinéma) • Guión: Fulvio, Furio e Giacomo Scarpelli, Ettore e Silvia Scola • Fotografía: Franco di Giacomo • Música: Armando Trovajoli • Montaxe: Raimondo Crociani • Intérpretes: Diego Abatantuono, Sergio Castellitto, Gérard Depardieu, Claude Rich, Jean-Claude Brialy • Data de estrea en España: 13-09-2002 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Premios David de Donatello 2001: mellor deseño de producción
• Moscú 2001: Premio de prata ao mellor director


Umberto é o propietario dunha elegante xastrería que está perdendo clientes a favor do seu competidor, un xudeu chamado Leone. Sen embargo, a outro nivel as familias se levan ben: os fillos pequenos de ambos son compañeiros de clase e inseparables amigos, e os fillos maiores son noivos. Pero a aprobación das «leis raciais» en 1938 dan ao traste con todo.

 

>> CICLO DE CINEMA CLÁSICO
Obradoiros de Extensión Universitaria

(Vicerrectorado de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo)

Xoves, 20 de marzo de
2003 • 20,30 e 23 h.

Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
LA LEY DE LA HOSPITALIDAD

Our Hospitality. EE UU, 1923. B/N, 74 min. • Dirección: Buster Keaton, J. G. Blystone • Producción: Joseph M. Schenck (Joseph M. Schenck Productions) • Guión: Clyde Bruckman, Jean C. Havez, Joseph A. Mitchell • Fotografía: Gordon Jennings, Elgin Lessley • Intérpretes: Joe Roberts (Joseph Canfield), Ralph Bushman (Clayton Canfield), Craig Ward (Lee Canfield), Monte Collins (o párroco), Joe Keaton (o enxeñeiro), Kitty Bradbury (a tía Mary), Natalie Talmadge (Virginia Canfield), Buster Keaton Jr. (Willie McKay neno), Buster Keaton (Willie McKay) • Muda, sonorizada en español.


Un home regresa á súa granxa nos Apalaches. No camiño, namórase dunha rapaza. O problema é que a familia da rapaza xurara matar todos os membros da familia del. Unha das comedias máis memorables do xenial Buster Keaton.

 

>> CICLO DE CINEMA CLÁSICO
Obradoiros de Extensión Universitaria

(Vicerrectorado de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo)

Xoves, 27 de marzo de 2003 • 20,30 e 23 h.

Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11)
EL VERDUGO


El verdugo/La ballata del boia
. España-Italia, 1963. B/N, 90 min. • Dirección: Luis García Berlanga • Producción: Nazario Belmar, José Manuel M. Herrero (Interlagar Films, Naga Films, Zebra Films) • Guión: Rafael Azcona, Ennio Flaiano, Luis García Berlanga • Fotografía: Tonino Delli Colli • Montaxe: Alfonso Santacana • Música: Miguel Asins Arbó, Adolfo Waitzman • Intérpretes: Nino Manfredi (José Luis, o enterrador), Emma Penella (Carmen), José Isbert (Amadeo, o verdugo), José Luis López Vázquez (Antonio), Ángel Álvarez (Álvarez, o enterrador), Guido Alberti (director da prisión), Julia Caba Alba (mujer visitante da obra), María Luisa Ponte (Estefanía), María Isbert (Ignacia), Xan das Bolas (Garda da obra), Félix Fernández (monaguillo) • Versión orixinal.

• Festival de Venecia 1963: Sección oficial; Premio Fipresci

Un funerario casa coa filla dun vello verdugo e, aínda que non gusta do oficio, vese na obriga de continuar a profesión do seu sogro cando este se retira. Clásico do cinema español, achegando unha aceda visión á sociedade do momento.

 

 

      

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense

Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1