cinelog.gif (3623 bytes) OUTUBRO 2002
progrot.gif (4021 bytes)
   
>>«CINEMA E BANDA DESEÑADA»


Dentro do programa das XIV Xornadas de Banda Deseñada de Ourense
Co patrocinio da Casa da Xuventude de Ourense

 

Ampliar a imaxe >> Mércores, 9 de outubro de 2002 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (Casa da Cultura, rúa Concello 11)
Estrea en Galicia
METROPOLIS

Metropolis
. Xapón, 2001. Cor, 107 min. • Dirección: Rin Tarô • Producción: Tezuka Production Company, Metropolis Project • Guión: Katsuhiro Ôtomo, a partir da BD homónima de Osamu Tezuka • Dirección Artística: Shuichi Hirata • Deseño de personaxes: Yasuhiro Nakura • Música: Toshiyuki Honda • Voces na versión orixinal: Yuka Imoto (Tima), Kei Kobayashi (Kenichi), Kouki Okada (Rock), Toshio Furukawa (Xeneral), Junpei Takeguchi (Dr. Laughton) • Data de estrea en España: 24-05-2002 • Versión dobrada en castelán.

Web oficial (inglés): www.metropolis-movie.com

Metropolis é una grandiosa cidade de humanos e robots, que cohabitan unha sociedade estrictamente segmentada. En medio do caos creado por faccións de robots, o detective Shunsaku Ban e o seu axudante Ken-ichi buscan un científico rebelde para arrestalo e quitarlle a súa última creación, Tima, unha preciosa robot. 'Metropolis' é unha das máis importantes películas de animación dos últimos anos, en homenaxe aos mestres Tezuka e Lang.

 

Ampliar a imaxe >> Xoves, 10 de outubro de 2002 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Biblioteca Pública (Casa da Cultura, rúa Concello 11)
Estrea en Ourense
GHOST WORLD

Ghost World. Reino Unido-EE UU, 2001. Cor, 111 min. • Dirección: Terry Zwigoff • Producción: Lianne Halfon, John Malkovich, Russell Smith (Advanced Medien, Capitol Films, Granada Film Productions, Jersey Shore, Mr. Mudd, United Artists) • Guión: Terry Zwigoff, Daniel Clowes, a partir da BD homónima do segundo • Fotografía: Affonso Beato • Música: David Kitay • Montaxe: Carole Kravetz-Aykanian, Michael R. Miller • Intérpretes: Thora Birch, Scarlett Johansson, Steve Buscemi, Brad Renfro, Illeana Douglas, Bob Balaban, Stacey Travis, Charles C. Stevenson Jr. • Data de estrea en España: 04-01-2002 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Oscar 2002: Nomeada ao mellor guión adaptado
• Globos de Ouro 2002: Nomeada á mellor actriz (Thora Birch) e ao mellor actor secundario (Steve Buscemi)
• Deauville 2001: Premio Especial do Xurado, Mellor actriz (Thora Birch)
• Karlovy Vary 2001: Mención Especial do Xurado Ecuménico


Webs oficiais: www.ghostworld-themovie.com, www.mgm.com/ghostworld

Enid e Rebecca, dúas rebeldes adolescentes amigas desde hai anos, non saben como pasar o tempo agora que xa remataron os estudios de secundaria. Malia os seus tímidos esforzos por atopar traballo, a miúdo acaban deambulando polas rúas, asexando o comportamento da xente que as rodea. Atraídas polos personaxes excéntricos, adoitan ollar os anuncios personais do xornal local. Enid chama ao autor do anuncio máis lamentable, un home solitario de corenta anos, coleccionista de discos, e o convida a unha cita a cegas. Ambas acudirán ao restaurante convido para espialo e saber como é a súa vida.

 




      

 

 

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense

Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1