cinelog.gif (3623 bytes) 2001.gif (2417 bytes)

OUTUBRO-DECEMBRO

progrot.gif (4021 bytes)
   
mononok1.jpg (12291 bytes)

mononok2.jpg (18176 bytes)

>CINEMA E BANDA DESEÑADA
Martes, 9 de outubro de 2001 • 21 h
.

Teatro Principal de Ourense (Rúa da Paz 9)
Dentro do programa das XIII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, en colaboración coa Casa da Xuventude de Ourense


LA PRINCESA MONONOKE

Mononoke Hime. Xapón, 1998. Cor, 130 min. Dirección e guión: Hayao Miyazaki • Producción:
Toshio Suzuki (Studio Ghibli) • Música: Joe Hisaishi • Montaxe: Takeshi Seyama • Dirección de Fotografía: Hayao Miyazaki, Takeshi SeyamaVersión dobrada

Sitio oficial en inglés (Miramax): www.princess-mononoke.com

Famoso filme do creador do cómic Nausicaä, un dos grandes xenios da BD e do cinema actuais. Historia de reflexión ecolóxica ambientada no Xapón medieval. A película que sorprendeu aos que crían que a animación só era para cativos.

 

Mércores, 10 de outubro de 2001 • 21 h.
Teatro Principal de Ourense (Rúa da Paz 9)
Dentro do programa das XIII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, en colaboración coa Casa da Xuventude de Ourense

ESTREA EN OURENSE

MARCO ANTONIO: RESCATE EN HONG KONG

Marco Antonio: Rescate en Hong Kong. España-Canadá, 2000. Cor, 75 min. Dirección: Carlos Varela, Manuel J. García • Producción: José Manuel Fernández (Merlín Animación) • Guión e personaxes: Mique Beltrán • Música: José Miguel Ros, Carlos Rufo, Pablo Navarro, José Manuel Fernández • Versión española


Aventuras para todos os públicos a partir da popular serie de cómic protagonizada por Marco Antonio, un neno con poderes telequinéticos, e a súa nai a actriz Cleopatra.

 

Xoves, 22 de novembro de 2001 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
ESTREA EN OURENSE


¡AL ATAQUE!

À l'attaque!
Francia, 2000. Cor, 90 min. •
Dirección: Robert Guédiguian • Guión: Robert Guédiguian, Jean-Louis Milesi • Producción: Robert Guédiguian, Michel Saint-Jean, Gilles Sandoz (Agat Films & Cie, Diaphana Films, Le Studio Canal Plus, TF1 Films Productions) • Fotografía: Bernard Cavalié • Música: Jacques Menichetti • Montaxe: Bernard Sasia • Intérpretes: Ariane Ascaride, Pierre Banderet, Frédérique Bonnal, Patrick Bonnel, Jacques Boudet, Christine Brücher, Francis Caviglia, Romane Dahan • Data de estrea en España: 06-04-2001 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.


www.golem.es/alataque

No Garaxe «Moliterno & Cie», Gigi e o seu curmán Jean-Do dedícanse a arranxar os coches que logo Lola abrillantará mentres que Marthe prepara as facturas. Pépé, o avó, ensínalle o neno cancións italianas revolucionarias á vez que Vanessa e Mouloud venden flores e ourizos no mercado. Toda a familia pon o seu gran de area, durante doce horas ao día, sete días á semana, para sobrevivir nuns momentos nos que o desemprego é elevado. Pero a globalización aparece no horizonte e unha multinacional ameaza a súa supervivencia. Comedia do director de
Marius et Jeannette e La ville est tranquille, fiel ao cinema de temática social abordado con certo sentido do humor, pero sen abandonar a belixerancia política. Protagoniza Ariane Ascaride (mellor actriz en Valladolid 2000 por La ville est tranquille).



Ampliar a imaxe Xoves, 29 de novembro de 2001 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
ESTREA EN OURENSE


TUVALU

Tuvalu. Alemaña, 1999. Branco e negro coloreado en negativo, 100 min. •Dirección: Veit Helmer • Producción: Veit Helmer (Veit Helmer Filmproduktion) • Guión: Veit Helmer, Michaela Beck • Fotografía: Emil Hristow • Música: Goran Bregovic, Jürgen Knieper • Montaje: Araksi Mouhibian • Intérpretes: Denis Lavant, Chulpan Khamatova, Philippe Clay, Terrence Gillespie, E. J. Callahan, Djoko Rosic, Catalina Murgea, Todor Georgiev • Data de estrea en España: 20-07-2001 • Versión orixinal sen diálogos.


Premio do Público e Premio Especial do Xurado á Película Fantástica Internacional en Fantasporto 2000
• Premio FIPRESCI no Festival de Flandes 1999 (Gent, Bélxica)
• Premio do Público no Max Öphuls Festival 2000 (Alemaña)
• Premio Vision Award á Fotografía no Festival de Slamdance 2000 (Park City,
EE.UU.)
• Premio Bavarian Film 2000 á mellor opera prima
• Premio Visionary Production no Sidewalk Festival 2000


Fotos: www.bavaria-film-international.de/htmls/filmpages/f01_001phot.html

Dirixida polo alemán Veit Helmer (gañador de multitude de premios por diversas curtas como Surprise!) esta cinta foi rodada en branco e negro nuns antigos baños de Sofía (Bulgaria), sendo coloreada no laboratorio. Non existen subtítulos nin diálogos, e as palabras que se pronuncian resultan intencionadamente inintelixibles. Con esta cinta Helmer tenta recuperar os modos de facer do cinema mudo, usando tan só a propia imaxe e a expresión corporal dos actores. O argumento
xira en torno a Anton, un rapaz retraído e aprendiz de monitor nunha piscina, escenario onde se desenvolve toda a historia. Denis Lavant (
Les Amants du Pont-Neuf, Don Juan de Molière) dá vida ao protagonista masculino; a protagonista femenina é a rusa Chulpan Hamatova, que puidemos ver no filme Luna Papa. Música de Goran Bregovic



Xoves, 13 de decembro de 2001 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
ESTREA EN OURENSE


COMIDA RÁPIDA, MUJERES ACTIVAS

Fast Food, Fast Women. Francia-Italia-EE.UU., 2000. Cor, 95 min. • Dirección: Amos Kollek • Producción: Hengameh Panahi, Avram Ludwig, Sherry Greenberg (Lumen Films, Orly Films, Paradis Films, Pandora Films, BIM Distribuzione, Fast Productions) • Guión: Amos Kollek • Fotografía: Jean-Marc Fabre • Música: David Carbonara • Montaxe: Sheri Bylander • Intérpretes: Anna Levine, Louise Lasser, Robert Modica, Lonette McKee, Victor Argo, Angelica Torn, Austin Pendleton • Data de estrea en España: 19-01-2001 • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

www.priceofmilk.com/fastfoodfastwomen


O director de orixe israelí afincado en EE.UU. Amos Kolleck ten no seu currículo unha decena de filmes entre os que destaca Sue perdida en Manhatan, a cinta que lle outorgou o recoñecemiento internacional gracias ao premio concedido pola Federación Internacional da prensa cinematográfica (FIPRESCI) no Festival de Berlín de 1998 e a única estreada no noso país. Agora regresa con esta comedia romántica sobre o eterno tema do ansiado e fuxidío amor, unha fita ateigada de diálogos rápidos e irónicos e salpicada de situacións equívocas, na que utiliza unha técnica próxima ao documental, técnica que foi perfeccionando nos seus anteriores títulos como Bad Girls, Double Edge ou Teddy Kolleck. Nesta ocasión conta cos protagonistas de case todas as súas últimas películas, entre elas Anna Thomson, a protagonista de Sue, perdida en Manhatan, Jamie Harris, Louise Lasser (a primeira esposa de Woody Allen, que aparecía en Toma el dinero y corre), e Victor Argo, a quen temos visto en películas como Ghost Dog: el camino del samurai.

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense

Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1