cinelog.gif (3623 bytes) 2001.gif (2417 bytes)

MARZO

progrot.gif (4021 bytes)
Ampliar a imaxe     Xoves, 1 de marzo de 2001 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
¡QUÉ PASADA!

Purely Belter. Reino Unido, 2000. Cor, 99 min. • Dirección: Mark Herman • Guión: Mark Herman, baseado na novela The Season Ticket, de Jonathan Tulloch • Productores: Elizabeth Karlsen, Cathy Lord (Mumbo Jumbo Productions, para Film Four International) • Producción executiva: Stephen Woolley • Fotografía: Andy Collins • Música: Ian Broudie, Michael Gibbs • Montaxe: Michael Ellis • Intérpretes: Chris Beattie (Gerry McCarten), Greg McLane (Sewell), Charlie Hardwick (Señora McCarten), Jody Baldwin (Gemma), Kerry Ann Christiansen (Bridget), Tracy Whitwell (Clare), Roy Hudd (Señor Sewell), Tim Healy (Señor McCarten), Kevin Whately (Señor Caird), Alan Shearer (el mesmo) • Versión orixinal con subtítulos en castelán. Estrea en España: 05-01-2001

Quincena dos Realizadores, Festival de Cannes 2000

Dous adolescentes sen recursos económicos tentan por todos os medios conseguir o diñeiro suficiente para comprar dous abonos e poder ver durante a temporada á súa equipa de fútbol, o Newcastle. Nova e exitosa película do director de Tocando el viento e Little Voice, presentada na Quincena dos Realizadores do Festival de Cannes.

 

Ampliar a imaxe Xoves, 15 de marzo de 2001 • 20,30 e 23 h.
Celebración do Saint Patrick’s Day
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
DESPERTANDO A NED

Waking Ned
(EE UU: Waking Ned Devine). Irlanda, 1998. Cor, 89 min. • Dirección e guión: Kirk Jones • Productores: Glynis Murray, Richard Holmes, Neil Peplow (First Look Pictures, Overseas Filmgroup) • Producción executiva: Alexandre Heylen, Stephen Margolis • Fotografía: Henry Braham • Música: Shaun Davey • Montaje: Alan Strachan • Intérpretes: Ian Bannen (Jackie O’Shea), David Kelly (Michael O’Sullivan), Fionnula Flanagan (Annie O’Shea), Susan Lynch (Maggie O’Toole), James Nesbitt (Pig Finn), Paul Vaughan (narrador), Adrian Robinson (inspector da lotería), Maura O'Malley (Sra. Kennedy), Robert Hickey (Maurice O’Toole), Paddy Ward (Brendy O’Toole), James Ryland (Dennis Fitzgerald), Fintan McKeown (Pat Mulligan), Eileen Dromey (Lizzy Quinn), Kitty Fitzgerald (Kitty), Dermot Kerrigan (Padre Patrick), Jimmy Keogh (Ned Devine), Brendan Dempsey (Jim Kelly, o home da lotería), Matthew Devitt (Tom Tooney), Rennie Campbell (Rennie), Eamonn Doyle (Dicey Riley), Raymond MacCormac (o asubiante), Larry Randall (Padre Mulligan) • Versión orixinal con subtítulos en castelán • Data de estrea en España: 30/01/99

• Mellor película no Festival da Comedia de Nova York 1998
• Premio do Público no Festival de Cinema de París 1999
• Premio da Crítica no Festival de Ft. Lauderdale (Florida) 1998
• Sección oficial do Festival de Cinema de Xixón 1999

fotografías da película: http://us.imdb.com/Gallery?0166396&source=ss
(alemán) http://online.prevezanos.com/skf/poster/poster.php3?id=650

Como cada sábado, Jackie O’Shea está sentado fronte ao aparello de televisión atento ao sorteo da lotería. Non houbo sorte, pero ao día seguinte descobre que a sorte recaeu en algún dos cincuenta veciños da aldea. Esa persoa é Ned Devine, que morreu subitamente ao coñecer a noticia. Ninguén da aldea quere que se perdan os 6,9 millóns de libras irlandesas que legalmente pertencen a Ned, e que el xa non poderá desfrutar... Unha comedia que colleitou moitísimo éxito nos EE UU, éxito que tamén se confirmou entre o público de varios cineclubes galegos.

 

CICLO «OS DEREITOS HUMANOS» (marzo e abril 2001) >>

en colaboración con Amnistía Internacional Ourense
Co patrocinio da Universidade de Vigo, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Caixanova e Banco Pastor, a Concellería de Cultura do Concello de Ourense e mais Amnistía Internacional Ourense

>> Xoves, 22 de marzo de 2001 • 20,30 e 23 h.

Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
LA VIDA Y NADA MÁS

La vie et rien d’autre
. Fracia, 1989. Cor, 135 min. • Dirección: Bertrand Tavernier • Guión: Jean Cosmos, Bertrand Tavernier • Producción: Frédéric Bourboulon, René Cleitman, Albert Prévost (AB Films, Centre national de la cinématographie – CNC, Films A2, Hachette Première, Investimage, Little Bear, Sofica Sofinergie) • Música: Oswald d’Andrea • Fotografía: Bruno de Keyzer • Montaxe: Armand Psenny • Intérpretes: Philippe Noiret (Maior Delaplane), Sabine Azéma (Irène de Courtil), Pascale Vignal (Alice), Maurice Barrier (Mercadot), François Perrot (Perrin), Jean-Pol Dubois (André), Daniel Russo (Tenente Trevise), Michel Duchaussoy (Xeneral Villerieux), Arlette Gilbert (Valentine), Louis Lyonnet (Valentin), Charlotte Maury-Sentier (Cora Mabel), François Caron (Julien), Thierry Giménez (Axudante do enxeñeiro), Frédérique Meininger (Madame Lebegue), Pierre Trabaud (Eugene Dilatoire), Jean-Roger Milo (Sr. Lebegue), Cathérine Verlor (monxa na praia), Jean-Christophe Lebert (o amnésico), Bruno Thérasse (Rougeaud), Philippe Lohan (o home sen perna), Marion Loran (Solange de Boisancourt), Charlotte Kady (monxa no hospital), Gabriel Cattand (Profesor Mortier), Christophe Odent (Polieau), Christian Magnan (Catreux), Jean Champion (Lagrange), Phillippe Deplanche (Lecordier), Michel Cassagne (Abel) • Versión orixinal con subtítulos en castelán.

• Premios Bafta: Mellor película de fala non inglesa, 1990
• Premios César: Mellor actor (Philippe Noiret), Mellor música, 1990
• Premios David de Donatello: Mellor actor estranxeiro (Philippe Noiret), 1990
• Premios Europeos do Cinema: Mellor actor (Philippe Noiret), Premio especial do xurado, 1989
• Premios As. Críticos de Los Angeles: Mellor película estranxeira, 1990
• Festival de cinema de Tokio: mellor contribución artística, 1989


Sitio oficial en francés (necesita Flash): www.hachettepremiere.com/lavie

Xaneiro de 1920. 350.000 soldados franceses están desaparecidos en combate. O Maior Dellaplane vai localizando incansablemente aos mortos e feridos coas descricións dos familiares. Guíano o honor e a ética; odia a idea do «soldado descoñecido». Dentro do seu sector, en busca do seu marido, aparece Madame Irène de Courtil, dama parisiense altiva e politicamente ben relacionada. O encontro entre ambos é brusco, pero os seus camiños acaban cruzándose. Despois de atopar unha conexión sorprendente entre o seu marido desaparecido e un mestre da localidade, Irène fai una oferta a Dellaplane.
La vie et rien d’autre é un drama antibelicista, irónico e romántico do afamado director de Hoy empieza todo e Capitán Conan.

 

Ampliar a imaxe

 

>> Xoves, 29 de marzo de 2001 • 20,30 e 23 h.
Salón de Actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública, rúa Concello 11)
LA ESPALDA DEL MUNDO

La espalda del mundo/Back of the world
. España, 2000. Cor, 89 min. • Dirección: Javier Corcuera • Producción: Elías Querejeta • Guión: Javier Corcuera, Elías Querejeta, Fernando León • Fotografía: Jordi Abusada • Montaxe: Iván Fernández, Nacho Ruiz-Capillas • Interveñen: Guinder Rodríguez, Leyla Zana, Thomas Miller, Tomás Rangel • Data de estrea en Madrid: 06/10/2000

Un neno que traballa para axudar a súa familia. Unha muller encarcerada por dicir o que pensa. Un home que vai ser executado. Tres olladas, tres voces, unha soa historia. A da vida no lombo do mundo.
La espalda del mundo é a primeira longametraxe de Javier Corcuera, director de documentais peruano que traballa en España. Esta é a estrea en Ourense da película.

O ciclo continúa en abril

Programación realizada coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e a Casa da Xuventude de Ourense

Voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1