Composición e estrutura do interior terrestre.

¿Cómo se estuda?

Os máis importantes son:

-Sondaxes e minas: as actuais tecnoloxías só permiten profundar uns 13 Km , e a Terra ten aprox. 6.371 Km.

-Estudo das rochas: hai fenómenos que sacan ao exterior rochas do interior da Terra como a erosión que fai que aparezan rochas máis profundas por encima das da superficie e tamén as erupcións volcánicas arrastra fragmentos do interior da Terra.

-Métodos sísmicos: son os máis eficaces , baseado no estudo das ondas sísmicas que se producen durante os terremotos ou en explosións controladas. As vibracións viaxan polo interior da terra e mediante un sismógrafo se estudan aportando así información das capas que atravesa.

Ondas.

Orixe do nome.

Velocidade.

Medios que atravesan.

     P

Primarias(chegan antes a superficie).

Maior.

Todos (máis rápido nos sól. ca nos líq.).

     S

Secundarias(rexístranse  despois).

Menor.

Só nos sólidos.

¿Qué son as descontinuidades sísmicas?

Bruscos cambios de velocidade das ondas sísmicas internas (P e S) , indican cambios da composición ou no estado físico dos materiais que atravesan.

Se distinguen 2 descontinuidades:

-Descontinuidade de Mohorovicic: coñecida como “moho” marca o límite entre a codia e o manto.Ese límite sitúase a 30 Km – 40 Km (continentes) e a menos de 10 Km (baixo os fondos oceánicos).

-Descontinuidade de Gutemberg: Atópase aos 2900 Km.

Alí , as ondas S se deixan de propagar e as P baixan rapidísimo de velocidade . Este límite dinos que hai unha capa fundida por debaixo del: o núcleo externo.

AS GRANDES DIVISIÓNS DA HISTORIA DA TERRA.

Os 4500 m.a que compoñen o tempo xeolóxico se dividiron en intervalos para comprendelo mellor: as unidades maiores eran eóns , divididos en eras e estes en períodos.

EÓN

ERA

 

Fanerozoico.

Cenozoico.

Mesozoico.

Paleozoico.

 

 

 

Proteozoico.

 

 

 

Arcaico.

Precámbrico

 

 

Hádico.

 

 

 

4500 m.a – Formación da Terra.

3800 m.a – Rochas máis antigas conservadas.

438 m.a – Primeira grande extinción.

251 m.a –Fórmase a Panxea , e ocorre a extinción máis grande da Terra.

65 m.a – Extinción polo impacto dun meteorito.

 

 

 

A VIDA NO PRECÁMBRICO.

No principio do Arcaico, os mares eran ricos en substancias orgánicas das que se nutrían;os procariotas.Cando estas escasearon , xorden os organismos autótrofos fotosintéticos: as cianobacterias.A súa actividade empobreceu a atmosfera en CO2 e enriqueceuna en O2 , aparecen organismos con respiración aerobia , que utilizábano O2 para producir enerxía . Xorden as células eucariotas (según Lynn Margulis por endosimbiose- unha bacteria fotosintética ou/e respiratoria introduciuse nun organismo procariota para establecer unha simbiose-)

Ao final do Proterozoicoxorden os primeiros organismos pluricelulares : Fauna ediacara.

 

A VIDA NO PALEOZOICO.

Trilobites:artrópodos mariños cubertos de un exoesqueleto de quitina . As crucianas son pistas fósiles do seu desprazamento polo fondo dos océanos.

Graptolites:diminutos organismos mariñosplantónicos agrupados en colonias con forma de variñas (Paleozoico inferior).

Fentos xigantes: formaron bosques e orixinaron enormes depósitos de carbón en América do Norde e Eurasia .

A VIDA NO MESOZOICO.

2 GRANDES EXTINCIÓNS :

Permotriásica e límite T-K(meteoriot de 10 Km na costa de México.Ao haber periodos de aridez os anfibios e fentos deron paso ao réptiles e os ximnospermas.

Amonoides: (cefalópodo)molusco cefalópodo nadador e cazador cunha cuncha externa en espiral dividida por dentro en cámaras.

Belemnoides:(cefalópodo)molusco cefalópodo nadador e cazador semellante á lura cunha cuncha interna maciza e alongada.

Réptiles: os máis abundantes no Mesozoico, tamén coñecida como era dos réptiles.colonizaron o medio terrestre(dinosauros), o medio acuático e o aéreo.

A VIDA NO CENOZOICO.

Aparecen as flores e as plantas  e as aves que descendían dos dinosauros dominan o medio aéreo.

Numulita:grupo de animais unicelulares  bentónicos  con cuncha esmagada e circular  como pequenas moedas.

Micromamíferos:os dentes dos pequenos roedores supoñen fósiles dos mamíferos máis abundantes e resultan útiles para os depósitos arqueolóxicos.

 

BIOMAS

Os biomas son grandes ecosistemas que ocupan unha gran zona xeográfica cunhas determinadas condicións ambientais.

-TERRESTRES: Dependen do clima e condiciona o tipo de vexetación.

BIOMA

CARACTERÍSTICAS

Tundra

Tas baixas durante todo o ano , Precipitacións escasas.

Taiga

Tas baixas case todo o ano, veráns curtos , precipitacións moderadas.

Bosque caducifolio

Tas medias , Precipitacións distribuídas durante todo o ano.

Bosque mediterráneo

Tas suaves no inverno e altas no verán , precipitacións escasas.

Deserto

Tas extremas , chuvias moi escasas .

Estepas e sabanas

Tas altas , estación seca longa e chuviosa curta.

Bosque tropical e ecuatorial

Altas Tas e humidade durante todo o ano.

 

 

BIOMAS MARIÑOS:

Gardan relación coa profundidade, depende a cantidade e o tipo de luz, o desenvolvemento dos produtores mariños está completamente condicionado pola luz que lles chega:

Hai 3 grupos de organismos mariños:

-Plancto:organismos moi pequenos que flotan: fitoplanto (fotosintéticos , productores, algas) ou zooplanto (consumidores,invertebrados)

 -Necto: organismos que se moven despacio polo auga (peixes, mamíferos acuáticos).

-Bentos: organismos que viven no fondo(algas, exponxas , …).

SEGUNDO A PROFUNDIDADE

Zona peláxica: a máis superficial.

Zona batial : a máis profunda.

Zona abisal: fondos oceánicos.

 

A INVASIÓN DOS ECOSISTEMAS

Cando aparecen especies que non pertenecen a un ecosistema no que están provocan cambios. Estas especies alteran os nichos ecolóxicos e as redes trófcas destes ecosistemas, e debido a esto algunhas especies desaparecen ou se extinguen.

2 CAUSAS

Introdución de especies polo ser humano:

-Repoboacións incorrectas: introdución de especies de fóra que compiten coas autóctonas, poden desaparecer.

-Introducións indesexables:a introcución de esas novas especies sen depredadores nese ecosistema fai que se reproduzan moi rápido e descontroladamente.

-Tráfico de especies exóticas: sacar especies exóticas do seu ecosistemas favorece que se extingan alí, e pode ocasionar alteracións nos ecosistemas nos que se introduce.

Das pragas:

Unha praga ecolóxica:invasión dun territorio por un gran número de individuos de dunha especie allea ao ecosistema. Está constituída por unha especie que se reproduce rapidamente e altera o equilibrio dun ecosistema.Causas das pragas:alteracións no ecosistema e actividades humanas.

O uso de praguicidas presenta graves inconvintes:

-Cando se integra en cadeas tróficas é máis difícil eliminar este.

-Poden eliminar os depredadores ou os parasitos que controlan o aumento excesivo da poboación.

-Poden danar a especies que non son da praga.

-Se fan resistentes ao usalos moito tempo.

¿Qué é a bioacumulación?

É o proceso de acumulación de substancias químicas en organismos vivos  de forma que estes alcanzan concentracións mais elevadas que las concentracións no medio ambiente  o en alimentos, polo tanto acumulanse mais nos produtores que nos consumidores primarios secundarios ou terciarios e vai aumentando a acumulación desta sustancia química a medida que pasa por mais niveis tróficos.

 

LOITA BIOLÓXICA

Sistema moito máis eficaz para actuar contra as pragas, se empregan produtos químicos e utilízanse procesos naturais para non alterar os ecosistemas:

-Incorpóranse individuos estériles á poboación praga.diminúe os descentes.

-Emprego de feromonas, feromonas son hormonas que atraen á praga a un lugar onde se poden eliminar facilmente .

-Incrementas os depredadores naturais.

-Utilización de microorganismos patóxenospara a especie praga.

A ACCIÓN  HUMANA SOBRE OS ECOSISTEMAS.

O ser humano altera os ecosistemas nos que intervén.

Os seres humanos somos os únicos que somos capaces de adaptarnos a calquera ecosistema terrestre polo tanto somos unha especie invasora.

-Contaminación:substancias producidas durante as actividades naturais  que provoca alteracións en ecosistemas naturais.

-Sobreexplotación: a poboación humana require cada vez máis recursos para elo sobreexplota os ecosistemas.

-Urbanización incontrolada: a ocupación pola nosa parte doutros medios físicos supón a expulsión de outras especies.

-Xeración de residuos: son agresións ao medios por que non poden ser reutilizados  ou reciclados no ciclo da materia , e son tal cantidade que os ecosistemas non os poden asimilar.