EXCARCERACIÓN URXENTE PRA XOSÉ TARRÍO

O motivo da nosa presencia eiquí é a necesidade de exixir a excarcelación do noso   companheiro Xosé Tarrío González, actualmente en preventivo no Centro Penitenciario de Teixeiro. Xosé padece unha parálise cerebral que lle afecta a gran parte do lado  esquerdo do seu corpo. A parálise comezou no brazo esquerdo, o cal o ten casi inmovilizado, pra posteriormente extenderselle á perna esquerda e á cara. A ista grave enfermidade hai que engadir que é portador do virus V.I.H. dende o ano 1987 e neste último ano subelle de forma alarmante a carga viral.

Actualmente Xosé encóntra-se cumprindo unha condea de 10 anos e medio acusado de 3 atracos. No xuizo celebrado o pasado 12 de abril foron patentes numerosas irregularidades producidas durante a investigación policial. Sirva de exemplo que 2 dos policías que foron chamados a declarar pola xueza negáronse a comparecer e unha testigo afirmou no xuizo que os policías encargados de la investigación foron a súa tenda e lle ensinaron uhna única foto, a de Xosé. É dizer, o reconhecemento non se produxo na comisaría e tampouco lle ensinaron o tradicional álbume de fotos. Por certo, o atracador en cuestión tinha veintipoucos anos (según a testigo) así que non sabemos como o pudo confundir con Xosé cando iste ten 36 anos r aparenta máis debido a sús fráxil saude. Tamén afirmar que sabemos que Xosé non cometeu ó menos 2 dos 3 atracos dos que lle acusa -no que parece unha persecución ó companheiro- xa que tenemos constancia de onde se atopaba no día e na hora en que istos produxéron-se. A xueza ignorou sistemáticamente as probas que presentou o avogado que levou o caso e as indignantes irregularidades en que incurriron os policías encargados da investigación, polo que tivemos que recurrir o sentencia  á Audiencia Provincial a cal todavía non pronunciouse, polo que Xosé está cumplindo a condea como preso preventivo, sen sentencia firme contra el.

Por desgracia, a gravidade da situación impidenos esperar a que a Audiencia se pronuncie e exixe a inmediata posta en liberdade de Xosé pra o maior seguimento das súas graves enfermidades e poder frenar a súa desfavorables evolución.

Comités de Apoio a Xosé Tarrío

www.tarrio.tk
Apdo. Correos 1047 15080 Coruña
Cuenta de apoyo: La Caixa 2100 - 2725 - 20 - 0100182086, a nombre de B. Cebrián

Hosted by www.Geocities.ws

1