|
EXCURSIÓN A RIBADAVIA E CASTRELO DO
MIÑO
8:30 Saída de Monforte
10:00 Chegada a Ribadavia dirixirse a Praza Maior Información e turismo tl: 988 47 12 75
10:00-10:30
Un grupo dirixirase cun guía o Castelo
Construido nasegunda metade do século XV. Dícese que este
castelo foi cedido xuntamente co señorío por Enrique II, a D. Pedro Ruiz
Sarmiento (linaxe noble galego) conde que foi despois de Rivadavia.
Conserva unha importante necropolise de pedra do século IX-XII, aparte de
enterramentos antropoides escavados en roca viva do século IX, e un
sepulcro do século XII. Faltan as almenas, a famosa torre de homenaxe e
calquer outro signo de protección.
A porta principal consta dun arco semicircular e porta corredeira na que
estan os escudos dos Sarmiento e Fajardo. Foi abandoado no século XVII
cando os condes de Ribadavia fixan a sua residencia no pazo que logo levará
o seu nome (Pazo dos condes) sito na praza maior, aínda que
estaba comunicado co castelo por
|
medio de unha porta.
Dende a súa zoa maís alta ten unha importante vista, onde se pode
contemplar o río Avia e o Miño, agás de unha gran parte da vila
ribadaviense. A maioría dos capiteis das columnas que decoraban o
interior están destruídos. A muralla conserva 3 das súas 5
portas, a Porta da Cerca (porta de entrada ao castelo) a Porta Nova
(camiño ao río),e a Porta Falsa (con camiño ao muíño).
Data aproximadamente según algúns
estudos do ano 1202, aínda
que outros historiadores comparten a idea do século XII.
|
|
|

|

|
|
|
Na actualidade debido o seu estado ruinoso estanse acometendo
obras de restauración na súa totalidade. No interor construíuse
un auditorium, onde se celebra a famosa Mosta Internacional de
Teatro, no mes de Xullo.
|
O
outro grupo dirixirase a exposición sobre a xudería que
ten a oficina de información e turismo.
10:30-
11:00 Os grupos intercambianse.
11:00
Saída hacia o museo etnolóxico rúa Santiago 10 tf: 988 47 18 43
11:30-12:00
Un grupo visitará o museo etnolóxico cun guía
|
|
|
Denominado tamén Casa da Fundación, este museo tivo
distintos usos, ata foi colexio no que impartían clases os
irmáns Maristas (ata o ano 1936). Posúe unha importante
biblioteca formada por fondos propios e varios legados,
entre eles, os de un coñecido persoaxe moi querido en
Ribadavia, “Jesús Sánchez Orriols” chamado
agarimosamente “chucho”.
Outras doazóns son por parte da agupación cultural Abrente
(fondo bibliogafico, documental, Fondo museográfico,
serigrafías e pinturas, 1 escultura e 12 pezas de cerámica).
Familia Merúendano (Fondo bibliográfico, Fondo documental-
de actividade intelectual e profesional). D. Xesús Sánchez
Orriols (fondo bibliográfico, Fondo documental, Fondo
museográfico, Fondo audiovisual). D.M. Rubén García Alvárez
(fondo biliográfico, Fondo audiovisual).
A biblioteca do Museo Etnolóxico de Ribadavia, posee ademáis
dos libros, monografías, números
soltos de
|

|

|
|

|

|
|

|

|
publicacións periódicas, xa que o museo está suscrito a
revistas de contido antropolóxico, histórico e museolóxico.
Entre as exposicións de maior relive destacamos as de “O
traxe e os costumes. Unha aproximación dende a
miniatura”, “Os traballos artesanais no Castro de
Viladonga” producida polo museo monográfico de Viladonga.
Colabora co Outono fotográfico montando dúas exposicións
tituladas “Marea” do fotógrafo Sergio Belinchón e
“Tripeiros” da autoría de Ricardo Martínez. Así mesmo,
existen convenios de colaboura,
entre o
|
|

|

|
|
Museo
Etnolóxico de
Ribadavia, e a
Coordinadora da Festa da Istoria, organizando mostras fotográficas
sobre esta singular manifestación festiva, baixo o título
“Festa da Historia. A imaxe e os seus autores”.
Novamente o museo colaborou coa A.A.M.E. e C.H.R. (Asociación
de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de
Ribadavia), na organización e celebración do IX ciclo
coral denominado “tempo de nadal”.
|
|
|
|
11:30-
12:00 O outro grupo visitará os redores do museo co seu titor ou adulto
que os acompañe podedes visitar a Igrexa da Madalena que está o lado do
museo e dar un paseo polos arredores e asomarse o río Ávia.
|
Igrexa de Santa María Madalena
|
|
Aínda que esta igrexa data do século XII, a sua orixe podería
ser anterior. Antigamente era coñecida co título e advocación de
San Xés e a sua ubicación primitiva estaba no interior do castelo,
onde aínda quedan restos do camposanto.
No século XIV, por mor da ampliación da fortaleza, Pedro Ruíz
Sarmiento decidiu trasladala ó seu emprazamento actual.
Durante boa parte do medievo esta igrexa dependeu do mosteiro de
Celanova e probablemente esta parroquia xogou un importante papel na
cristianización dos xudíos. A partires de 1486 coménzase a nomear
ó templo co nome de Sta. María Madalena.
Aínda que actualmente esta igrexa reservase para actividades lúdico-recreativas,
podemos ver nela un templo dunha soa nave e fachada barroca, na que
destaca o campanario.
|

|

|
|

|

|
|

|

|
No seu interior sobresae a bóveda de arista que cubría o
altar.
A edificación actual foi renovada no século XVIII e retocada polo
seu exterior, con un lavado de fachada e con unhas novas instalacións
de saneamento e electricidade no seu interior.
|
|
Entre as actividades lúdico-recreativas que se levan a cabo
destaca, a Cea Medieval na festa da istoria, así como exposicións
de pintura e fotografía, ademáis de ser utilizada como cine
infantil e festa de fin de ano entre outras.
|
12:00-12:30
Intercambiaránse os grupos
12:30-
13:30 Podedes dar un paseo polas rúas do barrio xudeo de Ribadavia
descubrindo o seu encanto
|
|
|
Os xudeos (ou xudíos como lle chaman por aquí) establecerónse
na nosa vila no século XI. En Ribadavia, a poboación xudía
aumentou e desenrolouse durante os séculos XII e XIII, ó
chegar ó século XIV aparece unha poboación xudea de 1.500
habitantes, a mitade do total dos da vila, según o
cronistra Froissar; e tan commpenetrados estaban cos cristiáns,
que vivían uns e outros en fraternal consorcio, fora do
relixioso.
Así é que, en Xaneiro do año 1386 ó poñer sitio a vila
de Ribadavia o exército inglés ó mando de Sir Thomas
Percy, en defensa dos dereitos ó trono do Duque de
Alencaster, pola súa dona Dña. Constanza, filla do Rey D.
Pedro o cruel, os xudeos facendo causa común cos demáis
habitantes, tomaron parte en defensa da vila de Ribadavia,
encargándose de defende-la muralla da Madalena e Porta
Nova, que circundaban o seu barrio, nesta contenda perderon
grandes cantidades de ouro,
|

|

|
|

|

|
|

|

|
prata e alhaxas, ademáis de quedar arrasado completamente o
barrio que extramuros habitaban na corredoira. Os xudíos de
Ribadavia continuaron aumentando en número e importancia
durante os séculos XIV e XV, chegando a identificarse co
resto da poboación a pesar da relixion formaron un só pobo
de afectos e sentimentos.
No seu barrio os xudeos tiñan a súa “aljama” ou
sinagoga (lugar de culto). Por todo o descrito con
anterioridade, pòdese supoñer a gran cosnternación que
debeu sufrir-la vila de Ribadavia, ó producirse o 30 de
Marzo de
|
|

|

|
|
1492 o decreto de expulsión expedido polos Reis Católicos,
no que se lles concedía un prazo de 4 meses, para sáir de
España non permitíndoselles sacar do Reino, ouro, prata ou
moneda, sinón tan só mobles e mercaderías. A Maioría,
como sucedeu no resto de Galicia abrazou de boa ou mala fe,
a relixión cristian, quedándose no pais. Contra estos
corversos adoptou despoís medidas de rigor e formóu varios
procesos a Inquisición de Santiago, que lles perseguiu, ata
arruinalos. Según un dito, varios xudeos de Ribadavia,
convertidos na apariencia ó cristianismo, xuntábanse
todolos sábados con outros e ocupabanse de maltratar
azotando unha imaxe de Xesucristo crucificado, e que
chegando a conocemento do Tribunal da Inquisición de
Santiago, instruiu proceso contra os profanadores, sendo
dita posesión confiscada e adquirida polo cabildo de
Santiago.
|

|

|
|
|
|
|
|
|
Ademáis
podedes mercar algunha lambetada na Tafona da Hermida
|
|
|
|
Esta tenda de venta de productos artesans, adícase a
especialidade do “doce Hebreo”. Entre eles destacamos un
sinfín de doces, que deixaran coa boca aberta a máis de ún.
|

|

|
|
Bocadiños de Améndoas. Elaborado con améndoas e canela.
Bocadiños de dátiles: Ingredientes básecos, dátiles,
noces e azucre integral moreno.
|
|

|
Mamul: Ingredientes básicos: froitos secos, pétalos de
mapoulas e auga de azar.
Kijelej de mon: Elaborado con sementes de mapoulas.
Non dubide en preguntar a “Herminia” a súa dona, como
é o proceso de laboura de estos doces tan artesáns. No
interior da tenda, que é o mesmo tempo forno de leña onde
fabrica laboura e coce todos estos ingredientes, existe un
sinfín de fotografías, porster, cestas e utensilios típicos
da zoa.
É un lugar moi típico para plasmar en fotografía unha
parte de Ribadavia, e de paso endulzar un pouca a vida,
durante o paseo polas rúas do barrio xudío,
Atópase situada na porta nova de arriba.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
13:30
Saída hacia Castrelo do Miño
14:00
Comida en Castrelo
En
Castrelo comeremos o noso bocata ou a comida que queiramos levar, alí non
ahí donde comer aunque si que tedes
un bar onde mercar bebida e chuches e por suposto para os profes café,
seguramente xa vos acompañará na comida un monitor do clube chamado
Hector. Despois de comer e descansar un ratiño empezaredes coas
actividades deportivas que consistiran nunca clase teórica, paseo en
veleiro e unha práctica en kayak.
Sinto
a piscina ainda está pechada, aunque podedes ir durante o verán cando
queirades é gratuita.
|
|
|
Club Náutico de Castrelo do Miño
|
|
Situado en Castrelo do Miño, esta escola de vela está a 20
minutos de Ourense e a 5 de Ribadavia, na Avda. de Alejandro
Ferrer, s/n. Este Club Náutico, está enclavado en augas
tranquilas e os seus ventos son suaves o longo do día, o
que axuda á práctica dos distintos deportes náuticos. A
partires de 7 anos e con coñecementos de natación, poderás
apuntarte ós distintos cursiños de iniciación e
perfeccionamento de vela lixeira, windsufr e kayak,
organizados conxuntamente por este Club Náutico e a
Federación Galega de Vela.
|

|

|
|

|

|
|

|

|
Con relación ás actividades de piragüismo turístico
utilizánse Kayaks insumerxibles. Todalas actividades náuticas
serán supervisadas por monitores/as
|
|
|
|
19.00: Saída hacia Monforte |