A Ulla literaria

Inicio        Autores e autoras        As obras        Bibliotecas virtuais        Contactar

 

Alberto Insúa

Naceu na Habana en 1883, fillo do escritor e xornalista estradense Waldo Álvarez Insua, e morreu en Madrid en 1963. Para asina-las súas obras recuperou o segundo apelido de seu pai aínda que lle cambiou a acentuación: Insúa no canto de Insua. Traballou de xornalista para diversos periódicos, entre eles o 'ABC' ou 'El Imparcial'. Na súa produción literaria destaca especialmente a obra 'El negro que tenía el alma blanca' (1922), tal vez a súa obra máis famosa, traducida a varios idiomas, e da que se fixeron tres versións cinematográficas: unha de 1927 realizada por Raimundo de Sarka, con Conchita Piquer; a segunda interpretada por Marino Barreto e Antonita Colomé en 1934 e a terceira, de 1951, interpretada por Hugo del Carril.

Obra


Unha listaxe das súas obras, que se contan por decenas, pode atoparse nas páxinas XL a XLVIII da introdución ás súas 'Memorias' Pódese descargar da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
 


Bibliografía sobre o autor


Unha listaxe dos traballos que abordan a súa obra literaria, pode atoparse na páxina XLIX da introdución ás súas 'Memorias' Pódese descargar da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
 
 
 
Wikipedia Alberto Insúa
 


Obra en bibliotecas virtuais


Na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

 

© Terrasgalegas.com 2006. Tódolos dereitos reservados

Hosted by www.Geocities.ws

1